quarta-feira, 19 de janeiro de 2011
domingo, 9 de janeiro de 2011
Adolf Eichmann. El vivió entre nosotros.
Descargar
sexta-feira, 24 de dezembro de 2010
Suave música trae la noche. De Fernado Hernández Sebastián
SUAVE MÚSICA TRAE LA NOCHE
Fernando Hernández Sebastián
ISBN 9788492524396
Ano: 2010
288 páxs.
Idioma: español
Colección Anusim, nº 2
LIBROS CERTEZA
.
Suave música trae a noite de Fernando Hernández Sebastián é unha novela con total ausencia de violencia. Non hai crimes, violacións, drogas ou tiros; só hai vida e vidas que se entrecruzan formando un tecido. Luís Ferreiro Guzmán é un pediatra de garda nun hospital de Xerusalén. Luís, durante aquelas 24 horas de servizo, entre consulta e consulta, rememora todo o que foi a súa vida desde que tivo uso de razón até o momento presente. O protagonista, nacido en Zaragoza e asentado en Xerusalén, vai organizando na súa cabeza todos os avatares, circunstancias e vidas que se cruzaron na súa para ser hoxe un xudeu de corazón. O autor leva ao lector da man paseando por Israel mostrándolle a realidade dunha terra descoñecida, a pesar da súa continua presenza nos medios de comunicación.
Fernando Hernández Sebastián, Zaragoza, 1948. Aos 18 anos entrou na redacción do diario Pueblo e na revista Oriéntese. Posteriormente colaborou durante máis de dez anos como tertuliano e guionista na SER. Tamén realizou reportaxes para Heraldo de Aragón.
A colección Anusim, palabra hebrea que significa "forzado ", é a que designa aos xudeus sefardíes, e os seus descendentes, a quen se forzou a abandonar a súa relixión. O crecente interese polo coñecemento dos sefardies, descendentes dos españois xudeus a quen se expulsou de España, debe acompañarse coa aproximación do fenómeno ANUSIM, hispanos de relixión xudía que, polo menos formalmente, tiveron que renunciar á súa fe para poder seguir vivindo en España. Con esta colección preténdese recuperar a memoria das persoas, e as súas obras, que contribuíron ao desenvolvemento social e cultural dos diferentes pobos da península Ibérica.
Pedidos: certeza@certeza.com
www.certeza.com/pedidos.htm
Telf. (34) 976 272 907
E-mail: certeza@certeza.com
sábado, 18 de dezembro de 2010
O último libro de David Grossman en oitavo lugar no "Best Book of 2010"

afo Robert Mapplethorpe - 11º na lista. O libro que encabeza a lista da Amazon é o de Rebecca Skloot `The Immortal Life of Henrietta Lacks (La vida inmortal de Henrietta Lacks), que describe a vida dunha muller pobre que sen sabelo contribuiu para a investigación do cancro debido á súa condición única de saúde. Na valoración editorial da Amazon sobre o libro de Grossman, Tom Nissley escribe: ‘To The End of the Land’ é un libro de luto por aqueles que non estáo mortos, é o lamento dunha nai para a vida durante unha guerra cuxo fin non era posíbel prever. Ao mesmo tempo, é alegre e case dolorosamente vivo, cheo ate o punto de ruptura de emocións e detalles dun cotidiano interminábel de algunhas vidas profundamente imaxinadas. Grossman construiu un retrato impresionante, como expresa nas palabras dunha das personaxes, de ‘millares de momentos, horas e días que fan parte dunha persoa no mundo, e do poder de guerra para a destrucción dunha persoa, cando - ou principalmente - cando sobreviven ás súas cruéis demandas’. No apartado dos lectores tamén achegan comentarios positivos sobre o libro, clasificando cunha média de catro estrelas sobre 5.sábado, 20 de novembro de 2010
Un español frente al Holocausto. Por Diego Carcedo

