terça-feira, 29 de janeiro de 2008

Presentación na Coruña



FAKTORÍA K PRESENTA ESTE XOVES DÍA 31 NA FNAC (A CORUÑA) O ÉXITO LITERARIO “O NENO DO PIXAMA A RAIAS”

A tradución ao galego da novela de John Boyne está entre os libros máis vendidos e axiña haberá dispoñible unha segunda edición. A editorial Faktoría K vén de publicar en galego “O neno do pixama a raias”, o éxito literario do escritor irlandés John Boyne, traducido por Daniel Saavedra, do que se levan vendido millóns de exemplares en todo o mundo. A obra, que forma parte da nova colección Narrativa K, presentarase na FNAC da Coruña este xoves día 31 de xaneiro, ás 19:30 horas.

FAKTORÍA K DE LIBROS
Tlf. 667 401 563 comunicacion@faktoriakdelibros.com

quarta-feira, 9 de janeiro de 2008

EL LARGO VIAJE de Jorge Semprún

Con "EL LARGO VIAJE", Jorge Semprún rompía un longo silencio: en 1945, tras ser liberado do campo de concentración de Buchenwald, obrigado a escoller entre contar ou vivir, entre a escritura ou a vida, elixiu vivir. Con todo, durante case vinte anos, foi madurando a súa experiencia concentracionaria: como contar o inenarrable? Por fin, en 1963, publicou en Francia "A longa viaxe" (merecedor en 1964 do Premio Formentor e do Prix da Résistance): atopara o modo de escribir o longo camiño cara ao horror. Rescatamos, pois, un libro mítico e indispensable na loita do home contra o esquecemento. Corre o ano 1943. Nun angosto vagón de mercadurías precintado, cento vinte deportados cruzan as terras francesas camiño do campo de concentración. É unha viaxe claustrofóbica, vexatorio: os corpos amoreados caen de esgotamento, un perde a conta dos días que leva alí, e nin sequera sabe onde nin cando rematará. E, no entanto, ás veces, unha simple palabra que pronuncia un compañeiro esperta toda clase de recordos, apenas o único que queda neses momentos. Así, mediante saltos ao pasado, pero tamén ao futuro.
Edita: Tusquets

terça-feira, 8 de janeiro de 2008

Descarga a revista "Alef" en pdf.

Novo número da revista “Alef” editada pola Casa Sefarad-Israel que pode descargarse AQUÍ en formato pdf.
Descargar os número anteriores:
ENERO 2008 - ALEF N° 4DICIEMBRE 2007 - ALEF N° 3NOVIEMBRE 2007 - ALEF N° 2OCTUBRE 2007 - ALEF N° 1SEPTIEMBRE 2007 - ALEF N° 0

domingo, 6 de janeiro de 2008

ATLAS DE LA CIVILIZACIÓN JUDÍA



ATLAS DE LA CIVILIZACIÓN JUDÍA
GUTMARO GÓMEZ BRAVO

24 x 31 cm
192 páxinas
Cartoné con sobrecuberta
Ilustrado a cor
Idioma español
ISBN: 84-662-0918-2
Eis un Atlas histórico moi documentadom ameno e profusamente ilustrado con fotografías e mapas desde a formación do pobo de Israel ate os nosos días, sobre a cultura e civilización xudía que repasa as distintas expulsións, persecucións e éxodos sufridos polo pobo hebreo, o Holocausto ao que foi sometido durante o nazismo e todos os hitos importantes da súa milenaria historia.

sábado, 5 de janeiro de 2008

“Un Dia Mas de Vida” (Rodas Auschwitz Buenos Aires) La Odisea de David Galante.
David Galante, o autor do libro é orixinario da Illa de Rodas e sobrevivinte do campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau. Eis a web libro www.undiamasdevida.com.ar
Podes DESCARGAR AQUÍ un fragmento do libro en PDF.

terça-feira, 1 de janeiro de 2008