sábado, 11 de abril de 2009

El listo, el tonto y otros relatos. De Rabí Najman de Bratslav



EL LISTO Y EL TONTO y otros relatos.
Autor:
RABÍ NAJMAN DE BRATSLAV
Colección:
CÁBALA Y JUDAÍSMO
ISBN: 9788497775199
Formato: 13,5 cm x 21 cm
Prezo: 11,00 €
Páxinas: 112
Número edición: 1ª
Fecha edición España: 9/2008
Descripción:
Os contos que compoñen este volume, «El listo y el tonto», «Los niños cambiados» e «La princesa perdida», foron recollidos por Rabí Nathan, o grande discípulo de Rabí Najman, a partir do seu relato oral. Traducíronse directamente do ídish. Ler estas historias é transitar por máxicos sendeiros poboados de pistas que o mestre sementou hábilmente para ir desvelando as claves do seu pensamento, enraizado tanto na tradición cabalística coma na simboloxía universal. As peripecias dos encantados personaxes destes contos, así como os sobrenaturais recursos que despregan nos máis singulares escenarios, asombrarán ao lector, que verase transportado a un universo de maravillas. Glosados, comentados e estudados durante xeracións, estes contos albergan profundas ensinanzas sobre temas tan diversos como os misterios da cábala, o poder da alegría e da fe ou o sentido da vida. A presente edición, preparada por Varda Fiszbein, inclúe unha cronoloxía da breve, pero intensa, vida de Rabí Najman de Bratslav. «Según di a xente, as historias creáronse para facer durmir, pero eu non o creo: eu conto historias para espertar.» Tres contos deliciosos e con mensaxe. Comeza a ler AQUI
Vía Maribel Ferreiro

sexta-feira, 10 de abril de 2009

Alguien vivo pasa. De Claude Lazmann


Alguien vivo pasa
Auschwitz, 1943; Theresienstadt, 1944


Autor Claude Lazmann


Editorial Arena Libros, S.L
ISBN: 978-84-95897-29-9
Precio: 7.59 €


O 23 de xuño de 1944, a poucas semanas do desembarco dos Aliados en Normandía e a máis de mil quilómetros de distancia, preto de Praga, ultímanse os preparativos para unha visita importante. Por primeira vez o réxime nazi vai consentir unha visita de inspección a un campo de concentración. Os delegados internacionais quedan sorprendidos polo que ven: xardíns e parques de xogo rodeados de tulipans, un pavillón de concertos onde unha orquestra ensaia o Requiem de Verdi, un teatro concibido para espectáculos de ballet e cabaret, un café restaurante, unha hospedaxe ben provista, escolas, bibliotecas... Os prisioneiros xudeus aparentemente están en bo estado de saúde, saúdan ledos desde as xanelas, os nenos saen da escola cantando en fila de dous en dous, o correo entrega puntualmente paquetes e cartas, as mesas están servidas e as racións son moi abundosas. Despois dunha visita de catro horas, o xefe da delegación da Cruz Vermella, Maurice Rossel fai un informe detallado, exaltando as máis que aceptables condicións de vida dos prisioneiros de Theresienstadt, a quen, con todo, non lles espera senón a deportación a Awschwitz-Birkenau e a morte. O mesmo Maurice Rossell é entrevistado tempo despois por Claude Lanzmann. O contido desa conversa é filmado e, tirado do proxecto inicial de Shoah, vén constituír unha nova película: Alguén vivo pasa. E, do mesmo xeito que sucede con Shoah, o texto adquire unha dimensión no momento en que, convertida en libro, dáse á lectura. Impactante e demoledor texto.

quarta-feira, 1 de abril de 2009

O Relato Hebraico. De Xosé Chao Rego


O relato hebraico : A Biblia contada dende a lareira
Xosé Chao Rego
Edita TresCtres
Ano 2001
Idioma Galego
434 páxinas

