Cairo Suite
Lucette Lagnado
Prezo: 20 €
ISBN: 978-84-8365-049-3
EAN: 978843650493
Data de publicación: maio de 2008
Formato: 15 x 24 (cartoné)
Páxinas: 416
Premio Sami Rohr de Literatura Xudía
Cunha prosa delicada e sentida, Lucette Lagnado recrea a maxestosidade do Cairo máis cosmopolita dos anos 50 e 60, entre a Segunda Guerra Mundial e a ditadura de Nasser. O seu pai, Leon, era un cabaleiro á antigua, vestido sempre impecablemente de branco, que manexaba os seus negocios desde a elegante terraza do hotel Shepheard ou desde o escuro e íntimo bar do hotel Hilton, a beiras do Nilo. Coa caída do rei Faruk e a nacionalización da industria, a familia Lagnado pérdeo todo; cambian os nomes das rúas, os barrios xudeus van desaparecendo e a cidade enteira empeza a expulsar a ate entón enorme influencia estranxeira que facía do Cairo un lugar onde se falaban todos os idiomas, escoitábase todo tipo de música, respectábanse todas as relixións... Os Lagnado senten que é hora tamén para eles de planear a súa saída. Con todas as súas pertenzas embaladas en vinteseis maletas, e as xoias e o ouro agochados en tarros de marmelada, Leon e a súa familia diríxense para calquera terra que estea disposta a acollelos. A pobreza e as estreitezas que sofren no seu periplo desde O Cairo ate Nova York, pasando por París, son o reverso da moeda das fermosas e confortables vidas que deixan atrás.Cairo Suite, como unha serie de movementos musicais encadeádevos, ofrece o retrato dunha época e unha familia que pasa do paradisiaco mundo cosmopolita e refinado á dura e difícil vida das xudeus no Novo Mundo. Unha historia chea de ritmo e sabores que se transforma na melodía dunha vida difícil pero apaixonante.