quinta-feira, 28 de fevereiro de 2008
terça-feira, 29 de janeiro de 2008
Presentación na Coruña

FAKTORÍA K PRESENTA ESTE XOVES DÍA 31 NA FNAC (A CORUÑA) O ÉXITO LITERARIO “O NENO DO PIXAMA A RAIAS”
A tradución ao galego da novela de John Boyne está entre os libros máis vendidos e axiña haberá dispoñible unha segunda edición. A editorial Faktoría K vén de publicar en galego “O neno do pixama a raias”, o éxito literario do escritor irlandés John Boyne, traducido por Daniel Saavedra, do que se levan vendido millóns de exemplares en todo o mundo. A obra, que forma parte da nova colección Narrativa K, presentarase na FNAC da Coruña este xoves día 31 de xaneiro, ás 19:30 horas.
A tradución ao galego da novela de John Boyne está entre os libros máis vendidos e axiña haberá dispoñible unha segunda edición. A editorial Faktoría K vén de publicar en galego “O neno do pixama a raias”, o éxito literario do escritor irlandés John Boyne, traducido por Daniel Saavedra, do que se levan vendido millóns de exemplares en todo o mundo. A obra, que forma parte da nova colección Narrativa K, presentarase na FNAC da Coruña este xoves día 31 de xaneiro, ás 19:30 horas.
quarta-feira, 9 de janeiro de 2008
EL LARGO VIAJE de Jorge Semprún
Con "EL LARGO VIAJE", Jorge Semprún rompía un longo silencio: en 1945, tras ser liberado do campo de concentración de Buchenwald, obrigado a escoller entre contar ou vivir, entre a escritura ou a vida, elixiu vivir. Con todo, durante case vinte anos, foi madurando a súa experiencia concentracionaria: como contar o inenarrable? Por fin, en 1963, publicou en Francia "A longa viaxe" (merecedor en 1964 do Premio Formentor e do Prix da Résistance): atopara o modo de escribir o longo camiño cara ao horror. Rescatamos, pois, un libro mítico e indispensable na loita do home contra o esquecemento. Corre o ano 1943. Nun angosto vagón de mercadurías precintado, cento vinte deportados cruzan as terras francesas camiño do campo de concentración. É unha viaxe claustrofóbica, vexatorio: os corpos amoreados caen de esgotamento, un perde a conta dos días que leva alí, e nin sequera sabe onde nin cando rematará. E, no entanto, ás veces, unha simple palabra que pronuncia un compañeiro esperta toda clase de recordos, apenas o único que queda neses momentos. Así, mediante saltos ao pasado, pero tamén ao futuro. Edita: Tusquets
terça-feira, 8 de janeiro de 2008
Descarga a revista "Alef" en pdf.
Novo número da revista “Alef” editada pola Casa Sefarad-Israel que pode descargarse AQUÍ en formato pdf.Descargar os número anteriores:
• ENERO 2008 - ALEF N° 4• DICIEMBRE 2007 - ALEF N° 3• NOVIEMBRE 2007 - ALEF N° 2• OCTUBRE 2007 - ALEF N° 1• SEPTIEMBRE 2007 - ALEF N° 0
domingo, 6 de janeiro de 2008
ATLAS DE LA CIVILIZACIÓN JUDÍA

ATLAS DE LA CIVILIZACIÓN JUDÍA
192 páxinas
Cartoné con sobrecuberta
Ilustrado a cor
Idioma español
ISBN: 84-662-0918-2
Eis un Atlas histórico moi documentadom ameno e profusamente ilustrado con fotografías e mapas desde a formación do pobo de Israel ate os nosos días, sobre a cultura e civilización xudía que repasa as distintas expulsións, persecucións e éxodos sufridos polo pobo hebreo, o Holocausto ao que foi sometido durante o nazismo e todos os hitos importantes da súa milenaria historia.
