domingo, 22 de maio de 2011

Una judia americana perdida en Israel. De Sarah Glidden


UNA JUDÍA AMERICANA PERDIDA EN ISRAEL

Autor: Sarah Glidden

Colección: NÓMADAS

Nº Colección: 39

Series: UNA JUDÍA AMERICANA PERDIDA EN ISRAEL

Editorial: NORMA Editorial

Formato: Cartoné

Tamaño: 17 x 24

Páginas: 208

Color: Color

ISBN: 978-84-679-0478-9

SARAH GLIDDEN APORTA AS CLAVES PARA ENTENDER A ACTUAL SITUACIÓN EN ISRAEL A TRAVÉS DAS SÚAS VIVENCIAS PERSOAIS
En marzo de 2007, a artista estadounidense Sarah Glidden decidiu aproveitar o programa “dereito de nacemento” que ofrece a todos os xudeus do mundo unha visita paga a Israel. Unha viaxe que poría a proba as súas ideas preconcebidas sobre o conflito israelo-palestino, e que proporcionaríalle a enerxía emocional e creativa necesaria para elaborar esta grande obra. Sarah Glidden consigue non só reconstruir a súa primeira viaxe a Israel e as raíces da súa herencia xudía, senon que tamén logra expresar as súas díbidas ao analisar o conflito israelo-palestino.
SARAH GLIDDEN GAÑADORA DO PREMIO IGNATZ AO MELLOR NOVO TALENTO

terça-feira, 3 de maio de 2011

A Cova das Vacas Mortas. De Santiago Jaureguizar



De Santiago Jaureguizar

13,5 x 21,5 cm.

144 Páxinas
Rústica cosido a fío

I.S.B.N.: 978-84-9782-480-4
Código: 136509510

11,00 euros
Outubro 2006

Edicións Xerais

Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, 2006

.

Xoel é un mozo de Negueira de Muñiz que vive coa súa nai, de orixe alemá, nunha comuna na aldea de Foxo, preto do encoro de Salime. Farto da vida que leva soña con poder marchar de alí e embarcar nun petroleiro. A vida de Xoel muda o día en que o seu avó, viúvo e enfermo de alzheimer, chega dende Berlín para reatoparse coa filla. Entre a equipaxe, trae unha maleta chea de fitas de cine e mais unha cámara super 8. O vello cóntalle que foi colaborador da polémica e xenial directora de cine alemá Leni Riefenstahl, acusada de colaborar co réxime nazi. Neses días Xoel coñece tamén a Iria, filla dun dos antigos propietarios das casas de Foxo, os cales comezaron a reclamar as súas vivendas ocupadas cando se construíu unha pista que fixo accesible o lugar. Entre eles nacerá unha historia de amor enfrontado. Iria, defende o dereito dos antigos propietarios de Foxo a recuperaren as súas propiedades e ademais representa a crítica ao nazismo e a calquera tipo de colaboración con ese réxime, mesmo a que mantiña o avó de Xoel ao axudar na filmación de escenas nazis.