domingo, 15 de maio de 2016
"Maus" en galego
sábado, 2 de março de 2013
“Judíos, Conversos e Inquisición en Tui" (2013) de Xesús Vila
sexta-feira, 1 de março de 2013
Götz e Meyer, de David Albahari
Por Mónica Molanes Rial el Lun
http://www.xeadodetoxo.com/cultura/g%C3%B6tz-e-meyer-de-david-albahari
sexta-feira, 23 de dezembro de 2011
Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan. De Wolfgang Koeppen

.
http://www.rinoceronte.es/catalogo/contemporanea/cont032.htm
segunda-feira, 5 de setembro de 2011
Saudades de Kissinger. De Etgar Keret
182 páxinas
ISBN 978-84-92866-21-2
16 €
Edita: Rinoceronte editora
Etgar Keret ( Tel Aviv, 1967) é un dos escritores máis populares entre a mocidade de Israel. Combina a escritura co seu traballo de profesor no departamento de Cine da Universidade de Tel Aviv e a dirección cinematográfica. A súa obra literaria traduciuse a dezaseis linguas e filmáronse máis de corenta curtametraxes baseadas nas súas historias. É descrito como a voz hippy e posmoderna da sociedade israelí contemporánea, un pobo no que xentes da mesma idade poden ser soldados, relixiosos ultraortodoxos, árabes-israelís ou inmigrantes que acaban de chegar. Os seus escritos son unha porta aberta ao diálogo con todos eses grupos tan diferentes, e quizais esa sexa a base dun éxito que logrou impoñerse a autores consagrados mundialmente como Amos Oz ou A. B. Yeoshua. Porén, Etgar Keret foi acusado de contribuír a que os mozos israelís empreguen unha linguaxe pobre e chea de referencias á violencia e ao sexo, ademais de ser cualificado de antisemita no Parlamento do seu país.
O anxo sempre levaba posta unha gabardina para que non se lle visen as ás. No cemiterio, os rapaces tirábanlles pelotas de tenis ás lápidas: se lle daban á tumba dun oficial era punto para eles, se lle daban á dun recruta, o punto era para o cemiterio. Un mago repasa a súa listaxe de trucos antes de saír a escena. Logo, no autobús, coincide con alguén que viaxa cun coitelo tan grande que ocupa dous asentos.
Un mesmo ruído de fondo entrelaza este conxunto de relatos de Etgar Keret. Está formado polo estalo de multitude de pesadelos que se confunden coa realidade. Os soños protectores atenúan tanto barullo, mais as vidas dos protagonistas só conseguen evadirse das hostilidades do día a día durante o breve escintileo que se produce no intre do espertar.
terça-feira, 3 de maio de 2011
A Cova das Vacas Mortas. De Santiago Jaureguizar

Rústica cosido a fío
Código: 136509510
Outubro 2006
quinta-feira, 28 de abril de 2011
segunda-feira, 25 de abril de 2011
Reencontro. De Fred Uhlman


Editor EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Isbn 9788482882221
Clasificación Literatura infantil 9-12
Prezo 9,40€
domingo, 20 de março de 2011
Deus xogando aos dados. Presentación en Ourense

(Premio Vicente Risco de Creación 2010)
De Fernando Méndez
Edicións Sotelo Blanco (2011)
.
Presentación en Ourense
.
O vindeiro mércores, día 23 de marzo, ás 20.15 horas, coa presenza do autor terá lugar a presentación no Auditorio Municipal de Ourense.
.
