terça-feira, 27 de maio de 2008

'El asombroso swing del golem': béisbol e antisemitismo nos Estados Unidos dos anos 20


El asombroso swing del Golem é unha potente novela gráfica que narra unha historia ambientada nos Estados Unidos dos anos 20, protagonizada polos Stars of David, un modesto equipo de béisbol xudeu cuxos membros gañanse a vida viaxando en autobús de cidade en cidade enfrontándose a equipos locais. Nun momento de necesidade económica, o manager do equipo acepta unha curiosa proposta dunha axencia publicitaria: facer pasar a un membro do equipo por un golem, unha criatura mítica da cultura xudía, para aumentar así a espectación sobre o equipo nas cidades que visitan. O cómic foi publicado orixinalmente en 2001 en Estados Unidos, onde recibiu comentarios moi positivos entre prensa xeneralista (recibindo reseñas positivas en Time ou no Washington Post) e incluso unha nominación aos Premios Eisner. Tratátase do traballo máis coñecido do seu autor, James Sturm (Nova York, 1965) que pechou con esta obra unha triloxía temática de historias dedicadas a diferentes aspectos da historia e da sociedade de Estados Unidos. Sen embargo, a obra ten como handicap prestar moita atención a reflexar os partidos de béisbol desde unha óptica realista (alenxado do enfoque máis dinámico do cómic xaponés, como poda ser o caso de Bateadores (Touch) de Mitsuru Adachi), ao que dedica gran parte da obra, polo que o cómic require dunha importante predisposición do lector. Un factor que axuda a explicar que esta obra teña tardado sete anos en publicarse en España da man de Ediciones La Cúpula, que tamén publicou as outras dúas partes da triloxía
Tratáse trata dun cómic curioso en tanto que reflicte por unha bada o aspecto menos glamouroso do béisbol, o de aquiles que malviven do deporte, por outro o antisemitismo da época que sofren os integrantes do equipo, e tamén a concepción do deporte como espectáculo, introducindo elementos alleos ao puramente deportivo para "adornalo" (unha práctica moi estadounidense, e aí están as cheerleaders ou o show aorredor da loita libre para demostralo). Todo elo envolto nunha historia que é unha longa anécdota que busca un certo paralelismo coa historia clásica do golem de Praga e incluso cun certo toque "sobrenatural" no seu desenlace, co golem ficticio do equipo en certa maneira "protexendo" aos xogadores. Imáxes: Arriba, portada da edición española do cómic, abaixo, da edición orixinal, moito máis atractiva