quarta-feira, 8 de outubro de 2008

Xudeus e conversos galegos. De Roberto González Rouco


XUDEUS E CONVERSOS GALEGOS
Notas para unha historia pendente
Roberto González Rouco

Xudeus e conversos atoparon en Galicia un territorio tolerante onde puideron convivir sen confrontacións. Esta é a principal tese do libro, unha aproximación didáctica á historia do pobo xudeu e a súa presencia no noso país. O autor afirma que é constante a arribada de xudeus a Galicia dende as matanzas de 1391 e 1414, datas nas que principiou un anti-xudaísmo feroz en Andalucía, Estremadura ou Castela, o que obrigou aos xudeus e máis tarde aos conversos, a se refuxiar en Galicia e Portugal. 'Xudeus e conversos estaban introducidos na sociedade galega e compartían negocios, xogaban nenos cristiáns con nenos xudeus, eran membros dos concellos e tiñan oficios non permitidos aos xudeus no resto de España. Cando había conflictos entre cristiáns e xudeus, as autoridades impartían xustiza sen mirar a que crenza relixiosa pertencían'.Roberto González Rouco fai así mesmo un breve percorrido pola historia deste pobo, dende a súa entrada na Península na época do Rei David, o tempo dos romanos, suevos e visigodos, a época árabe, a inquisición... ata a loucura nazi e os tempos modernos. Esta obra Xudeus e conversos galegos. Notas para unha historia pendente recolle tamén outros aspectos históricos de relevancia como a participación dos xudeus nas revoltas irmandiñas a favor do pobo contra a nobreza, ou a súa intervención na redacción das Cantigas de Afonso X.
• Título: Xudeus e conversos galegos
• Subtítulo: Notas para unha historia pendente
• Autor: Roberto González Rouco
• Idioma: Galego
• Data 1ª edición: Outubro de 2008
• PVP: 17 euros
• ISBN: 978-84-89323-23-0
• Páxinas: 146
• Medidas: 13x23 cms
• Encadernación: tapa branda plastificada, con lapelas
• Colección: Oeste [divulgación&ensaio]
Presentación do libro -->
PREZO: 17,00 €

Edita: Alvarellos Editora

Roberto González Rouco naceu en lugo en 1957. É licenciado en Socioloxía e Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Autor do libro Galicia na encrucillada (1994), esta é a súa segunda obra.