sexta-feira, 14 de março de 2008

Fuí hija de supervivientes del Holocausto. De Bernice Eisenstein


Fuí hija de supervivientes del Holocausto
Bernice Eisenstein
Editorial Mondadori
192 páxinas.

Os pais de Bernice Eisenstein, xudeus polacos, coñecéronse no campo de concentración de Auschwitz pouco antes do final da segunda guerra mundial. Tras a súa liberación, contraeron matrimonio e instaláronse en Canadá. Os primeiros recordos de Bernice remóntanse á década de 1950, cando vivía coa súa familia nun barrio de xudeus emigrados de Toronto. Por entón, os seus pais esforzábanse en recuperar a normalidade e apenas falaban do Holocausto, aínda que a sombra do horror planeaba sobre eles como unha presenza inquietante. Cando era unha nena, a nova Bernice preguntábase de onde proviñan o medo da súa nai ou a furia do seu pai; ela era demasiado pequena para entendelo, pero notaba que ambos gardaban un segredo moi importante. A partir desta incerteza, do «vello secreto» naceu Fun filla de sobreviventes do Holocausto, un testemuño agudo, honesto e en ocasións satírico da experiencia aterradora de vivir baixo a sospeita de ser diferente, de pertencer a un grupo de individuos aos que miles de persoas condenaron ao berro de: «¡DEBEN MORRER!». Fun filla de sobreviventes do Holocausto conta ademais co traballo de ilustración da autora, retrato visual do desasosego e a memoria. Este libro pasou a formar parte dos clásicos do xénero; a crítica internacional así o considerou, situándoo xunto á obra de autores como Primo Levi, Elie Wiesel, Raul Hilberg ou Art Spiegelman.