sexta-feira, 1 de agosto de 2008

LA MASCOTA. De Mark Kurzem


LA MASCOTA
Mark Kurzem
EDITORIAL SUMA DE LETRAS
Prezo aprox: 20 Euros
ISBN: 978-84-8365-048-6
Páxinas: 480
Xénero: novela histórica
Data de publicación: maio de 2008
O descubrimento da infancia nazi do meu pai xudeu. Mark Kurzem vivía entregado a unha vida académica e regalada en Oxford cando o seu pai, Alex, aparece de súpeto para desvelarlle un inquedante segredo. Alex, xudeu de nacemento, tivo que deixar o seu núcleo familiar cando tiña cinco anos e escapar aos xeados bosques rusos, tras o ataque dun escadrón nazi á súa casa no que a súa nai e varios veciños foron asasinados. Mentres o seu pai morría gaseado en Auschwitz, el arranxousellas para integrarse nas SS, ocultando a súa condición xudía, e converténdose na mascota dos soldados. No seu intento por sobrevivir, consegue exercer de cabo da milicia nazi, despois de ser utilizado como cebo nunha estafa de deportación pola que acabará inculpando a un criminal de guerra. Pero esta historia tan persoal da Segunda Guerra Mundial acaba transformándose nunha mirada valente sobre as vicisitudes da propia personalidade e a memoria. Alex debe tentar recuperar por todos os medios a identidade que lle foi arrebatada. O seu fillo Mark axudaralle nesta ardua tarefa coa que desvelará o sorprendente pasado do seu pai. Estamos ante unha historia de supervivencia, un escuro conto de fadas, un relato conmovedor de autoengano e descubrimento das propias orixes, mentres contemplamos a aterradora estampa da maquinaria nazi a través dos ollos dun raparigo xudeu.
Mark Kurzem cursou estudos nas universidades de Melbourne, Tokio e Oxford. Actuou como asesor en asuntos internacionais do alcalde de Osaka, Xapón. Ésta é a súa primeira novela. Actualmente vive en Oxford, Inglaterra.