Máis información sobre o libro:
domingo, 6 de março de 2011
quarta-feira, 16 de junho de 2010
Israel; a primeira trincheira. De Josep Carles Laínez

Autor: Josep Carles Laínez
Edita: Asociación Galega de Amizade con Israel (2010)
ISBN: 978-84-613-6533-3
Por Pedro Gómez-Valadés*
Na retagarda non sempre se ten plena consciencia do que sucede nas trincheiras. E malia a cercanía - virtual - que os medios de comunicación ofrecen neste terceiro milenio, na comodidade dos nosos salóns e dos nosos cafés o cidadán medio galego e europeo - e grazas en grande medida a distorsión da realidade que eses mesmos medios lle ofrecen -, este cidadán de a pé non pode ver nin sentir a realidade do que nas rúas e campos de Israel nos estamos a xogar. A xogar nós. Por suposto que Israel xoga e loita pola súa supervivencia mais tamén nós, xogámonos e moito nas bíblicas terras do Leite e do Mel. Permítaseme este símil tan guerreiro para ilustrar cal é a miña visión do que representa, do que se xoga Israel e con el as nosas democracias occidentais nas terras do confín leste do noso mar, do Mare Nostrum. Porque a distancia xeográfica, unida á desinformación enfermiza e planificada dos nosos mass media con respecto a Israel e o seu conflito polo dereito a vivir e a vivir en paz, sen dúbida todo o atenúa, e Europa, sobre todo a nosa benquerida e acomodada Europa, non entende na súa enteira dimensión o que o conflito de Medio Oriente representa no fronte aberta pola yihad internacional contra Occidente e contra todo o que Occidente representa. Confeso a miña incomprensión e perplexidade cos meus concidadáns europeos que non queren ver - e non hai peor cego que o que escolle de propia vontade non querer ver - o que Israel representa como dique de contención e como primeira trincheira, e o que suporía para a nosa cultura, a nosa civilización a súa caída. Mais a pesar dos inmensos perigos aos que estamos sometidos, as gravísimas ameazas ás que debemos facer fronte, non direi máis nada ao respecto. E por qué non direi máis nada? Pois porque de seguido o amábel lector ten un libro único, unhas páxinas que pola súa claridade e lucidez deberan ser de lectura obrigada e que farían redundante que eu me estendera no que con moita mellor pluma explica e plantexa o meu amigo Josep Carles Laínez. E para maior satisfacción este imprescindíbel libro está escrito na vella lingua de Rosalía. Non só publicado en galego, cousa evidente, senón escrito en galego. Excuso dicir o que para o noso ferido idioma, para o idioma galego supón a achega que o meu bo amigo e javer Josep Carles Laínez representa con este o seu Israel: a primeira trincheira. E ademais do galano que para as letras galegas Josep Carles nos ofrece, estas páxinas de Israel: a primeira trincheira abordan desde unha perspectiva pouco tratada a ligazón fulcral que o sionismo como movemento de liberación nacional ten cos nacionalismos europeos, a pesar da penosa teima que algúns nacionalistas das diferentes nacións sen Estado de Europa insisten en manter de distanciamento, incomprensión cando non de rexeitamento para co movemento nacional do Pobo xudeu. E Laínez fálanos dos vínculos, do que nós en tanto que cidadáns das Europas temos en xogo na primeira trincheira. En Israel.
* Pedro Gómez-Valadés é presidente de AGAI
quarta-feira, 1 de abril de 2009
O Relato Hebraico. De Xosé Chao Rego

quinta-feira, 19 de março de 2009
Fume. De Antón Fortes

Ilustración. Concejo, Joanna
Ano de Publicación. 2008
Editorial. OQO
Coleccion. Qontextos
Número de pax. 40
ISBN. 978-84-9871-058-8
segunda-feira, 9 de março de 2009
O mar desde esa banda. De Carlos Penela

De Carlos Penela*
Volveu repetir lento e fráxil, como se for algo moi valioso, aquel nome no idioma do seu mar e procurou formar así as imaxes de outrora, a xeira cansa dos veciños ao pé da praia, o regreso á tarde, os espellos tornasolados da beiramar. Cómo lle prestaban as cancións da madriña con aquela voz salgada e gasta, o brillo das patelas pesadas, cheas co xornal do día, as olladas piscas e paveras dos vellos, as carreiras cando ía facer os recados á tenda de coloniais. Daquela pensaba que o mundo sempre sería así, a roda lóxica das angueiras e os soños; cómo lle prestaba ficar deitado na duna quentiña, amodorrado logo da merenda, alí, aparvado ollando o ceu baixo e mol na cerna do verán, a pasaxe das gaivotas, sentindo a brisa mareira como unha certeza da infancia que sempre existiría.