Edita: Editorial LIBSA
sábado, 5 de janeiro de 2008
David Galante, o autor do libro é orixinario da Illa de Rodas e sobrevivinte do campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau. Eis a web libro www.undiamasdevida.com.ar
Podes DESCARGAR AQUÍ un fragmento do libro en PDF.
terça-feira, 1 de janeiro de 2008
quinta-feira, 20 de dezembro de 2007
Israel. Onttem e Hoje. De Joshua Ruah e Esther Munczenik
de Joshua Ruah , Esther Muczenik
Preço: EUR 18,90/ EUR 15,12
Editor: Difel
ISBN: 9789722908498
Ano de Edição/ Reimpressão: 2007
N.º de Páginas: 400
Idioma: portugués
Preço: EUR 18,90/ EUR 15,12
Editor: Difel
ISBN: 9789722908498
Ano de Edição/ Reimpressão: 2007
N.º de Páginas: 400
Idioma: portugués
Um abrangente e culturalmente fundamental projecto editorial sobre a História do Estado de Israel, com textos de: António Marujo, Avraham Milgram, Colette Avital, Francisco José Viegas, Henrique Cymerman, Jacob Ritten, João Marques de Almeida, João Pereira Coutinho, Manuela Franco, Nava Tevet, Pinhas Bibelnik, Vasco Rato, entre outros. Nos mapas medievais, Jerusalém era o centro do mundo. E em muitos aspectos continua a sê-lo do ponto de vista dos meios de comunicação internacionais. Os jornalistas costumam dizer que basta deixar uma câmara de televisão ligada, a gravar apenas meia hora em qualquer cidade de Israel, ir tomar um café e no regresso verificar: «Já temos uma reportagem.» Não há nenhum país no mundo com tanta riqueza humana, contradições, raças, religiões, línguas, conflito e drama como neste pequeno país do tamanho da Galiza, cenário do best-seller n.º 1 da humanidade, a Bíblia. «Demasiada história para pouca geografia», costumava dizer o fundador do Estado, David Ben-Gurion. Como comentava um jornalista japonês, Israel e o Médio Oriente são por excelência o parque de atracções dos jornalistas. E eu acrescentaria que frequentemente se limita a ser a vertiginosa montanha russa do mundo jornalístico. Há, actualmente, 28 conflitos abertos no mundo, 25 deles islamitas: de Caxemira até à Chechénia, do Sudão até à Palestina. Nenhum deles, no entanto, goza da cobertura que tem o Médio Oriente. Haim Weizmann, o primeiro presidente do Estado de Israel, questionava-se há mais de 50 anos: «O que é que nos distingue dos outros povos?», ao mesmo tempo que respondia: «Somos exactamente o mesmo, só que um pouco mais.» Henrique Cymerman
(…) Este pedaço de terra mais pequeno do que o Alentejo tem um passado que se perde na noite dos tempos; nele nasceram religiões que influenciaram decisivamente o devir da humanidade; ponto de passagem entre os continentes, foi objecto de incontáveis disputas; foi cobiçado, idealizado, celebrado em verso e em canto, sacralizado e venerado, investido pela paixão religiosa e política como talvez nenhum outro em toda a terra. Assim foi no passado, assim é no presente… (…) Jorge Sampaio
(…) Este pedaço de terra mais pequeno do que o Alentejo tem um passado que se perde na noite dos tempos; nele nasceram religiões que influenciaram decisivamente o devir da humanidade; ponto de passagem entre os continentes, foi objecto de incontáveis disputas; foi cobiçado, idealizado, celebrado em verso e em canto, sacralizado e venerado, investido pela paixão religiosa e política como talvez nenhum outro em toda a terra. Assim foi no passado, assim é no presente… (…) Jorge Sampaio
Podes mercalo online aqui: http://www.webboom.pt/ficha.asp?ID=166622
Dossier K, de Imre Kertész

Dossier K
Autor: Imre Kertész
Editorial Acantilado. Barcelona (2007).
207 páxs.