Despois de 50 anos coa Biblia como instrumento de traballo, o teólogo galego Xosé Chao ofrécenos un achegamento actual á que é a obra literaria máis difundida de toda a historia, escrita ao longo de máis de mil anos, polo que resulta precisa unha aproximación desde a realidade presente para entendermos mellor ese texto de non doada lectura.
Para máis información: Descargar

sexta-feira, 27 de março de 2009

Otoño en Shiraz. De Dalia Sofer


A escritora xudeo-iraní Dalia Sofar , asentada nos EUA, ven de gañar o premio Premio Sami Rohr de literatura xudía, dotado con 100.000 dólares, coa súa novela Outono en Shiraz, publicada en castelán pola editorial Grijalbo. A novela está ambientada no 1982, e trata das repercusións que tivo nunha familia xudía iraní o triunfo da Revolución Islámica no país. Un comerciante de xoias xudeu é acusado de "espia sionista", polo que padece cárcere e tortura.
Un resumo en castelán.
A crónica no New York Times.
A nova en The Jewish Daily Forward.
A opinión de Rafael Robles, que traballou coma proferor de español en Irán, e plasmou as súas experiencias no libro Leer El Quijote en Teherán.

sábado, 21 de março de 2009

Cocina judía para celebrar la vida. De Debora Chomski


Cocina judía para celebrar la vida
Déborah Chomski
Formato: 17 x 24
I.S.B.N.: 978-84-9704-429-5
376 páxinas
Idioma: castellano
P.V.P.: 35
.
Como se constrúe unha gastronomía de festa? Como se entende nunha cultura como a hebrea as relacións entre a alimentación e a espiritualidade? En "Cocina judía para celebrar la vida", a súa autora, Débora Chomski, propón un percorrido histórico e cultural por unha das cociñas máis antigas e transcendentes da gastronomía mundial, que exerceu unha influencia innegable nas cociñas de España e do Mediterráneo, Europa central e do leste, América latina e Norteamérica, Asia e Suráfrica. O texto recolle testemuños e receitas das diferentes tradicións e culturas que conviven no seo do pobo xudeu e que están en relación cos pobos que lle deron acollida en diferentes épocas. O itinerario que propón "Cocina judía para celebrar la vida" fundaméntase coas achegas da Cábala e outras fontes de sabedoría relixiosa a cuestións da alimentación, a cultura e a saúde, ás cales os alimentos e a cociña kasher ofrecen unha resposta garantida e de calidade. Bríndase aquí un receitario tradicional e de creación que recolle pratos das cociñas familiar e de vangarda, para persoas con diferentes sensibilidades alimenticias (alerxias a algúns alimentos, pautas dietéticas válidas tamén para as dietas vexetariana, halal ou adventista, entre outras). Nesta viaxe de ida e volta polas diferentes cociñas da cociña xudía, o texto achega duascentas cincuenta receitas orixinais de carnes, peixes, masas e pastas, legumes, arroces, verduras e sobremesas. No seu desenvolvemento, a identificación entre as festividades relixiosas e as prácticas alimentarias, aínda que non exclusiva da cociña xudía, adquire unha dimensión destacable e modeladora doutras cociñas. Preparacións como o cholent ou a adafina, os kneidalej, as filikas, os knishes ou as tapadas, así como os innumerables pans e pasteis con que se celebran os momentos sinalados do ciclo anual, forman parte do acervo cultural dun pobo cuxa cociña se foi adaptando e recreando con extraordinaria versatilidade e enxeño.
Ediciones Trea