Enriba do seu camastro arfaba ennovelado, cos laios vidrados pola disentería, Marek, o militante de orixe polaca; estivera de voluntario no frente de Aragón e ás veces falaba con el nunha sorte de lingua franca, castrapa, apenas intelixíbel. El fora quen lle advertira do que realmente significaba aquel lugar durante a viaxe do traslado, durante aquela travesía alucinada por camiños de ferro que se prolongou varios días desde as terras altas de Francia. Contoullo para que fora endurecendo o seu ser, para que o fora tensando, para que a súa sombra non fora ferida tan rápido pola maré de frío e desolación que agardaba, á espreita, no Lager. Na xelatina pestilente en que se convertera o ar escuro do vagón podía distinguir outros rostros cheos de medo que aínda comprendían menos aquel relato, tamén cabezas que asentían de xeito febril perante as palabras de Marek, bocas entreabertas, manchadas polo destrozo da desgraza e o esgotamento.
A burocracia da crueldade non axía de balde, o mozo polaco non se enganara. Desde os primeiros momentos comprendeu, como se algo vencera no seu interior de xeito miserábel, que era mellor dar os pasos que daba a maioría, levar ben visíbel o triángulo azul da chaqueta e non ollar nunca de frente aqueles rostros de papel (oficiais bradando cousas durísimas, executando á toa); por iso pensaba sempre nos contos de luces de ánimas das xuntanzas onda a madriña, cando fóra batía a galerna, para non sentir a tentación de cruzar o ollar con aquelas miradas acuosas, fantasmais dos SS. As vellas afirmaban que non había que mirar de frente aos defuntos porque, se non, a alma dun ficaba para sempre no seu feitizo e a vida baleirábase de nós. Por iso evitaba a atención dos capos, dos soldados ferrados con cans e trallas, para ficar desta banda das cousas, sobrevivindo cara adentro. Vira convois completos desaparecer no mesmo día en que chegaban ao Campo Central. O fervor ordenado e frío con que se mantiña aquela lei homicida puxérao a ramo da loucura; e con todo aínda estaba alí, con todo abocaba a vida como o fixera noutro tempo entre as liñas inimigas, entre as ráfagas de metralla, entre os días da derrota e o exilio.
Era aínda moi novo, daquela non sabía máis que o peso dalgo novo que dicían era a esperanza e as leituras acendidas e atrapalladas dos boletíns atrasados que lle enviaban os da Célula. Rematara o seus cursos de torneiro naquela academia da capital e estaba á procura dun emprego estábel para axudar na casa. Un veciño da pensión, un viaxante do Levante moi mullereiro, faloulle duns talleres na súa cidade onde traballaba un curmán seu que estaban precisando persoal especializado. Non o pensou moito, mesmo fixo a metade da viaxe co fulano, escoitando recomendacións de fondas baratas e outros garitos naquela nova cidade. O mundo abríase nunha baralla insólita, infinita, e el quería estar alí, no medio do tremor, no medio dos días facéndose en si mesmos, avantando neles.
