sexta-feira, 23 de dezembro de 2011

Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan. De Wolfgang Koeppen




Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan

De Wolfgang Koeppen

Tradución do alemán de Eva Almazán

126 páxinas

ISBN 978-84-92866-23-6

Prezo: 14 €

Idioma: galego
.

Wolfgang Koeppen (1905-1996) é unha figura clave da literatura alemá da posguerra. Na súa accidentada traxectoria vital foi crítico cultural, xornalista, actor afeccionado, aspirante a libreiro, novelista, guionista de cine e autor de libros de viaxes, mais na historia da literatura recordarase pola súa maxistral Trilogie des Scheiterns (Triloxía do fracaso), unha análise crítica da Alemaña que xurdía das cinsas da guerra. Dan fe da súa calidade artística unha ducia de premios literarios –en­tre eles o Georg Büchner, o máis pres­tixioso ao que pode aspirar un autor xermanófono, recibido en 1962–, a unánime estimanza da crítica –Reich-Ranicki considera Tauben im Gras (Pombas na herba) a mellor novela alemá da xeración literaria da posguerra– e a admiración do estamento literario –Günter Grass identificouno no seu día como o mellor autor alemán vivo–.

Os Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan viron a luz en 1948, o que fai da obra unha das primeiras memorias literarias do Holocausto. Tamén resultou ser unha das máis polémicas: orixinalmente presentouse como un texto orixinal de Koeppen, baseado nas reminiscencias que o protagonista, Jakob Littner, supostamente compartira en conversa co editor; anos despois, a raíz da reedición da obra (para entón esquecida), quedou demostrado que Koeppen traballara sobre un manuscrito do propio Littner, que o editor xulgara interesante no contido e deficiente na forma. Sexa como for, os Apuntamentos constitúen un relato poderosísimo da desgraza e salvación dun home que na noite do 9 de novembro de 1938 deixa de ser un reputado filatelista muniqués de vida acomodada para se converter nun xudeu polaco deportado e perseguido pola que sempre considerou a súa patria. Cun estilo sobrio e enganosamente obxectivo nárrase a espiral de horror que conclúe con Littner agochado nun burato no chan grazas á intervención dun aristócrata polaco máis premido pola falta de diñeiro ca polas conviccións nazis.
http://www.rinoceronte.es/catalogo/contemporanea/cont032.htm

domingo, 18 de dezembro de 2011

Destinada al crematorio. De Mercedes Núñez Targa


Destinada al crematorio

Materia: Narrativa/Memorias

Autor : Mercedes Núñez Targa

Editorial : Editorial Renacimiento

Código: 978-84-8472-660-9

Ano de publicación: 2011

Nº de páxinas: 216

Idioma : Español

Encadernación : Rústica

Medidas: 21.00 x 15.00 x 1.00 cm
Prezo: 16,00


Son as primeiras memorias publicadas por unha muller galega ou española que estivo en campos de concentración nazi. Difícil será atopar unha vida española do século XX tan novelesca, tan rica en aventura e dramatismo, tanto que entra case no inverosímil, e, á vez, tan certa e verídica, tan chea de verdade, como a desta catalana de nacemento mais galega de opción chamada Mercedes Núñez Targa (Barcelona, 1911 - Vigo, 1986), que foi secretaria do poeta Pablo Neruda durante a República. Mercedes cóntanos nestas memorias, que lense contendo o alento, como tras loitar na guerra civil e ser detida e condenada a 12 anos de cárcere en 1939 puido, grazas a un erro xudicial, escapar a Francia e seguir alí loitando na resistencia contra o nazismo, como foi detida en 1944 pola Gestapo e levada ao campo de concentración de Ravensbrück e como sobreviviu, con valentía e dignidade, no medio do horror brutal, até ser finalmente liberada cando xa non era, pola súa falta de saúde, senón unha «destinada ao crematorio».