quinta-feira, 19 de março de 2009

Fume. De Antón Fortes


Fume
Autor: Antón Fortes Torres
Ilustración. Concejo, Joanna
Ano de Publicación. 2008
Editorial. OQO
Coleccion. Qontextos
Número de pax. 40
ISBN. 978-84-9871-058-8
.
Conta unha voz infantil que un día sobe ao tren co pai, a nai e outra moita xente, en fila, en silencio, vixiados por soldados. Ao chegar, sepáranos: el vai coa nai para a casa 48. Dormen abrazados en vellas liteiras de madeira. Á hora do reconto, están moito tempo ao frío e á neve. Pero non chora, porque levaron ao neno que choriqueaba pola noite e desde entón a nai non para de gritar. A súa nai está triste, aínda que se alegra o día que ve ao pai alén do aramado. Cando el se queima nunha estufa, cambian a comida por pomada para a postilla. Axuda a carrexar auga para a cociña, onde regálanlle patacas crúas; come unha e a outra levalla á nai. As mamás ocultan aos nenos fracos ou enfermos como o seu amigo Vadío, pois a eses lévanos para a casa da cheminea... Soña con dragóns verdes que o queren devorar cando os gardas pegan coa culata do fusil ou colgan a persoas no patio. Bota de menos o seu cuarto azul, o xardín onde xogaba co seu pai... pero non o di, non quere aumentar a tristeza da súa nai. Ate que un día ten que ir para a casa da cheminea, que cheira a fume. Segundo a nai, os nenos que entran nela van para o ceo. Mándano duchar. Pechan a porta. Non se ve case nada. Agarra a man de Vadío, o seu único amigo... O patetismo da historia complétase coa forza expresiva das ilustracións sen colorido, como berros visuais metafóricos cun poderoso sentido da composición.
.
"Soño cun dragón verde de lingua negra que me quere papar. As casas tamén son verdes, como a herba do noso xardín con bambán, onde antes xogabamos ao balón papá e eu. Bótoo moito de menos. Mamá dime que pronto nos irnos reunir".
.
Tanto como os campos de concentración -co que implican de fame, frío, enfermidade, violencia e morse-, interesa aquí un deses mundos persoais e familiares que o nazismo destruíu, e que é do pouco que ten cor fronte ao gris ferinte e o silencio. Separación, soidade e saudade están omnipresentes; a lembranza exuda a fuxir do illamento e o desarraigo, e dá paso -no inhóspito do campo (lager)- ao amor, a amizade e a solidariedade: á humanidade, a fin de cantas. Se toda violencia está inxustificada, a que remata coa inocencia aínda máis; contra dela, no proceso de maduración do protagonista, asistimos a un compromiso ata a fusión con Vadío (único personaxe con nome e etnia), que representa o recoñecemento no outro na catarse final. O protagonista anónimo de Fume descobre a realidade, pero críbaa coa memoria dun pasado mellor. O espertar magóao e levao a unha aprendizaxe rápida: a dureza e dificultade da situación, e o instinto de supervivencia obrígano a ser un neno responsábel. A inocencia, máis que a impotencia, marca o desenlace. Os inocentes non sobreviven, dicía Primo Levi; é o prezo por ver a luz: a man de Vadío borrando para sempre o ruedo e escribindo con fume unha palabra máxica sobre o ceo de Polonia. Unha conmovedora historia de Antón Fortes cunhas intensas imaxes da debuxante polaca Joanna Concejo, de grande sensibilidade e fermosura, pese a reflectir a realidade do protagonista, que se tal máis dura ao enfrontala recorrentemente con lembranzas da vida de ande foi e foron todos brutalmente arrincados.
Presentación editorial: LER AQUI

sexta-feira, 13 de março de 2009

Vida y muerte en el Tercer Reich. De Peter Fritzsche


Vida y muerte en el Tercer Reich

Peter Fritzsche

Sinopse

«¿Necesitamos outra historia do Tercer Reich?», pregúntase Benjamin Ziemann en History Today. Si, responde, se un historiador rigoroso e imaxinativo é capaz de captar as dimensións descoñecidas da vida na Alemaña nazi, como fixo Fritzsche nesta, «a máis innovadora historia do Tercer Reich que se ten publicado». Peter Fritzsche móstranos nestas páxinas a realidade da vida cotiá na Alemaña nazi desde a proximidade do vivido, apoiándose en cartas e diarios persoais dos dirixentes, dos cidadáns e ate dos xudeus perseguidos, que nos descobren unha sociedade que estaba moito máis integrada no proxecto nazi do que adoita crerse. Como dixo Thomas Childers, da Universidade de Pensilvania, «esta visión resulta máis terrible que o tópico habitual dun populacho sometido pola propaganda e o terror. Fritzsche non só nos ofrece unha análise dunha admirable claridade, senón que o seu libro contén pasaxes de tal intensidade humana que levan ao lector ao estremecemento».