Mais todo bulía xa como un avispeiro perigoso na cidade aquela…por horas medraba unha tensión cega e en varias ocasións mesmo dubidou do que estaba facendo. Pero, que podía acontecer? Eran os compañeiros outra vez a falar da esperanza, eran rapazas bonitas con pucha e palabras firmes, incendiarias...eran bandeirolas nas prazas, cancións a fío, noites de pándega e poemas nas tabernas. E alí vería estourar a Guerra. Alistouse a unha columna anarquista porque a moza pola que debecía militaba nela. Non era pouco. No marasmo dos días máis espesos do confronto, ela desapareceu sen dar sinal algún e entón foi cando decidiu fuxir a Barcelona, lonxe do desconcerto e a dor, das bombas, dos horrores. Achou unha cidade alucinada, dunha vitalidade malsá...nun pulo de sorte, cando a capitulación era cousa apenas xa de semanas, deu cuns tipos que o deixaron a uns quilómetros da fronteira...pagáralles co que, por primeira vez na súa vida, roubara. Como un animal encanallado, durmiu en refuxios de portos de montaña, rillando en códeas de pan duro e en frebas de touciño rancio. Deu tombos por cuadrillas de traballo, como peón, como xornaleiro, xunto con outros exilados, a carón de antigos lexionarios e exconvictos de mirada esguía. E pouco tempo despois, cando tentaba refacer as pezas fanadas da súa vida clandestina, nunha pensión suxa de Marsella soubo que a Guerra abrira outra fenda nas entrañas de Europa. Tamén nesa arriscaríao todo.
Aos poucos situábase máis alá do frío e o tremor naquela noite de naufraxio; contodo, quería atinxir aínda o seu mar, as ondas rebuldeiras e calmas da baía, botar de canto os seixos contra a tona calmiza daquel mar e conseguir que desen cinco, seis, até sete ou oito chimpos rápidos...cómo lle prestaba a preguiza do mediodía na praia, o cheiro vivo das sardiñas grelladas baixo o emparrado, na casiña branca dos seus tíos, as risadas das mozas no baile da noite, os fogos do folión...A Marek baleirábaselle a vida no xergón de enriba, coitado, se cadra envenenárase con aquela observación de pedernal contra a que xa avisaban as vellas da súa aldea. A el non, a el non lle podía acontecer nada, aquilo só era frío, sempre se coidara de non pousar a mirada nos óculos tintados do terríbel Obersturmführer, de picar sen pausa no pedregullo, de esquecer as chagas que lle trababan os membros como farpas de fósforo...por iso, aquilo só era frío, colléralle o frío, como dicía a madriña, iso era todo., mais con aquel ponche quente de leite e ovo todo sanaba, só tiña que dormir ben tapado polo agocho dos cobertores e botar a febre suando... dormiría tanto que sentiría logo febleza no corpo todo e acordaría coa luz clara do novo día a perfillar siluetas contra as rendas das cortinas...cómo lle prestaba entón fechar os ollos e intuir a orixe daquelas voces que ecoaban desde o patio, sentir os pasos suaves da irmá maior a traerlle o pratiño de caldo limpo e a pavía fresca...non, nada lle podía acontecer, só era frío e devagar el xa estaba máis alá do frío porque agora estaba entrando na boca da ría, bogando na “Aurora”, na dorna do seu tío, que ía farta e brillante de camarón, de lula, de martiños, que ía tan farta que se cadra podería mesmo afundir antes de chegar á outra banda...escoitaba agora dos beizos de Marek aquela ladaíña, de novo aquel rezo nunha lingua rara e fermosa que non era a da misa do domingo, a mesma pregaria que compartillaran axeonllados cinco homes de nacións diferentes (tres gregos de Thesalónica, o estudante húngaro e un señor moi alto que dicía ter sido actor en Berlín), antes dun mallar de culatas e varios tiros de graza do Obersturmführer, como cuspes negros, dar cabo de vez do seu alento humillado. Fixéranlles presenciar toda aquela encenación obscena da execución, escoitar logo as advertencias histéricas do oficial que descobrira os homes tentando fuxir, recoller a masa dos corpos desfigurados.