16 Euros.
Imre Kertész (Budapest, 1929), premio Nobel de literatura 2002, di que a orixe deste libro está nunhas conversacións gravadas co seu editor, Zoltán Hafner, nos anos 2003 e 2004. Baseándose nestas conversas, decide manter a estrutura da entrevista e escribir este libro plenamente autobiográfico. O seu interlocutor é unha especie de heterónimo que sabe demasiadas cousas sobre a vida de Kertész e que pregunta de xeito incisivo, nada compracente, levando ás veces a contraria ao seu entrevistado. Kertész explaiase sobre aspectos que abordou doutro xeito nos seus libros máis coñecidos, en especial en "Sen destino", "Fracaso" e "Diario da galera". En toda a súa obra hai unha proxección do autobiográfico, convertido en ficción novelesca pero que ten unha inmediata conexión con feitos dunha vida marcada pola experiencia de Auschwitz e polo peso dos totalitarismos, temas que abordou na súa interesante colección de ensaios "Un instante de silencio no paredón". Neste longo diálogo, Kertész fala dos temas que máis lle preocupan: a relación entre realidade e ficción, as cicatrices do Holocausto, a súa singular experiencia xudía, a súa tímida e etérea relixiosidade, a presenza do mal, a obsesión das ditaduras por aniquilar aos individuos... Estes temas de fondo son abordados ben de xeito directo ou a través das referencias á súa biografía. Kertész relata moitos episodios familiares, como a separación dos seus pais e os feitos que rodean o argumento da súa novela máis celebrada, "Sen destino", que relata en clave novelesca a súa deportación, con catorce anos, aos campos de exterminio de Auschwitz e Büchenwald. Tamén fala do seu ingreso no partido comunista húngaro e a súa posterior decepción, da triste e gris vida nun réxime totalitario, das súas inquietudes literarias, dalgunhas das lecturas que máis lle marcaron (Thomas Mann, Albert Camus, Thomas Bernhard, Platón, Schopenhauer...), o seu fracasado matrimonio, o tardío éxito literario... O libro serve de excelente complemento á súa carreira literaria, pois axuda a profundar nese obsesivo, pesimista e agónico eu, que é a materia narrativa de todas as súas inquietantes obras.
Edita: Acantilado
domingo, 16 de dezembro de 2007
A Conspiração Judaico-Maçónica, de Alain Goldschlager e Jaques Charles Lemaire

A Conspiração Judaico-Maçónica
Autor: Alain Goldschläger e Jaques Charles Lemaire
Nº páxs: 148Formato: 150 x 230 mm /// Xénero: Ensaio
Autor: Alain Goldschläger e Jaques Charles Lemaire
Nº páxs: 148Formato: 150 x 230 mm /// Xénero: Ensaio
Idioma: portugués
PVP: 17,85 € (17 € + IVA)
PVP: 17,85 € (17 € + IVA)
Cal é o poder efectivo da masonaria na orde mundial? Desfacer todas as dúbidas en torno do mito de unha grande conspiración xudaico-masónica é o obxectivo da máis recente –e polémica– obra de Alain Goldschläger e Jaques Charles Lemaire. Os autores poñen en causa a “inxenuidade” dunha teoria que xustificou, no pasado, os intentos criminosos e sangrentos de fundamentalistas Católicos, Islámicos e de Extrema-Dereita. «As conspirações existem; a conspiração, não». Se é incuestionábel que en todas as épocas do pasado foran urdidas manobras para mudar unha situación política, como foran os casos de, por exemplo, o asasinato de Júlio César ou o fin «forzado» de Napoleon, os investigadores Goldschläger e Lemaire defenden que non é posíbel, nin historicamente plausíbel, falarse dunha grande conspiración mundial xudaico-masónica. Nunha obra que pretende deitar por terra unha teoria que xustificou acontecementos como o Holocausto, e demonstrar a absurda lóxico a histórica da alianza atribuída aos xudeus e aos franmasons, os autores parten dunha análise histórica e sociolóxica para atribuir ao poder do mito unha “lóxica de exploración”, implementada através da manipulación histórica e argumentativa por parte de determinados axentes. Segundo os autores, o mito – que tivo orixe no final do séc. XIX – subsiste na actualidade através dos “insuspeitos” medios da literatura e do cinema: James Bond xa non defende a honra ou vida da raiña de Inglaterra, para se opor ás pretensións de dominio mundial do Spectre. Por outro lado, Luke Skywalker salva as galáxias das garras do «Imperio do mal». Para Goldschläger e Lemaire, estas ficcións arríscanse a criar, inadvertidamente, un terreno fértil para os espíritos fracos, mais inclinados a aceitar unha explicación simplista e totalizante do real. «A Conspiraçao Judaico-Maçónica» é unha obra explicativa, que pretende lanzar unha alerta para os perigos do desvio de pensamento e da manipulación histórica e desfacer un mito que xá permitiu demasiados excesos, no nome de unha loita mobilizada polo extremismo.