Datos técnicos

Colección Memoria Crítica

Páxinas 360

Formato 15,5 x 23 cm

Encadernación Tapa Dura

Código 969168 ISBN 978-84-7423-863-1

http://www.ed-critica.es/libro/vida-y-muerte-en-el-tercer-reich-978847423863

segunda-feira, 9 de março de 2009

O mar desde esa banda. De Carlos Penela


O mar desde esa banda
De Carlos Penela*

Na traxedia insondábel e metódica que, noite a noite, se larvaba na raíz dos homes, aquel silencio era o único que remitía ao mundo, aquela pulsión do silencio era o único que daba un pouso de verdade e fuxida na madrugada hórrida e sen alma dos barracóns. Concentrarse naquel silencio, nas esferas últimas do silencio, pois, era quizais o único que podía dar paso a certo xeito de serenidade e ésta, se cadra, a algún recordo menor, semellante a algo tépedo e familiar. Por iso, como un illote perdido nunha sordidez imensa, oceánica, o prisioneiro tentou lembrar un otro mar, outro horizonte lonxe da cotación infernal do Lager. Fechou os ollos con forza, apertouse a si mesmo como quen acouga o abalo dunha nave á deriva e bisbillotando un breve nome tentou lembrar...outro mar, o escorzo luminoso e fresco do seu mar cando rapaz, o tacto real e vivo, aquel, dos limos da ría mentras enredaba apañando ameixa e caramuxo coa mamá e a madriña, cos primos, cos seus, tan lonxe.
.
Volveu repetir lento e fráxil, como se for algo moi valioso, aquel nome no idioma do seu mar e procurou formar así as imaxes de outrora, a xeira cansa dos veciños ao pé da praia, o regreso á tarde, os espellos tornasolados da beiramar. Cómo lle prestaban as cancións da madriña con aquela voz salgada e gasta, o brillo das patelas pesadas, cheas co xornal do día, as olladas piscas e paveras dos vellos, as carreiras cando ía facer os recados á tenda de coloniais. Daquela pensaba que o mundo sempre sería así, a roda lóxica das angueiras e os soños; cómo lle prestaba ficar deitado na duna quentiña, amodorrado logo da merenda, alí, aparvado ollando o ceu baixo e mol na cerna do verán, a pasaxe das gaivotas, sentindo a brisa mareira como unha certeza da infancia que sempre existiría.
.
Enriba do seu camastro arfaba ennovelado, cos laios vidrados pola disentería, Marek, o militante de orixe polaca; estivera de voluntario no frente de Aragón e ás veces falaba con el nunha sorte de lingua franca, castrapa, apenas intelixíbel. El fora quen lle advertira do que realmente significaba aquel lugar durante a viaxe do traslado, durante aquela travesía alucinada por camiños de ferro que se prolongou varios días desde as terras altas de Francia. Contoullo para que fora endurecendo o seu ser, para que o fora tensando, para que a súa sombra non fora ferida tan rápido pola maré de frío e desolación que agardaba, á espreita, no Lager. Na xelatina pestilente en que se convertera o ar escuro do vagón podía distinguir outros rostros cheos de medo que aínda comprendían menos aquel relato, tamén cabezas que asentían de xeito febril perante as palabras de Marek, bocas entreabertas, manchadas polo destrozo da desgraza e o esgotamento.
.
A burocracia da crueldade non axía de balde, o mozo polaco non se enganara. Desde os primeiros momentos comprendeu, como se algo vencera no seu interior de xeito miserábel, que era mellor dar os pasos que daba a maioría, levar ben visíbel o triángulo azul da chaqueta e non ollar nunca de frente aqueles rostros de papel (oficiais bradando cousas durísimas, executando á toa); por iso pensaba sempre nos contos de luces de ánimas das xuntanzas onda a madriña, cando fóra batía a galerna, para non sentir a tentación de cruzar o ollar con aquelas miradas acuosas, fantasmais dos SS. As vellas afirmaban que non había que mirar de frente aos defuntos porque, se non, a alma dun ficaba para sempre no seu feitizo e a vida baleirábase de nós. Por iso evitaba a atención dos capos, dos soldados ferrados con cans e trallas, para ficar desta banda das cousas, sobrevivindo cara adentro. Vira convois completos desaparecer no mesmo día en que chegaban ao Campo Central. O fervor ordenado e frío con que se mantiña aquela lei homicida puxérao a ramo da loucura; e con todo aínda estaba alí, con todo abocaba a vida como o fixera noutro tempo entre as liñas inimigas, entre as ráfagas de metralla, entre os días da derrota e o exilio.