Xa non quedaba moito para chegar á bocana da ría, pero o mar estaba a virar moi picado, cunha marexada traicioneira...tiñan que bulir, remontar os cons e atinxir a outra banda, o ceu cubrírase de cores aceiradas e zoaba un vento que non era de verán...comezara a chviñar e a dorna semellaba non dar termado xa co peso dos canastos a rebordar de peixe fresco... tiveron medo, polo ceu cruzaban perdidas aves grasnando e a serea dun barco pequeneiro resoprou ao lonxe como un presaxio...ou sería a voz de Marek? Ésta convertérase nun asobío rouco, perdido nas tábuas de enriba...xa non daba apalpado nada co frío que lle entrara no sámago do corpo...a mamá tería un tazón de sopa recén feita para eles, poríase ben contenta por aquela xornada tan boa... había que alcanzar a praia como fose...tiveron medo...o volume da dorna alastrábase ferida entre aquelas ondas bravas...só era frío, frío e un mar alleo de lamentos, a nave terminal, sen anxo, dos barracóns... rompera a chover con máis forza e as batidas do mar mantíñaos anicados co medo... e entón souberon que non chegarían nunca á outra beira...cunha certeza ameazante, definitiva, souberon que aquela tarde non chegarían á marxe da costa...e perdido, perdido nese frío, decatouse ao fin, como nunha iluminación tremente, que a súa voz se afundiría tamén coa do mozo Marek, que ningún dos dous chegaría ao perfil gañado doutros días, doutros abrentes... porque, se cadra, naquela noite non loitaban pola vida nos lombos feros do mar de Noia, porque se cadra aquilo chamábase en verdade Gusen-Mauthausen e o mar desde esa banda non era máis ca un país descoñecido e morto.
Entre 1940 e 1945 perto de douscentos exilados galegos foron deportados desde Francia a campos concentracionarios nazis: Dachau, Bergen-Belsen, Mauthausen...foi sobre todo neste último e nos seus anexos de Hartheim e Gusen onde pereceron máis da metade deles.
Estímase que, entre xaneiro do 41 e marzo do 42, uns setenta e seis destes cidadáns foron directamente asasinados por diferentes métodos, naquela imensa industria nazi de eliminación; así por exemplo, dezaoito deles foron gaseados no campo satélite de Hartheim antes citado.
A biografía resumida neste relato breve, ainda que ficticia, quixera testemuñar como recordatorio necesario a noite dun prisioneiro calquera sen nome, a súa ensoñación última do mar, noite e ensoñación que ben puideron ser, talvez, as dalgún daqueles outros galegos devorados polo deserto negro e real dos KZ.
Carlos Penela é escritor (Vigo 1975). Licenciado en Filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela USC. Reside en Viena. Obtivo o Premio Espiral Maior de Poesía (1997), o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón (2000) o Premio Esquío de poesía (2004). En 2007 gaña o Premio de Poesía Caixanova-Pen Clube coa obra Sombras, rosas, sombras. Carlos Penela é socio de AGAI.
Relato publicado no libro colectivo:
Mañá de Sábado (relatos para Noia)
Edit. Toxousoutos, Noia, 2008
ISBN 13: 978 – 84–96673-61-8
sexta-feira, 24 de outubro de 2008
UNHA BOLSA DE CANICAS de Joseph Joffo
UNHA BOLSA DE CANICASTítulo Orixinal: UN SAC DE BILLETS
Idioma: Galego
Colección: Gaivota
Autor: Joseph Joffo
Tradutor: X. Carlos Álvarez Quinteiro
A diferenza doutras narracións históricas, ten unha característica fundamental que a achega á mocidade que non coñeceu a guerra e a posguerra: está narrada por un rapaz. A guerra, a persecución, a morte, vista polos ollos dun neno xudeo, que mira os acontecementos coa súa inxenuidade e candidez infantil.
ISBN: 978-84-87126-01-7
Formato: 135 x 190 mm
Páxinas: 256.
