
Un resumo en castelán.
A crónica no New York Times.
A nova en The Jewish Daily Forward.
A opinión de Rafael Robles, que traballou coma proferor de español en Irán, e plasmou as súas experiencias no libro Leer El Quijote en Teherán.




Vida y muerte en el Tercer Reich
Peter Fritzsche
Sinopse
«¿Necesitamos outra historia do Tercer Reich?», pregúntase Benjamin Ziemann en History Today. Si, responde, se un historiador rigoroso e imaxinativo é capaz de captar as dimensións descoñecidas da vida na Alemaña nazi, como fixo Fritzsche nesta, «a máis innovadora historia do Tercer Reich que se ten publicado». Peter Fritzsche móstranos nestas páxinas a realidade da vida cotiá na Alemaña nazi desde a proximidade do vivido, apoiándose en cartas e diarios persoais dos dirixentes, dos cidadáns e ate dos xudeus perseguidos, que nos descobren unha sociedade que estaba moito máis integrada no proxecto nazi do que adoita crerse. Como dixo Thomas Childers, da Universidade de Pensilvania, «esta visión resulta máis terrible que o tópico habitual dun populacho sometido pola propaganda e o terror. Fritzsche non só nos ofrece unha análise dunha admirable claridade, senón que o seu libro contén pasaxes de tal intensidade humana que levan ao lector ao estremecemento».
Datos técnicos
Colección Memoria Crítica
Páxinas 360
Formato 15,5 x 23 cm
Encadernación Tapa Dura
Código 969168 ISBN 978-84-7423-863-1
http://www.ed-critica.es/libro/vida-y-muerte-en-el-tercer-reich-978847423863


Título: Guía políticamente incorrecta de Israel y Oriente Medio
Autor: Martin Sieff
Editorial: Ciudadela Libros
Colección: Ensayo
Prezo: 17,90 €
Páxinas: 240
Publicación: 06/02/2009
ISBN-10: ISBN-EAN: 9788496836440
Formato: Rústica
A pura e dura verdade sobre a comunidade de veciños peor avenida do planeta.
É certo que desde que Israel ergueu o muro outros países musulmás están seguindo o seu exemplo? Cal foi o verdadeiro papel de Arabia Saudí nos ataques do 11-S? Quen empezou a Guerra dos Seis Días? E quen gañou a Guerra do Yom Kipur?
En Oriente Medio, as distorsións que causa a ideoloxía politicamente correcta poden cuantificarse nas mortes diarias de civís iraquís, soldados occidentais, disidentes iranianos, xudeus e palestinos. A inextinguible fe na maxia da democracia por un lado, e o pechar os ollos diante da verdadeira natureza do islam polo outro, son dúas das moitas ilusións “politicamente correctas” que agravan o conflito e que expanden a violencia pola rexión máis quente do mundo. A guía politicamente incorrecta de Israel e Oriente Medio está escrita desde o coñecemento de quen viviu nesta rexión como correspondente de guerra durante décadas. O resultado: un lúcido repaso á Historia do século xx na rexión, unha aproximación para coñecer como son e como pensan os israelís e os distintos pobos árabes, e unha lectura imprescindible para comprender o conflito máis importante do noso tempo. Oriente Medio está sempre presente nas noticias, pero sabía vostede…?:
Que quen máis apoiou a creación do Estado de Israel non foi Estados Unidos, senón Francia e Gran Bretaña. (E que o primeiro presidente americano en apoiar a Israel foi… J.F. Kennedy).
Que o conflito árabe-xudeu precede á creación do Estado de Israel e que varios países árabes apoiaron a Hitler na II Guerra Mundial.
Que papel tivo Winston Churchill no deseño político da rexión (e que lle recomendou facer Lawrence de Arabia).
O actual terrorismo fundamentalista non é propio do islam tradicional (e si o resultado da súa fusión coas ideas utópicas do século xx).
Que non só para moitos progresistas norteamericanos, senón tamén para boa parte dos conservadores, a invasión de Iraq foi un tremendo e monumental erro.
O autor: Martin Sieff é editor xefe de internacional en United Press International. Antes de desempeñar este posto foi correspondente en Oriente Medio durante corenta anos, e foi reporteiro para o Washington Times, National Review, The Belfast Telegraph e Times. Foi nominado tres veces para o Premio Pulitzer na categoría de reportaxes internacionais. Rafael L. Bardají é licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola UCM. Foi subdirector de Investigación e Análise do Real Instituto Elcano e fundador do Grupo de Estudos Estratéxicos (GEES). É membro do Instituto Internacional de Estudos Estratéxicos (IISS) de Londres, do Consello Internacional do Institute for Foreign Policy Analysis (IFPA) de Massachusetts e do Conseil Economique da Défense. Para máis información: Descargar nota de prensa
Reseña de Maribel Ferreiro. Máis información do libro en granvia@espaciodolector.com



JERUSALEN: IDA Y VUELTA
de Saul Bellow
EDICIONES PENINSULA, S.A.
Lingua: CASTELLANO
Encadernación: Capa branda
ISBN: 9788483076187
Colección: ALTAIR VIAJES
Nº Edición:1ª
Ano de edición:2004
Praza edición: BARCELONA
Xerusalén, testemuño impactante e atractivo, é tamén un intento rigoroso para chegar a entender a historia e o futuro de Israel. Bellow anota as diversas opinións, paixóns e soños de distintos israelís (Yitzak Rabin, Amos Oz, o editor do xornal de árabe máis grande de Israel, un Kibbutznik que escapou do gueto de Varsovia), mergullándose na cultura e as paisaxes deste "pequeno estado en crise permanente", e engade as súas propias reflexións sobre ser xudeu no século XX. A viaxe de Saul Bellow non é simplemente unha exploración dunha bela cidade afectada de problemas, senón unha obra literaria de grande consideración e importancia que contén reveladoras reflexións e entrevistas repletas de historia e literatura sobre os desafíos e o espírito único de Israel.

13 AÑOS QUE CAMBIARON EL MUNDO. MI VIDA EN EL MOSSAD
Ephraim Halevy
Editorial: Ediciones B
ISBN: 8466633936
Tras anos de traballo no Mossad, e sendo director da recoñecida axencia de intelixencia israelí entre 1998 e 2002, Ephraim Halevy abre os seus arquivos persoais e proporciona ao lector unha mirada lúcida e detallada sobre os asuntos que contribuíron de maneira decisiva a cambiar a historia do mundo. Desde o final da guerra Irán-Iraq en 1988 até os atentados da Al Qaeda contra as Torres Xemelgas en 2001, transcorreron trece anos nos que o papel de Israel e as súas relacións foron determinantes para a formación das actuais políticas globais. Nesta apaixonante crónica, Halevy detense non só sobre feitos concretos do pasado, trazando perfís de importantes personaxes como Yaser Arafat, Sadam Hussein, Hafiz Al-Assad, Muamar Gadafi, Bill Clinton, George Bush pai e George Bush fillo, senón tamén sobre asuntos máis recentes, como os atentados de Madrid e Londres.