terça-feira, 25 de novembro de 2008
sábado, 22 de novembro de 2008
La Rebelión: La lucha clandestina por la independencia de Israel. De Menajem Beguín
La Rebelión: La lucha clandestina por la independencia de Israel
Menajem Beguin
Edita: Inédita Ediciones
Lingua: CASTELLANO
Encadernación: Tapa dura
ISBN: 9788492400225
Nº Edición:1ª
Ano de edición:2008
Praza edición: BARCELONA
Prezo: 27 Euros
Imprescindible autobiografía de Menajem Beguin. O libro narra a historia da guerra librada polo movemento clandestino Irgún (Irgun Tzvai Leumí, Organización Militar Nacional) contra as forzas británicas de ocupación en Palestina, contada polo que foi o seu líder, Menajem Beguin. É a emocionante crónica das loitas internas que presidiron a creación do moderno Estado de Israel, de accións audaces e de momentos tráxicos como a voadura do Hotel King David de Xerusalén, sede do mando británico, a toma da fortaleza de Accre ou as mentiras ao redor das mortes na aldea árabe Deir-Yassin. É tamén a reivindicación dun político íntegro e honesto que aparcou os intereses políticos propios en beneficio do novo Estado que se creaba. "A Rebelión" é unha historia de heroísmo, abnegación e traxedia que retrata como ningunha obra fixo antes a historia máis oculta da independencia do Estado de Israel.
O autor:
Menajem Beguin. (Brest-Litovsk 1913-1992) no seo dunha familia sionista, enrolouse aos 16 anos no movemento xuvenil Betar, creado por Vladimir Jabotinsky, que acabou liderando e dotando de estrutura en 1939. En 1973 uniuse a outros partidos creando o Partido Likud, co que gañou as eleccións en 1977. Primeiro Ministro entre 1977 e 1983, obtivo o Premio Nobel da Paz tras os Acordos de Camp David cos presidentes Sadat e Carter. En 1982 ordenou a Operación Paz en Galilea co obxectivo de desmantelar as bases terroristas da OLP no sur do Líbano, pero a prolongación da guerra e as masacres de Sabra e Chatila precipitaron a súa demisión en 1983.
quarta-feira, 19 de novembro de 2008
HOLOCAUSTO. RECUERDO Y REPRESENTACION. De Alex Baer
HOLOCAUSTO. RECUERDO Y REPRESENTACION
Existe no imaxinario colectivo unha memoria do Holocausto tecida non só polas testemuñas dos subrevivintes senon tamén polas imaxes creadas polos medios de comunicación e o arte das últimas décadas. Unha memoria que mestura recordo e representación usando actores, símbolos e ate os complexos montaxes de efectos especiais dos museos máis modernos. Alejandro Baer analiza esta forma mediática do recordo non só como sociólogo, senon tamén como pertenecente a esa nova xeración de estudiosos do Holocausto que naceron xa na época dos medios de comunicación de masas. A xa longa controversia que enfronta aos detractores destas formas ´estetizadas´ de recordar o horror cos partidarios de non deixar morrer o recordo se analiza en este documentadísimo e apaixonante estudo. As películas de Spielberg e Benigni, as series de televisión e os grandes espazos memoriais dedicados ao Holocausto, as viñetas humorísticas dos periódicos ou o recurso aos arquivos fotográficos presentan ao lector unha complexa panoplia de modos de ver, de recordar e de representar unha historia que ninguén pode considerar allea. Un capítulo final dedicado á memoria en España pecha un libro dirixido tanto aos interesados na historia como a periodistas ou cineastas, e a todos os que se preocupan polo seu papel como espectadores e consumidores de imaxes.
domingo, 2 de novembro de 2008
LOS ORÍGENES DEL TOTALITARISMO. De Hannah Arendt
Los origenes del totalitarismo
Hannah Arendt
Ensaio
624 páxinas
Taurus
Prezo 31,40 euros
Hannah Arendt
Ensaio
624 páxinas
Taurus
Prezo 31,40 euros
Hannah Arendt deixou unha inxente obra filosófica e estudou o Holocausto como só unha muller excepcional, cunha enorme capacidade de análise, ademais de xudía, podía facelo. O fenómeno nazi foi diseccionado pola súa pluma e así o contou ao longo da súa obra, demostrando con iso a banalidade do mal. Recomendado para mentes dispostas a engulir e procesar conceptos. A clave: Como a cuestión xudía, aparentemente intranscendente, desembocou na creación do movemento nazi, a guerra mundial e o exterminio. O mellor: Os capítulos referidos ao antisemitismo e ao antiimperialismo. Un dos legados máis importantes que deixou Arendt á humanidade foi desvelar a orixe do nazismo, os seus antecedentes e por que desembocou nunha orxía de morte. A escritora e pensadora estudou na universidade de Heidelberg e se doutorou en filosofía baixo a dirección de Karl Jaspers cunha tese sobre o amor en San Agostiño. Alí, naquel campus, coñeceu ao controvertido autor de Ser e tempo, Martin Heidegger, de quen foi discípula e amante. Este insigne profesor é un dos filósofos máis influintes do século XX, foi militante convencido do nacionalsocialismo e tivo unha natureza mesquiña que deixou patente, entre outras, na relación co seu mentor, Husserl. Hannah tivo que fuxir de Alemaña coa ascensión do nazismo; marchou exiliada a Francia onde coñeceu a Walter Benjamin, pero o exército alemán ocupou o país e novamente tivo que fuxir, esta vez aos Estados Unidos. Para entón xa definira o mal moderno como a imposibilidade dos individuos para representarse mentalmente a consecuencia dos seus actos, referíndose aos criminais de guerra. A pesar das radicais diferenzas ideolóxicas, a súa relación con Heidegger desde os anos vinte mantívose no tempo, tanto intelectual como sentimentalmente. O profesor considerouna sempre a paixón da súa vida, aínda que estaba casado. Ambos se influíron mutuamente a pesar de que, co nazismo no poder, militaron en bandos opostos pois Heidegger pronto manifestou un acusado antisemitismo. Durante uns anos mantivéronse separados e retomaron a relación en 1950, até a morte de Hannah, que se casou en 1929 con Günter Anders, tamén discípulo de Heidegger e colaborador de Bertold Brecht. En 1936 divorciáronse. Arendt obtivo fama internacional anos máis tarde cando escribiu unha reportaxe para o semanario norteamericano The New Yorker sobre o xuízo en Xerusalén do criminal Heichmann, tenente coronel das SS e un dos máximos responsables da Solución Final, é dicir, o exterminio xudeu.
Assinar:
Postagens (Atom)