sábado, 31 de março de 2007

EL COMPRADOR DE ANIVERSARIOS. De Adolfo García Ortega


A Shoá vista por un escritor español. Ven de aparecer a tradución ao hebreo dunha obra dun escritor español, que é un arrepiante relato do Holocausto
"O comprador de aniversarios". de Adolfo García Ortega, xornalista, escritor e tradutor que ten unha particularidade ben propia: a pesar de nacer como cristián, no seo dunha familia que non ten ningunha relación co xudaísmo, sentiuse identificado co xudeismo desde moi novo. Mais esta vinculación non é relixiosa senón moral e cultural. Confesa, ademais, ser un namorado de Israel e da lingua hebrea, que estaría tratando de aprender. E di que algún día quixera vivir en Israel. Nado en Valladolid (1958), estivo vinculado ao mundo do libro e da literatura desde 1980. Foi crítico literario de “El País”, “La Vanguardia” e “Diario 16”, así como de numerosas revistas literarias. Traduciu numerosas obras de escritores estranxeiros, e desempeñouse como asesor da dirección Xeral do Libro e Bibliotecas do Ministerio de Cultura e Director de Comunicación da Biblioteca Nacional de 1992 a 1995). Desde 1995 é editor. Reside en Madrid pero compaxina a súa residencia con Barcelona, onde é Director Editorial da coñecida empresa Seix Barral, unha das principais do mundo hispanofalante. As súas obras gozan dunha alta reputación e prestixio. A citada novela que ven de aparecer en hebreo baséase na vida dun suposto neno xudeu chamado Hurbinek, que morre en Auschwitz á idade de tres anos. Mencionado en “A Tregua” do coñecido escritor xudeu Primo Levi como alguén de quen non se sabe nada en absoluto, en “O comprador de aniversarios” fai unha recreación dos anos anteriores e posteriores ao seu nacemento, na que se relata cal tería sido a súa vida de ter sobrevivido. As críticas afirman que “o libro se converte nunha sobrecolledora fábula de todo o que rodeou a funesta historia do Holocausto e deixa sen folgo ao lector”. Ate tal punto son pavorosas as descricións dos sufrimentos que padecen os nenos, que os seus asesores literarios pedíronlle que as atenuase un tanto. Pero o escritor negouse categoricamente: “A crueldade foi dos nazis, non é miña. Ir ao derredor do tema levaría o relato a un plano de compaixón, e desexaba que causase choro e angustia. Tal como foi na realidade”. O argumento relata a un intelectual español, como o propio autor, que querendo escribir un libro sobre Hurbinek, agora un imaxinario avó de 59 anos viaxa a Auschwitz para ver de perto ese funesto lugar, pero no camiño sofre un grave accidente e ten que ser internado nun hospital de Francfort. E cando é atendido polos médicos, que lle lembran dalgún modo ao nefasto Dr. Mengele, traza unha comparación entre a Alemaña actual e a da época nazi.
O escritor é frecuentemente criticado polos medios árabes pola súa postura fronte ao conflito do Medio Oriente. Nun dos seus escritos sinala que “Israel foi atacado e chantaxeado. Por desgraza non é novo: leva anos obrigado a defenderse… a xustificar a súa existencia lexítima e lexitimada. Leva anos hostigado, e xa que logo obrigado a executar políticas duras, a veces durísimas, porque o contrario, o diálogo e o trato igualitario cos palestinos, os seus representantes e o mundo árabe en xeral, incluído Irán… demostrouse inviable. É absolutamente certo que unha política non-defensiva por parte israelí equivalería á súa desaparición como Estado. Mais en todo caso, só Israel foi quen de facer concesións e de dar pasos unilaterais cara a solución, como a saída de Gaza, por exemplo. Na curta historia de Israel eses pasos de diálogo cos palestinos só serviron para o engano, o vitimismo, o incremento do acoso e a hipocrisía política por parte árabe.
Os palestinos e os árabes en xeral, a partir da independencia de Israel, tomaron a substitución, e non só metafórico, do aparentemente periclitado nazismo alemán e centroeuropeo. Esta herdanza é a base de todo o conflito actual”. Vista a actitude tan hostil cara Israel de tantos intelectuais españois, sempre resulta pracenteiro ler semellantes conceptos tan esquecidos por aqueles cando tratan de xulgar a Israel.

segunda-feira, 26 de março de 2007

NA MEMORIA DE ANA FRANK.

SHOAH. De Claude Lanzmann (Parte 1ª).

¿CUAL ES EL FUTURO DE ISRAEL? De Shlomo Ben Ami

Como saír da guerra palestino-israelí? Que é necesario facer para que un recoñecemento e unha aceptación recíprocos abran de novo unha vía cara á paz? Shlomo Ben-Ami, ex ministro de Asuntos Exteriores de Israel e un dos principais actores das negociacións cos palestinos, achega neste documento excepcional unha reflexión indispensable para comprender as razóns do fracaso do proceso de paz, á vez que aclara de xeito novidosa o lugar en que se topan as relacións entre israelís e palestinos e expón as razóns polas que o conflito achase en via morta. Estamos ante unha obra de lectura urxente na que Shlomo Ben -Ami define claramente os principios dunha solución, que non pode ser máis que política, e propón unha apaixonante análise sobre a situación interna de Israel e a necesaria refundación política dun Estado que debe ser ao mesmo tempo un Estado xudeu e un Estado de cidadáns. Cal é o futuro de Israel? ten por obxecto proporcionar as claves para entender o presente momento do conflito palestino-israelí na súa dramática actualidade e mostar que aínda existe un raio de esperanza para redescubrir o camiño da paz.
Edita: Ediciones B

sexta-feira, 23 de março de 2007

CANCIONCILLAS DEL JARDÍN DEL EDÉN.


Cancioncillas del jardín del Edén
Un libro, un CD (28 canciones infantiles judías)

Por vez primeira reunidos nun libro e un CD 28 cancións infantís, cantigas de berce e cancións tradicionais de todas as comunidades xudías (asquenazíes, sefardíes, iemenís...) Trátase dun repertorio musical que posúe unha inmensa riqueza e que foi recompilado por Nathalie Soussana e ilustrado con gran talento por Beatrice Alemagna. As letras (en hebreo, xudeo-español, yiddish e árabe) aparecen reproducidas na súa lingua e alfabeto de orixe, pero ademais foron transcritas en carácteres latinos e traducidas ao español. O prólogo é de Philippe Grimbet e inclúese un anexo con comentarios que achegan unha interesante información a propósito de cada unha das cancións e que nos explica a orixe, o contexto cultural e a instrumentación de cada tema. O CD, grazas aos arranxos de Jean-Cristophe Hoarau e Paul Mindy, presenta unha gran variedade de estilos musicais (árabe-andaluz, -flamenco, zíngaro, klezmer, iemení...) concedendo gran importancia á autenticidade das voces dos intérpretes. Entre os cantantes figuran Awena Burgess, Raphaële Lannadere, Norig Recher e Jasser Haj Youssef, Khadija El Afrit, Mohamed Nabil Saied e o grupo klezmer Yankele.

quinta-feira, 22 de março de 2007