
quinta-feira, 19 de janeiro de 2012
quinta-feira, 12 de janeiro de 2012
Esther Bendahan Cohen narra a desintegración do mundo sefardí

sexta-feira, 23 de dezembro de 2011
Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan. De Wolfgang Koeppen

.
http://www.rinoceronte.es/catalogo/contemporanea/cont032.htm
domingo, 18 de dezembro de 2011
Destinada al crematorio. De Mercedes Núñez Targa
Prezo: 16,00
domingo, 6 de novembro de 2011
Yehudi (Relectura de Papini). De Salvador de Pablos López

II PREMIO HONTANAR DE NARRATIVA BREVE 2003
Yehudi (Relectura de Papini)Salvador de Pablos López
Idioma. español
ISBN: 84- 95728-12-5
Páx.: 90
Prezo: 9 €
O relato Yehudi (Relectura de Papini), narra as vivencias dun novo estudante español, bolseiro en París nos anos sesenta. Nesa cidade coñecerá a Rosana, e tamén a un enigmático personaxe, Yehudi, xudeus ambos, amizade que lle levará a reflexionar sobre algúns aspectos da historia do pobo xudeu. Así mesmo, durante a súa estancia, o protagonista aproveitará para reler as cartas dun familiar seu, exiliado en Francia despois da Guerra Civil Española, a través das cales irá recompondo a súa dramática experiencia.
segunda-feira, 3 de outubro de 2011
La estrella amarilla. De Jennifer Roy