Editorial: Temas de Hoy
.
Para relatar estes feitos, Carcedo entrevistou a algúns dos sobreviventes, os mesmos que hai uns anos asinaron a súa declaración do sucedido ante a comisión israelí que en 1991 outorgoulle o título de 'Xusto da Humanidade'. O escritor tamén afirma posuír a lista completa dos cidadáns que Sanz Briz salvou, aínda que esta non foi incluída no libro.
terça-feira, 26 de outubro de 2010
domingo, 10 de outubro de 2010
Séneca en Auschwitz. De Raúl Fernández Vítores
Séneca en Auschwitz. La escritura culpable
de Raúl Fernández
Edita: http://paginasdeespuma.blogspot.com/2010/08/video-de-seneca-en-auschwitz-de-raul.html
Unha historia detallada do campo de exterminio e unha reflexión profunda sobre esa condena chamada Auschwitz.
Sinopse
Auschwitz é o lugar onde a Filosofía tropeza. En Auschwitz perde os seus cimentos a Modernidade, porque o discurso moderno non pode referir o mundo de Auschwitz. Por iso Auschwitz é un acontecemento. Mais é preciso dicir a verdade do ocorrido se non queremos quedar suspendidos indefinidamente en metade da nada, expresándonos como pantasmas nun discurso sen fundamento. Temos que baixar aos infernos; non podemos seguir invocando os valores ilustrados dando as costas ao acontecemento que os pon en evidencia. Debemos coñecer os feitos que demolen a nosa escritura: volver ao lugar do crime, á orixe do trauma, volver a Auschwitz. Non para condenalo por enésima vez, senón para comprendelo. Non basta coa condena.
Raúl Fernández (Madrid, 1962) é profesor de Filosofía e ten publicados libros de ensaio, narrativa e poesía. Cabe destacar aquí Teoría del residuo (1997), Solo control (Páginas de Espuma, 2002) e Los espacios bárbaros (Páginas de Espuma, 2007). O seu último libro publicado é unha colección de jaikus titulada Res Nata (2008).
domingo, 3 de outubro de 2010
La hija de Mendel. De Martin Lemelman

Autor: Martin Lemelman
Colección: GRAPHIC JOURNAL
Nº Colección: 4
Series: LA HIJA DE MENDEL
Editorial: NORMA Editorial
Formato: Rústica
Tamaño: 17 x 24
Páxinas: 232
Cor: B/N
ISBN: 978-84-679-0300-3
21,00€
.
MARTIN LEMELMAN RINDE HOMENAXE Á SÚA NAI, Á SÚA FAMILIA E A TODAS AS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO.
En 1989 Martin Lemelman gravou en video á súa nai Gusta. Coma moitas outras señoras maiores, mudouse a vivir á súa casa e Martin quería conservar para sempre os seus espeluznantes recordos da súa infancia na Polonia dos anos 30 e a posterior fuxida dos nazis. Unha homenaxe ás vítimas do maior xenocidio da historia.
domingo, 25 de julho de 2010
Superheroes ou Superrabinos?
Marzo de 1941, primeira portada do Capitán América, na que sacode ao Führersexta-feira, 2 de julho de 2010
Reapertura da libraría CASA DE JACOB en Barcelona

Librería & Judaica 'Casa de Jacob'
Carrer Aribau, 168
08036 Barcelona
Teléfonos: 93 844 02 92 - 663 01 04 91
Correo: libreria-judaica@casadejacob.com
http://www.casadejacob.com/
sexta-feira, 18 de junho de 2010
Jan Karski. De Yannick Haenel

Jan Karski. De Yannick Haenel * El Aleph Editores * Colección: Modernos * P.V.P. 17,00€ * ISBN978-84-7669-945-4EAN9788476699454 * Data de publicación 10/06/2010 * Formato Rústica con solapas 14x21,5cm * 152 paxs * Idioma: español
«Hai historias que só poden transmitir os escritores» (Jorge Semprún).
Texto de contraportada
Jan Karski foi membro do estado secreto polaco que operaba na clandestinidade durante a Segunda Guerra Mundial. Enlace da resistencia polaca co goberno no exilio, un día Karski foi invitado por dous membros da comunidade xudía a visitar o gueto de Varsovia. Testemuña única do horror, Karski foi chamado a alertar ás potencias aliadas do xenocidio xudeu. Nesta magnífica recreación do personaxe, Yannick Haenel narra, coma se dunha novela de espías se tratase, as vicisitudes de Jan Karski ao longo da súa fuxida a través de de o continente ata chegar a Estados Unidos, onde o presidente Roosevelt recibiulle en audiencia sen dar demasiado crédito á súa urxente mensaxe. Personaxe histórico da resistencia contra a barbarie nazi, Karski ofreceu un testemuño estremecedor na película Shoah, de Claude Lanzmann. Pero Jan Karski é algo máis que o relato dunha testemuña frustrada. Yannick Haenel reflexiona sobre a imposibilidade de testemuñar, de lograr que a clase política se decatase da existencia dunha atrocidade tan inconcibible como o Holocausto. E, sobretodo, aborda unha cuestión aínda incómoda hoxe á hora de revisar responsabilidades históricas: a inhibición dos países aliados ante un testemuño como o de Jan Karski, unha pasividade que pon en evidencia unha vez máis que nunha guerra non hai ninguén libre de sospeita.
Máis información:
http://www.raoulwallenberg.net/?es/salvadores/polacos/karski/jan-karski-mensajero.5050202.htm
http://www.letraslibres.com/index.php?art=10861
Informa Maribel Ferreiro
quarta-feira, 16 de junho de 2010
Israel; a primeira trincheira. De Josep Carles Laínez

