El esplendor
Autor: Jaime Einstein
Ediciones Lobo Sapiens
Pedidos: einstein.jaime@gmail.com
Novela que trata do misterio do Séfer Zohar -a "biblia" do misticismo xudeu ou Kabalá-, e a trama ten como escenarios Israel, baixo a ocupación romana, a Sefarad medieval e a Roma dos césares e os papas católicos.
A personaxe principal da novela histórica, "El esplendor", é unha obra enciclopédica chamada o Séfer Zohar... a "biblia" do misticismo xudeu ou Kabalá. De acordo á tradición esotérica hebrea, o Zohar foi escrito polo famoso rabino Simón Bar Yojai, en Galilea, durante o século I da era común. A lenda conta que Bar Yojai e o seu fillo Eleazar estiveron agochados nunha remota cova durante trece anos, fuxindo das persecucións romanas. Foi durante este período de ocultamiento que Bar Yojai escribiu a súa inmensa obra, que explica o significado oculto das Sacras Escrituras, a estrutura interna do Creador, e a natureza dos últimos días do noso universo. O libro mantívose oculto por séculos e repentinamente apareceu na Sefarad medieval, de mans do rabino Moisés Ben Shem Tov de León. É importante mencionar que moitos críticos contemporáneos, entre os que se distingue o estudioso Gershom Sholem, consideran que Moisés de León é o autor do Zohar e que o presentou pseudoepigráficamente coma obra de Bar Yojai. A novela trata do misterio desta obra arcana, e a trama ten coma escenarios Israel, sob a ocupación romana, a España medieval e a Roma dos césares e os papas.
Jaime Einstein naceu en Cuba. Estuda nos Estados Unidos onde graduouse en dereito na Universidade de Columbia. Exerceu o Dereito Internacional durante grande parta da súa vida profesional, traballando en infinidade de proxectos que o levaron por todos os recunchos do Planeta. No recén encetado século XXI, Jaime Einstein decidiu mudar rumbos, e comezou a escribir ficción. A súa obra inédita, "La isla de Abraham" trata sobre a vida dos xudeus de Cuba. Jaime Einstein na actualidade mora na Galilea, Israel.