.
Era aínda moi novo, daquela non sabía máis que o peso dalgo novo que dicían era a esperanza e as leituras acendidas e atrapalladas dos boletíns atrasados que lle enviaban os da Célula. Rematara o seus cursos de torneiro naquela academia da capital e estaba á procura dun emprego estábel para axudar na casa. Un veciño da pensión, un viaxante do Levante moi mullereiro, faloulle duns talleres na súa cidade onde traballaba un curmán seu que estaban precisando persoal especializado. Non o pensou moito, mesmo fixo a metade da viaxe co fulano, escoitando recomendacións de fondas baratas e outros garitos naquela nova cidade. O mundo abríase nunha baralla insólita, infinita, e el quería estar alí, no medio do tremor, no medio dos días facéndose en si mesmos, avantando neles.
.
Mais todo bulía xa como un avispeiro perigoso na cidade aquela…por horas medraba unha tensión cega e en varias ocasións mesmo dubidou do que estaba facendo. Pero, que podía acontecer? Eran os compañeiros outra vez a falar da esperanza, eran rapazas bonitas con pucha e palabras firmes, incendiarias...eran bandeirolas nas prazas, cancións a fío, noites de pándega e poemas nas tabernas. E alí vería estourar a Guerra. Alistouse a unha columna anarquista porque a moza pola que debecía militaba nela. Non era pouco. No marasmo dos días máis espesos do confronto, ela desapareceu sen dar sinal algún e entón foi cando decidiu fuxir a Barcelona, lonxe do desconcerto e a dor, das bombas, dos horrores. Achou unha cidade alucinada, dunha vitalidade malsá...nun pulo de sorte, cando a capitulación era cousa apenas xa de semanas, deu cuns tipos que o deixaron a uns quilómetros da fronteira...pagáralles co que, por primeira vez na súa vida, roubara. Como un animal encanallado, durmiu en refuxios de portos de montaña, rillando en códeas de pan duro e en frebas de touciño rancio. Deu tombos por cuadrillas de traballo, como peón, como xornaleiro, xunto con outros exilados, a carón de antigos lexionarios e exconvictos de mirada esguía. E pouco tempo despois, cando tentaba refacer as pezas fanadas da súa vida clandestina, nunha pensión suxa de Marsella soubo que a Guerra abrira outra fenda nas entrañas de Europa. Tamén nesa arriscaríao todo.
.
Aos poucos situábase máis alá do frío e o tremor naquela noite de naufraxio; contodo, quería atinxir aínda o seu mar, as ondas rebuldeiras e calmas da baía, botar de canto os seixos contra a tona calmiza daquel mar e conseguir que desen cinco, seis, até sete ou oito chimpos rápidos...cómo lle prestaba a preguiza do mediodía na praia, o cheiro vivo das sardiñas grelladas baixo o emparrado, na casiña branca dos seus tíos, as risadas das mozas no baile da noite, os fogos do folión...A Marek baleirábaselle a vida no xergón de enriba, coitado, se cadra envenenárase con aquela observación de pedernal contra a que xa avisaban as vellas da súa aldea. A el non, a el non lle podía acontecer nada, aquilo só era frío, sempre se coidara de non pousar a mirada nos óculos tintados do terríbel Obersturmführer, de picar sen pausa no pedregullo, de esquecer as chagas que lle trababan os membros como farpas de fósforo...por iso, aquilo só era frío, colléralle o frío, como dicía a madriña, iso era todo., mais con aquel ponche quente de leite e ovo todo sanaba, só tiña que dormir ben tapado polo agocho dos cobertores e botar a febre suando... dormiría tanto que sentiría logo febleza no corpo todo e acordaría coa luz clara do novo día a perfillar siluetas contra as rendas das cortinas...cómo lle prestaba entón fechar os ollos e intuir a orixe daquelas voces que ecoaban desde o patio, sentir os pasos suaves da irmá maior a traerlle o pratiño de caldo limpo e a pavía