Autor: Josep Carles Laínez
Edita: Asociación Galega de Amizade con Israel (2010)
ISBN: 978-84-613-6533-3
Por Pedro Gómez-Valadés*
Na retagarda non sempre se ten plena consciencia do que sucede nas trincheiras. E malia a cercanía - virtual - que os medios de comunicación ofrecen neste terceiro milenio, na comodidade dos nosos salóns e dos nosos cafés o cidadán medio galego e europeo - e grazas en grande medida a distorsión da realidade que eses mesmos medios lle ofrecen -, este cidadán de a pé non pode ver nin sentir a realidade do que nas rúas e campos de Israel nos estamos a xogar. A xogar nós. Por suposto que Israel xoga e loita pola súa supervivencia mais tamén nós, xogámonos e moito nas bíblicas terras do Leite e do Mel. Permítaseme este símil tan guerreiro para ilustrar cal é a miña visión do que representa, do que se xoga Israel e con el as nosas democracias occidentais nas terras do confín leste do noso mar, do Mare Nostrum. Porque a distancia xeográfica, unida á desinformación enfermiza e planificada dos nosos mass media con respecto a Israel e o seu conflito polo dereito a vivir e a vivir en paz, sen dúbida todo o atenúa, e Europa, sobre todo a nosa benquerida e acomodada Europa, non entende na súa enteira dimensión o que o conflito de Medio Oriente representa no fronte aberta pola yihad internacional contra Occidente e contra todo o que Occidente representa. Confeso a miña incomprensión e perplexidade cos meus concidadáns europeos que non queren ver - e non hai peor cego que o que escolle de propia vontade non querer ver - o que Israel representa como dique de contención e como primeira trincheira, e o que suporía para a nosa cultura, a nosa civilización a súa caída. Mais a pesar dos inmensos perigos aos que estamos sometidos, as gravísimas ameazas ás que debemos facer fronte, non direi máis nada ao respecto. E por qué non direi máis nada? Pois porque de seguido o amábel lector ten un libro único, unhas páxinas que pola súa claridade e lucidez deberan ser de lectura obrigada e que farían redundante que eu me estendera no que con moita mellor pluma explica e plantexa o meu amigo Josep Carles Laínez. E para maior satisfacción este imprescindíbel libro está escrito na vella lingua de Rosalía. Non só publicado en galego, cousa evidente, senón escrito en galego. Excuso dicir o que para o noso ferido idioma, para o idioma galego supón a achega que o meu bo amigo e javer Josep Carles Laínez representa con este o seu Israel: a primeira trincheira. E ademais do galano que para as letras galegas Josep Carles nos ofrece, estas páxinas de Israel: a primeira trincheira abordan desde unha perspectiva pouco tratada a ligazón fulcral que o sionismo como movemento de liberación nacional ten cos nacionalismos europeos, a pesar da penosa teima que algúns nacionalistas das diferentes nacións sen Estado de Europa insisten en manter de distanciamento, incomprensión cando non de rexeitamento para co movemento nacional do Pobo xudeu. E Laínez fálanos dos vínculos, do que nós en tanto que cidadáns das Europas temos en xogo na primeira trincheira. En Israel.
* Pedro Gómez-Valadés é presidente de AGAI