Encadernación: Rústica con lapelas
Prezo: 11.00€
Edita Edicións do Cumio
quinta-feira, 23 de outubro de 2008
quarta-feira, 8 de outubro de 2008
Xudeus e conversos galegos. De Roberto González Rouco

XUDEUS E CONVERSOS GALEGOS
Notas para unha historia pendente
Roberto González Rouco
Xudeus e conversos atoparon en Galicia un territorio tolerante onde puideron convivir sen confrontacións. Esta é a principal tese do libro, unha aproximación didáctica á historia do pobo xudeu e a súa presencia no noso país. O autor afirma que é constante a arribada de xudeus a Galicia dende as matanzas de 1391 e 1414, datas nas que principiou un anti-xudaísmo feroz en Andalucía, Estremadura ou Castela, o que obrigou aos xudeus e máis tarde aos conversos, a se refuxiar en Galicia e Portugal. 'Xudeus e conversos estaban introducidos na sociedade galega e compartían negocios, xogaban nenos cristiáns con nenos xudeus, eran membros dos concellos e tiñan oficios non permitidos aos xudeus no resto de España. Cando había conflictos entre cristiáns e xudeus, as autoridades impartían xustiza sen mirar a que crenza relixiosa pertencían'.Roberto González Rouco fai así mesmo un breve percorrido pola historia deste pobo, dende a súa entrada na Península na época do Rei David, o tempo dos romanos, suevos e visigodos, a época árabe, a inquisición... ata a loucura nazi e os tempos modernos. Esta obra Xudeus e conversos galegos. Notas para unha historia pendente recolle tamén outros aspectos históricos de relevancia como a participación dos xudeus nas revoltas irmandiñas a favor do pobo contra a nobreza, ou a súa intervención na redacción das Cantigas de Afonso X.
• Título: Xudeus e conversos galegos
• Subtítulo: Notas para unha historia pendente
• Autor: Roberto González Rouco
• Idioma: Galego
• Data 1ª edición: Outubro de 2008
• PVP: 17 euros
• ISBN: 978-84-89323-23-0
• Páxinas: 146
• Medidas: 13x23 cms
• Encadernación: tapa branda plastificada, con lapelas
• Colección: Oeste [divulgación&ensaio]
Presentación do libro -->
PREZO: 17,00 €
Edita: Alvarellos Editora
Roberto González Rouco naceu en lugo en 1957. É licenciado en Socioloxía e Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Autor do libro Galicia na encrucillada (1994), esta é a súa segunda obra.
segunda-feira, 22 de setembro de 2008
quarta-feira, 12 de março de 2008
O CAZADOR DE PAPAVENTOS

Autor: Khaled HosseiniGénero:
Data publicacion: Febreiro 2008
Sobre o telón de fondo dun Afganistán respectuoso das súas ricas tradicions ancestrais, a vida en Kabul durante o inverno de 1975 desenvólvese con toda a intensidade, a puxanza e o colorido dunha cidade confiada no seu futuro e ignorante de que se achega un dos periodos máis cruentos e tenebrosos que padeceron os milenarios pobos que a habitan. O CAZADOR DE PAPAVENTOSo é a conmovedora historia de dous pais e dous fillos, da súa amizade e de cómo a casualidad pode converterse en fito inesperado do noso destino. Obsesionado por demostrarlle ao seu pai que xa é todo un home, Amir proponse gañar a competición anual de papaventos da forma que sexa incluso a costa do seu inseparable Hassan. A pesar del fuerte vínculo que los une, después de tantos años de haberse defendido mutuamente de todos los peligros imaginables, Amir se aprovecha de la fidelidad sin límites de su amigo y comete una traición que los separará de forma definitiva. Así, con apenas doce anos, o mozo Amir recordará durante toda a súa vida aqueles días nos que perdeu un dos tesouros máis preciados do home: a amizade.
Khaled Hosseini (Kabul, 1965) foi fillo dun diplomático e dunha profesora. En 1980, despois da invasión soviética de Afganistán, obtivo asilo político en Estados Unidos. Estudou Medicina en California e, mentras traballaba como médico, escribiu Ppaventos no ceo, un extraordinario éxito nacional e internacional. En 2006 foi nomeado Enviado Especial de ACNUR, a Axencia de Nacions Unidas para os Refuxiados.


