quarta-feira, 30 de julho de 2008

Los Judios en Galicia (1044-1492) De Gloria de Antonio Rubio


Los Judios en Galicia (1044-1492)

De Mª Gloria de Antonio Rubio

ISBN: 84-95892-50-2

690 páxinas

Tamaño: 23 x 17 cm

Edita a Fundación Pedro Barrié de la Maza.

A poboación xudea que habitou Galicia, centrado fundamentalmente no período baixomedieval. O libro estrutúrase en dous grandes apartados. No primeiro deles estúdase a demografía xudea en Galicia e as personaxes máis sobranceiras da comunidade hebrea; sitúanse todas e cada unha das comunidades xudeas no contexto da xeografía galega e no marco de cada vila ou cidade na que se ubicaban; analízanse as actividades socio-profesionais exercidas de xeito maioritario polos xudeos que residían en terras galegas; abórdanse, tamén, as relacións mantidas polas comunidades xudeas coas distintas institucións e grupos sociais da época (Coroa, Igrexa, Nobreza e Concellos), así como coa poboación cristiá no seu conxunto, analizándose o evoluir no tempo de anteditas relacións, que rematarán na promulgación do vergoñento edito de expulsión xeral de 31 de marzo de 1492.

O segundo fica composto polo apéndice documental, tanto de documentos inéditos como publicados previamente, que serviron de base á investigación e que compleméntase cos correspondentes índices onomástico e de documentos.

Hai tamén editado un pequeno libriño cun resumo do libro editado por A Nosa Terra edicións.

Ver en Aki Yerushalayim