fresca...non, nada lle podía acontecer, só era frío e devagar el xa estaba máis alá do frío porque agora estaba entrando na boca da ría, bogando na “Aurora”, na dorna do seu tío, que ía farta e brillante de camarón, de lula, de martiños, que ía tan farta que se cadra podería mesmo afundir antes de chegar á outra banda...escoitaba agora dos beizos de Marek aquela ladaíña, de novo aquel rezo nunha lingua rara e fermosa que non era a da misa do domingo, a mesma pregaria que compartillaran axeonllados cinco homes de nacións diferentes (tres gregos de Thesalónica, o estudante húngaro e un señor moi alto que dicía ter sido actor en Berlín), antes dun mallar de culatas e varios tiros de graza do Obersturmführer, como cuspes negros, dar cabo de vez do seu alento humillado. Fixéranlles presenciar toda aquela encenación obscena da execución, escoitar logo as advertencias histéricas do oficial que descobrira os homes tentando fuxir, recoller a masa dos corpos desfigurados.
.
Xa non quedaba moito para chegar á bocana da ría, pero o mar estaba a virar moi picado, cunha marexada traicioneira...tiñan que bulir, remontar os cons e atinxir a outra banda, o ceu cubrírase de cores aceiradas e zoaba un vento que non era de verán...comezara a chviñar e a dorna semellaba non dar termado xa co peso dos canastos a rebordar de peixe fresco... tiveron medo, polo ceu cruzaban perdidas aves grasnando e a serea dun barco pequeneiro resoprou ao lonxe como un presaxio...ou sería a voz de Marek? Ésta convertérase nun asobío rouco, perdido nas tábuas de enriba...xa non daba apalpado nada co frío que lle entrara no sámago do corpo...a mamá tería un tazón de sopa recén feita para eles, poríase ben contenta por aquela xornada tan boa... había que alcanzar a praia como fose...tiveron medo...o volume da dorna alastrábase ferida entre aquelas ondas bravas...só era frío, frío e un mar alleo de lamentos, a nave terminal, sen anxo, dos barracóns... rompera a chover con máis forza e as batidas do mar mantíñaos anicados co medo... e entón souberon que non chegarían nunca á outra beira...cunha certeza ameazante, definitiva, souberon que aquela tarde non chegarían á marxe da costa...e perdido, perdido nese frío, decatouse ao fin, como nunha iluminación tremente, que a súa voz se afundiría tamén coa do mozo Marek, que ningún dos dous chegaría ao perfil gañado doutros días, doutros abrentes... porque, se cadra, naquela noite non loitaban pola vida nos lombos feros do mar de Noia, porque se cadra aquilo chamábase en verdade Gusen-Mauthausen e o mar desde esa banda non era máis ca un país descoñecido e morto.
.
Coda:
Entre 1940 e 1945 perto de douscentos exilados galegos foron deportados desde Francia a campos concentracionarios nazis: Dachau, Bergen-Belsen, Mauthausen...foi sobre todo neste último e nos seus anexos de Hartheim e Gusen onde pereceron máis da metade deles.
Estímase que, entre xaneiro do 41 e marzo do 42, uns setenta e seis destes cidadáns foron directamente asasinados por diferentes métodos, naquela imensa industria nazi de eliminación; así por exemplo, dezaoito deles foron gaseados no campo satélite de Hartheim antes citado.
A biografía resumida neste relato breve, ainda que ficticia, quixera testemuñar como recordatorio necesario a noite dun prisioneiro calquera sen nome, a súa ensoñación última do mar, noite e ensoñación que ben puideron ser, talvez, as dalgún daqueles outros galegos devorados polo deserto negro e real dos KZ.
.
Carlos Penela é escritor (Vigo 1975). Licenciado en Filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela USC. Reside en Viena. Obtivo o Premio Espiral Maior de Poesía (1997), o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón (2000) o Premio Esquío de poesía (2004). En 2007 gaña o Premio de Poesía Caixanova-Pen Clube coa obra Sombras, rosas, sombras. Carlos Penela é socio de AGAI.
.
Relato publicado no libro colectivo:
Mañá de Sábado (relatos para Noia)
Edit. Toxousoutos, Noia, 2008
ISBN 13: 978 – 84–96673-61-8

