quinta-feira, 20 de setembro de 2012
O rabino de Bacherach. De Heinrich Heine
quarta-feira, 25 de julho de 2012
"Israel siglo XXI: Tradición y vanguardia". Varios autores
Coordinadores: Alfredo Hidalgo Lavié y Jacqueline Tobiass
Editorial: Netbiblo (A Coruña)
A editorial coruñesa Netbiblo ven de editar un interesante libro de autoría colectiva, no que se fai unha ampla radiografía do Estado de Israel, desde a súa independencia até a entronización de Tel Aviv como cidade modernísima e refuxio privilexiado dos colectivos de gais e lesbianas. A publicación, na que interveñen dezaoito autores españois e israelís na súa maioría, aproveitou o aniversario dos 25 anos do establecemento de relacións diplomáticas entre Madrid e Jerusalém, para ofrecer aos lectores hispanofalantes unha visión caleidoscópica de Israel, practicamente imposíbel de obter a través das sesgadas imaxes que a diario difunden os medios de comunicación.
O volume, escrito de forma amena e rigorosa por investigadores, docentes universitarios, xornalistas, arquitectos ou diplomáticos como Alejandro Baer, José Antonio Lisbona, Natan Lerner, Herzl Inbar, Pilar Rahola, Rosa Moro, Esther Bendahan ou Horacio Vázquez Rial, aborda a antigüidade bíblica, os balbuceos do Estado ou a Shoáh, pero tamén analiza as institucións democráticas do país, o seu pluralismos social e multicultural, a súa implicación exemplar na cooperación internacional, o seu rechamante -por elevadísimo- desenvolvemento técnico e científico, ou as súas achegas arquitectónicas e culturais.
Un traballo colectivo, en suma, cuxa lectura é máis que recomendabel.
quarta-feira, 28 de março de 2012
segunda-feira, 5 de março de 2012
quinta-feira, 1 de março de 2012
El jardín de los Justos. De Gabriele Nissim

- El Jardín de los Justos
- Gabriele Nissim
- Editorial: KAILAS
- ISBN: 84-934072-1-6
- Prezo: 20,85
- Idioma: español
El jardín de los justos conta a vida do xuiz Moshe Bejski, presidente desde 1970 ate 1995 da Comisión dos Xustos dentro da institución Yad Vashem de Jerusalén. Vítima do Holocausto, ao que consiguiu sobrevivir grazas a axuda de Oscar Schindler (Besjki é unha das 1.200 persoas da famosa Lista), Moshe Bejski dedicou o resto da súa vida a buscar a aqueles que, coma o empresario alemán, realizaron accions altruistas de salvamento en favor dos xudeus. Estas persoas recibiron o recoñecemento ao seu valor coa plantación dunha árbore no chamado Xardín dos Xustos en Jerusalén, onde na actualidade lémbranse a máis de 15.000 salvadores dos xudeus.
A modo de biografía, o periodista italiano Gabriele Nissim documenta a vida de Moshe Bejski, a vez que reconstrue os casos máis significativos dos xustos do Holocausto. Historias reais e heroicas, protagonizadas por xente corrente, que ilustran as posibilidades do individuo para loitar contra o mal autorizado pola lei. Ao mesmo tempo, co seu relato Nissim trascende o mero documento histórico e biográfico e toma o relevo a Bejski, creando a base teórica dunha orixinal e revolucionaria perspectiva histórica: a memoria do ben nun xenocidio.
Informa: IPL
quinta-feira, 19 de janeiro de 2012
quinta-feira, 12 de janeiro de 2012
Esther Bendahan Cohen narra a desintegración do mundo sefardí

sexta-feira, 23 de dezembro de 2011
Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan. De Wolfgang Koeppen

.
http://www.rinoceronte.es/catalogo/contemporanea/cont032.htm
domingo, 18 de dezembro de 2011
Destinada al crematorio. De Mercedes Núñez Targa
Prezo: 16,00
domingo, 6 de novembro de 2011
Yehudi (Relectura de Papini). De Salvador de Pablos López

II PREMIO HONTANAR DE NARRATIVA BREVE 2003
Yehudi (Relectura de Papini)Salvador de Pablos López
Idioma. español
ISBN: 84- 95728-12-5
Páx.: 90
Prezo: 9 €
O relato Yehudi (Relectura de Papini), narra as vivencias dun novo estudante español, bolseiro en París nos anos sesenta. Nesa cidade coñecerá a Rosana, e tamén a un enigmático personaxe, Yehudi, xudeus ambos, amizade que lle levará a reflexionar sobre algúns aspectos da historia do pobo xudeu. Así mesmo, durante a súa estancia, o protagonista aproveitará para reler as cartas dun familiar seu, exiliado en Francia despois da Guerra Civil Española, a través das cales irá recompondo a súa dramática experiencia.
segunda-feira, 3 de outubro de 2011
La estrella amarilla. De Jennifer Roy

" En 1939 os alemáns invadiron a cidade de Lodz, Polonia. Obrigaron a toda a poboación xudía a vivir nunha pequena parte da cidade á que chamaron ghetto. Rodeárona con aramados e colocaron gardas nazis para que ninguén saíse de alí. No ghetto de Lodz vivían 270.000 persoas. En 1945 a guerra terminou. Os alemáns rendéronse e o ghetto foi liberado. Do máis de cuarto de millón de persoas alí recluídas só 800 conseguiron saír con vida. Entre os sobreviventes unicamente había unha ducia de nenos. Eu era un deses nenos ".
Prezo: 12,50 euros
segunda-feira, 5 de setembro de 2011
Saudades de Kissinger. De Etgar Keret
182 páxinas
ISBN 978-84-92866-21-2
16 €
Edita: Rinoceronte editora
Etgar Keret ( Tel Aviv, 1967) é un dos escritores máis populares entre a mocidade de Israel. Combina a escritura co seu traballo de profesor no departamento de Cine da Universidade de Tel Aviv e a dirección cinematográfica. A súa obra literaria traduciuse a dezaseis linguas e filmáronse máis de corenta curtametraxes baseadas nas súas historias. É descrito como a voz hippy e posmoderna da sociedade israelí contemporánea, un pobo no que xentes da mesma idade poden ser soldados, relixiosos ultraortodoxos, árabes-israelís ou inmigrantes que acaban de chegar. Os seus escritos son unha porta aberta ao diálogo con todos eses grupos tan diferentes, e quizais esa sexa a base dun éxito que logrou impoñerse a autores consagrados mundialmente como Amos Oz ou A. B. Yeoshua. Porén, Etgar Keret foi acusado de contribuír a que os mozos israelís empreguen unha linguaxe pobre e chea de referencias á violencia e ao sexo, ademais de ser cualificado de antisemita no Parlamento do seu país.
O anxo sempre levaba posta unha gabardina para que non se lle visen as ás. No cemiterio, os rapaces tirábanlles pelotas de tenis ás lápidas: se lle daban á tumba dun oficial era punto para eles, se lle daban á dun recruta, o punto era para o cemiterio. Un mago repasa a súa listaxe de trucos antes de saír a escena. Logo, no autobús, coincide con alguén que viaxa cun coitelo tan grande que ocupa dous asentos.
Un mesmo ruído de fondo entrelaza este conxunto de relatos de Etgar Keret. Está formado polo estalo de multitude de pesadelos que se confunden coa realidade. Os soños protectores atenúan tanto barullo, mais as vidas dos protagonistas só conseguen evadirse das hostilidades do día a día durante o breve escintileo que se produce no intre do espertar.