" En 1939 os alemáns invadiron a cidade de Lodz, Polonia. Obrigaron a toda a poboación xudía a vivir nunha pequena parte da cidade á que chamaron ghetto. Rodeárona con aramados e colocaron gardas nazis para que ninguén saíse de alí. No ghetto de Lodz vivían 270.000 persoas. En 1945 a guerra terminou. Os alemáns rendéronse e o ghetto foi liberado. Do máis de cuarto de millón de persoas alí recluídas só 800 conseguiron saír con vida. Entre os sobreviventes unicamente había unha ducia de nenos. Eu era un deses nenos ".
Prezo: 12,50 euros
segunda-feira, 5 de setembro de 2011
Saudades de Kissinger. De Etgar Keret
182 páxinas
ISBN 978-84-92866-21-2
16 €
Edita: Rinoceronte editora
Etgar Keret ( Tel Aviv, 1967) é un dos escritores máis populares entre a mocidade de Israel. Combina a escritura co seu traballo de profesor no departamento de Cine da Universidade de Tel Aviv e a dirección cinematográfica. A súa obra literaria traduciuse a dezaseis linguas e filmáronse máis de corenta curtametraxes baseadas nas súas historias. É descrito como a voz hippy e posmoderna da sociedade israelí contemporánea, un pobo no que xentes da mesma idade poden ser soldados, relixiosos ultraortodoxos, árabes-israelís ou inmigrantes que acaban de chegar. Os seus escritos son unha porta aberta ao diálogo con todos eses grupos tan diferentes, e quizais esa sexa a base dun éxito que logrou impoñerse a autores consagrados mundialmente como Amos Oz ou A. B. Yeoshua. Porén, Etgar Keret foi acusado de contribuír a que os mozos israelís empreguen unha linguaxe pobre e chea de referencias á violencia e ao sexo, ademais de ser cualificado de antisemita no Parlamento do seu país.
O anxo sempre levaba posta unha gabardina para que non se lle visen as ás. No cemiterio, os rapaces tirábanlles pelotas de tenis ás lápidas: se lle daban á tumba dun oficial era punto para eles, se lle daban á dun recruta, o punto era para o cemiterio. Un mago repasa a súa listaxe de trucos antes de saír a escena. Logo, no autobús, coincide con alguén que viaxa cun coitelo tan grande que ocupa dous asentos.
Un mesmo ruído de fondo entrelaza este conxunto de relatos de Etgar Keret. Está formado polo estalo de multitude de pesadelos que se confunden coa realidade. Os soños protectores atenúan tanto barullo, mais as vidas dos protagonistas só conseguen evadirse das hostilidades do día a día durante o breve escintileo que se produce no intre do espertar.
sábado, 27 de agosto de 2011
A mirada cómica dun xudeu
É certo que, desde os comezos, para os xudeus, a traxedia non conduce necesariamente, como para os gregos, ao pranto e ao desasosego. Fronte ao tráxico secular e cotián, fronte ás eternas persecucións e vexacións, o xudeu prefire rir, coma se descubrise na miseria do mundo unha demostración do tremebundo humor divino. Que Deus faga morrer a Moisés xusto antes de alcanzar a Terra Prometida, parécelle unha broma inmensa, á medida daquel Que Todo O Sabe.
Joseph Buloff foi un dos máis grandes actores cómicos do teatro yídish. Nacido un ano antes do fin do século dezanove, en Vilnius, Lituania, Buloff traballou nos teatros de Europa do Leste até acabada a Primeira Guerra Mundial. En 1926 emigrou a Estados Unidos onde puxo en escena máis de duascentas obras, tanto no Yiddish Art Theatre de Maurice Schwartz como en Broadway. A súa actuación en "Morte dun viaxante" de Arthur Miller, que Buloff e a súa muller Luba Kadison levaron a Buenos Aires en 1949, foi tan exitosa, que Miller comentou que a versión yídish de Buloff era sen dúbida o orixinal e o texto en inglés unha feble tradución.
Cando Buloff morreu en 1985, deixou non só unha gran cantidade de versións dramáticas de diversos clásicos yídish e rusos, senón tamén varias novelas, das cales "Yósik, o do vello mercado de Vilnius" é talvez a mellor e sen dúbida a máis ambiciosa, un exemplo perfecto da visión cómica xudía do mundo. Vilnius era para os xudeus una desas cidades europeas de identidade múltiple, polaca, rusa, lituana, soviética, que lle daba unha calidade de Torre de Babel absurda, pero, por sobre todo, era un centro de sabedoría ancestral, a "Xerusalén do Norte".
A súa variada poboación, a súa longa historia, o feito de ser e ser a encrucillada de tantas culturas, fixo de Vilnius un escenario ideal para a comedia humana que Buloff quixo pintar. O seu modelo iconográfico foi Chagall e os seus ambientes feéricos; o seu material, a rica mitoloxía hasídica de contos e parábolas, nas que Deus comparte, de maneira sobrehumana, está claro, a azarosa sorte das súas criaturas. A universalidade do xénero picaresco ten matices e tons distintos en distintas culturas. En España, vascula entre a anécdota soez e a moralexa; en Inglaterra, entre a diferenza de clases e a caricatura social. Na literatura yídish, o heroe picaresco é parte Schlemil (bobo) e parte Lamed Vafkin (un dos 36 santos ocultos grazas aos cales o mundo non foi destruído). Yósik, o protagonista da novela de Buloff, é ambas as cousas, e a súa historia cómica, desde a súa infancia á súa idade adulta, coincide coa do tráxico pobo xudeu da Mitteleuropa do século XX.
Tártaros, gregos, turcos, habitantes das grandes chairas rusas, chineses e, por suposto, xudeus poboan o vello mercado de Vilnius que rexorde na memoria e a escritura de Buloff, e onde Yósik leva a cabo a súa aprendizaxe: como entenderse cos outros, como aproveitar as máis concisas oportunidades, como diferenciar granujas de boa xente, e como convivir con ambos, como protexerse de inimigos e de amigos: nunha palabra, como sobrevivir. Pero aínda esta mínima ambición debe ser filtrada a través da implacable ironía yídish. "É posible", dille o seu pai a Yósik, "que co alento de Deus nos teus pulmóns até poidas chegar a ser millonario algún día: se non de todo un millón, polo menos de dez mil rublos". Até a imposibilidade debe ser reducida a aquilo que un xudeu de Vilnius pode imaxinar como imposible.
É unha pena que esta edición, polo demais moi coidada, non respectase a ortografía correcta do nome do tradutor, o entrañable Jacobo Muchnik, morto hai xa máis de quince anos e autor de numerosas e memorábeis traducións.
terça-feira, 12 de julho de 2011
domingo, 22 de maio de 2011
Una judia americana perdida en Israel. De Sarah Glidden

UNA JUDÍA AMERICANA PERDIDA EN ISRAELAutor: Sarah GliddenColección: NÓMADASNº Colección: 39Series: UNA JUDÍA AMERICANA PERDIDA EN ISRAELEditorial: NORMA EditorialFormato: CartonéTamaño: 17 x 24Páginas: 208Color: ColorISBN: 978-84-679-0478-9 | |
SARAH GLIDDEN GAÑADORA DO PREMIO IGNATZ AO MELLOR NOVO TALENTO
terça-feira, 3 de maio de 2011
A Cova das Vacas Mortas. De Santiago Jaureguizar

Rústica cosido a fío
Código: 136509510
Outubro 2006