sábado, 14 de fevereiro de 2009

Diario de Helene Berr


Diario
Helene Berr
ISBN 978-84-339-7502-7
Prezo 18
Nº de páxinas 312
Colección
Panorama de narrativas

Entre abril de 1942 e marzo de 1944, Hélène Berr, estudante na Sorbona, escribiu un diario, un documento intensamente emotivo, íntimo, conmovedor e atroz, ademais dun texto dunha madurez literaria asombrosa. Ao principio, a súa amizade con outros estudantes e profesores, a música e a vida familiar conforman a imaxe dunha muller feliz e realizada. Ten vinte e un anos, e a súa beleza é equiparable ao seu talento. Pero estamos no París da ocupación nazi e a súa familia é xudía. Aínda que o seu pai está completamente asimilado, empeza a asaltarlle a preocupación. E xusto entón ordénase aos xudeus que leven a estrela amarela. A pesar da dificultade, Hélène segue coa súa rutina, e coida dos nenos de familias xudías deportadas. Finalmente, en marzo de 1944, Hélène e a súa familia son arrestados, e enviados a Auschwitz. Como se descobre máis tarde, viaxa na «marcha da morte» e morre en 1945, só uns días antes de que liberen o campo. As últimas palabras do diario son un eco horroroso e conmovedor: «Horror! Horror! Horror!» Un libro de tan extraordinario impacto internacional que se lle comparou co Diario de Ana Frank, e que conta cun prologuista de excepción e bo coñecedor do tema: Patrick Modiano.
«Unha sensibilidade e unha calidade literaria excepcionais, e un poderoso documento histórico» (S. Veil, L´Express).
"Un deses libros que persiguen o lector ata o seu último suspiro. A ardente empatía de Helene Berr é digna da filósofa Simone Weil, e aparece como precursora dos traballos de Hannha Arendt na súa análise do engranaxe do exterminio, as responsabilidades colectivas e as responsabilidades individuais" (Antoine Perraud, La Croix)
"Un deses testemuños que sobrevivieron milagrosamente ao seu autor. Dedicado o seu prometido e conservado actualmente no Memorial do Holocausto, trátase dun documento excepcional sobre o día a día dunha estudante xudía no París da Ocupación nazi" (Le Monde)
Vía Maribel Ferreiro. Máis información do libro en granvia@espaciodolector.com

sexta-feira, 30 de janeiro de 2009

Guía políticamente incorrecta de Israel y Oriente Medio. De Martin Sieff

Título: Guía políticamente incorrecta de Israel y Oriente Medio

Autor: Martin Sieff

Editorial: Ciudadela Libros

Colección: Ensayo

Prezo: 17,90 €

Páxinas: 240

Publicación: 06/02/2009

ISBN-10: ISBN-EAN: 9788496836440

Formato: Rústica

A pura e dura verdade sobre a comunidade de veciños peor avenida do planeta.

É certo que desde que Israel ergueu o muro outros países musulmás están seguindo o seu exemplo? Cal foi o verdadeiro papel de Arabia Saudí nos ataques do 11-S? Quen empezou a Guerra dos Seis Días? E quen gañou a Guerra do Yom Kipur?

En Oriente Medio, as distorsións que causa a ideoloxía politicamente correcta poden cuantificarse nas mortes diarias de civís iraquís, soldados occidentais, disidentes iranianos, xudeus e palestinos. A inextinguible fe na maxia da democracia por un lado, e o pechar os ollos diante da verdadeira natureza do islam polo outro, son dúas das moitas ilusións “politicamente correctas” que agravan o conflito e que expanden a violencia pola rexión máis quente do mundo. A guía politicamente incorrecta de Israel e Oriente Medio está escrita desde o coñecemento de quen viviu nesta rexión como correspondente de guerra durante décadas. O resultado: un lúcido repaso á Historia do século xx na rexión, unha aproximación para coñecer como son e como pensan os israelís e os distintos pobos árabes, e unha lectura imprescindible para comprender o conflito máis importante do noso tempo. Oriente Medio está sempre presente nas noticias, pero sabía vostede…?:

Que quen máis apoiou a creación do Estado de Israel non foi Estados Unidos, senón Francia e Gran Bretaña. (E que o primeiro presidente americano en apoiar a Israel foi… J.F. Kennedy).

Que o conflito árabe-xudeu precede á creación do Estado de Israel e que varios países árabes apoiaron a Hitler na II Guerra Mundial.

Que papel tivo Winston Churchill no deseño político da rexión (e que lle recomendou facer Lawrence de Arabia).

O actual terrorismo fundamentalista non é propio do islam tradicional (e si o resultado da súa fusión coas ideas utópicas do século xx).

Que non só para moitos progresistas norteamericanos, senón tamén para boa parte dos conservadores, a invasión de Iraq foi un tremendo e monumental erro.

