quinta-feira, 28 de abril de 2011

segunda-feira, 25 de abril de 2011

Reencontro. De Fred Uhlman





Autor UHLMAN, FRED
Editor EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Isbn 9788482882221
Clasificación Literatura infantil 9-12
Prezo 9,40€
.

A amizade entre dous mozos de dezaseis anos separados pola barbarie nazi. Hans é xudeu e Konradin é un aristócrata descendente dunha das familias máis vellas de Alemaña. As súas afinidades e o seu xeito de ver as cousas convérteos en amigos íntimos. Pero cando Hitler chega ao poder, Konradin entre no exército nazi e Hans ten que marchar de Alemaña. Esta novela, publicada por ver primeira en 1971, converteuse rapidamente, sen ningún tipo de promoción, nun libro traducido e lido en todo o mundo. Na base deste recoñecemento están a súa fondura, a súa emotiva sinxeleza e a súa capacidade evocativa, cualidades que fan desta novela en miniatura unha pequena obra mestra.

Por Maribel Ferreiro

quarta-feira, 13 de abril de 2011

La república islámica de España. De Pilar Rahola


La república islámica de España.


Edita: Rba

Data de publicación:14/04/2011

ISBN 9788498679861

Páxinas: 280

Idioma: versións en catalán e en español

Prezo: 20 euros

.

Este libro non expón ningún choque de civilizacións, senón un coche entre a civilización e a barbarie. E se na barbarie se inclúe a todos aqueles que usan a relixión e a un Deus para xustificar odios, escravitude, fanatismo e terrorismo, na civilización inclúese a todos aqueles que loitan pola liberdade. Non é, xa que logo, un libro contra o islam. É un libro a favor de todos os musulmáns, homes e mulleres, que loitan polos seus dereitos e para que a súa identidade cultural non sexa utilizada para destruír valores fundamentais. É así mesmo un libro contra todos aqueles musulmáns que, no nome desa identidade, están a destruír o islam mentres tentan destruírnos a todos. Nin Huntington, nin Fallaci, moi ao contrario, porque non loitan os deuses. Son os que usan a Deus en contra dos seres humanos. Trátase, por conseguinte, dunha defensa convencida da modernidade, da civilización e da liberdade. E hoxe quen máis brutalmente ameaza estes grandes conceptos é o islamofascismo, a ideoloxía totalitaria que, en nome de Aláh, ameázanos. Tamén hoxe quen máis heroicamente loita a favor destes grandes conceptos son os musulmáns valentes, e moi especialmente as mulleres que alzan a voz contra esta ideoloxía totalitaria. Este libro non nace do medo, pero é un libro nado do convencemento de que, hoxe en día, temos medo de falar claro.