Edita: OCCIDENTALIS
quinta-feira, 13 de dezembro de 2007
O neno do pixama a raias. De John Boyne
De John Boyne
Editirial Faktoria K (Editado en galego)
...Cremos que é importante empezar esta novela sen saber de que trata. Nembargantes, se decides embarcarte na aventura, debes saber que acompañarás a Bruno, un neno de nove anos, cando se muda coa súa familia a unha casa onda unha cerca. Hai milleiros de aramados coma ese en moitos sitios do mundo; só desexamos que nunca te atopes con ningún, e se o fas, que teñas forza para librarte del... Esta novela do escritor irlandés John Boyne vén de converterse nun fenómeno editorial de alto nivel: traduciuse a máis dunha vintena de idiomas, xa leva vendidos 100.000 exemplares en castelán, foi líder de ventas en Irlanda durante 35 semanas e tense feito unha adaptación cinematográfica. Unha fábula literaria para todos os públicos, que bebe de fontes como Charles Dickens, John Irving, Philip Roth, Anne Tyler ou Alexandre Dumas...Existen no mercado editorial moitas propostas sobre esta temática, pero poucas en galego e do calado de "O neno do pixama a raias". A esta súmanse títulos como "A historia de Erika", de Ruth Vander Zee e Roberto Innocenti (dispoñible en galego), "Sálvate Elías!", de Elisabeth Brami e Bernard Jeunet (dispoñible en galego), e "Diario de Ana Frank" editados todos eles pola editorial KALANDRAKA.
Sálvate Elías! de Elisabeth Brami e Bernard Jeunet

Sálvate Elías!
De Elisabeth Brami e Bernard Jeunet
Editorial Kalandraka
Fómonos sen botar a chave. Mamá choraba. Era unha mañá de xuño, pouco antes do final de curso. Eu estaba xogando ás damas con trociños de pan sobre o hule a cadros da cociña. O señor Perrier, o veciño, que era policía, chamou á porta.
"Sálvate Elías!" é un libro tanto para nenos como lectores adultos. Un libro para toda a vida, que sempre permanecerá na memoria. Un libro que os máis pequenos comprenderán aos poucos, a medida que saiban que son as guerras, os efectos que producen nas súas vítimas e a pegada que deixan na nosa historia. O protagonista deste relato ambientado en Francia é un neno xudeu de sete anos ao que os seus pais deixan ao coidado duns granxeiros para protexerlle da persecución que sofren os xudeus durante a II Guerra Mundial. Con outra identidade e unha familia postiza, Elías afronta a nenez, unha etapa da vida na que os sentimentos teñen unha forza incalculable: forza, valentía, pero tamén medo e desconfianza a que descubran a súa verdade. Elías non quere perder a esperanza de que os seus pais volvan algún día a por el. Mentres, a realidade ofrécelle a súa cara menos amable: ridiculizano no colexio, os maiores rexéitano pola súa orixe xudea e só é amable con el unha nena, que lle fai espertar emocións especiais. Elías atópase indefenso ante un mundo sen piedade, capaz de aniquilarse a si mesmo e á súa principal fonte de futuro: a infancia. O libro está dedicado a nenos que, como Elías, sobreviviron á masacre que padeceu o pobo xudeu; pero sobre todo, a aqueles que non tiveron esa sorte. Élisabeth Brami crea un relato rebosante de sensibilidade que atopa o seu complemento ideal na orixinal e laboriosa proposta artística de Jeunet, baseada nas técnicas do collage e a escultura en papel e cartón, caracterizada pola meticulosidade dos detalles e os tons sombríos, que acentúan a sensación de angustia que transmite a historia.
Edita KALANDRAKA
Assinar:
Postagens (Atom)