O autor: Martin Sieff é editor xefe de internacional en United Press International. Antes de desempeñar este posto foi correspondente en Oriente Medio durante corenta anos, e foi reporteiro para o Washington Times, National Review, The Belfast Telegraph e Times. Foi nominado tres veces para o Premio Pulitzer na categoría de reportaxes internacionais. Rafael L. Bardají é licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola UCM. Foi subdirector de Investigación e Análise do Real Instituto Elcano e fundador do Grupo de Estudos Estratéxicos (GEES). É membro do Instituto Internacional de Estudos Estratéxicos (IISS) de Londres, do Consello Internacional do Institute for Foreign Policy Analysis (IFPA) de Massachusetts e do Conseil Economique da Défense. Para máis información: Descargar nota de prensa

Reseña de Maribel Ferreiro. Máis información do libro en granvia@espaciodolector.com

terça-feira, 27 de janeiro de 2009

Shangri-lá nº8 (xaneiro-abril 2009)


MEMORIA/S DE AUSCHWITZ.
Sumario
I. El maquinista de Treblinka
Texto: Roberto Amaba
II. Jean Amery. Reflexiones sobre la vida dañada
Texto: Óscar Brox
III.Imágenes pese a todo. Memoria visual del Holocausto, de George Didi-Huberman
Texto: Pablo Ferrando García
IV. Equívocas sombras. La obstinada actualidad de Auschwitz
Texto: Vicente Sánchez-Biosca
V. Shoah. Lenguaje / Historia / Imágenes
Texto: Roberto Amaba
VI. Todos los caminos llevan a Auschwitz (La literatura después del fin de la literatura)
Texto: Max Caution
VII. Charlotte Delbo: La puesta en escena de la memoria
Texto: Camila Loew
VIII. Las benévolas
Texto: Juan Miguel Ariño
IX. Sobre Vasili Grossman y Vida y destino
Texto: María Jesús Aguirre
X. Nuit et brouillard. De la Historia a la memoria
Texto: Arturo Lozano Aguilar
XI. La pasajera
Texto: Cristina Álvarez
XII. Lejos de Auschwitz (Hitler, de Hans Jürgen Syberberg)
Texto: Nacho Cagiga
XIII. Una panorámica es una cuestión de moral
Texto: Carlos Segura
XIV. Nuevas representaciones del Holocausto: La banalidad de la representación
Texto: Aarón Rodríguez
XV. Parábola sobre la desorientación (Paisaje después de la batalla)
Texto: Carlos Tejeda
XVI. La trilogía de Auschwitz de Primo Levi
Texto: Cecilia Blanco Pascual
XVII. Contra la interpretación de Fuga de muerte, de Paul Celan
Texto: Cristina Núñez Pereira
XVIII. Maus (Art Spiegelman)
Texto: Ramón Alfonso
XIX. El pianista del gueto de Varsovia (Wladyslaw Spilzman)
Texto: Javier M. Tarín
XX. Tadeusz Borowski
Texto: Juan Miguel Ariño
XXI. Primo Levi el testigo. Semblanza en el XX aniversario de su desaparición
Texto: Reyes Mate
XXII. Historia(s) de Sebald. La memoria de los emigrados
Texto: Faustino Sánchez
XXIII. Una extraña reunión
Texto: María Jesús Aguirre
.
MEMORIA/S DE AUSCHWITZ DESCARGA ARCHIVO PDF

Come on, baby! . De Leah Bonnin


Come on, baby!
Leah Bonnín
ISBN 978-84-92524-06-8
2008, 210 páxs.,
15 euros
Colección CIERZO nº 19

Entre Nova York e Barcelona, discorre, en efecto, a historia que aquí se conta, ou máis ben arrástrase, porque a protagonista xa aparece arrastrando unha historia que non soamente é a duns amores fracasados, senón a de algo que non sabe o que é, e que non concluirá por revelarse senón despois de moitas preguntas a si mesma, e aos seus pais, E, enseguida non só a estes e aos pais destes, senón aos papeis e ás incertezas e sospeitas de se mesma; e este é a viaxe da súa autoconocimiento, e a viaxe termina séculos atras, cando ela reconoca vir de "os outros" españois que neses séculos pagaron amargamente pola súa fidelidade a Israel e a súa diferenza cos demais que esa fidelidade configuraba. é dicir, conclúe por saber que é xudía , e logo un vello libro, do que non pode ler nin unha palabra, e é o único legado do marido dunha amiga, que nin sequera puido ou querido deixala unha neveira pedida inutilmente durante todo o seu matrimonio, é o que a descobre que vén, efectivamente, de moi lonxe e de onde nin sequera sospeita a súa asombrosa riqueza. E este libro é a casa verdadeira, "O libro do Esplendor" de Moshe de León, que é un español e, sen sabelo Adela, esperábaa.
Do prólogo de José Jiménez Lozano
Máis información en www.certeza.com/cierzo.htm