La chica sobre la nevera y otros relatos
Autor: Etgar Keret
Colección Nuevos Tiempos
Edita: Ediciones Siruela
Etgar Keret ofrécenos uns contos moi curtos que se suceden ao ritmo trepidante da vida israelí, revelando unha realidade insoportable e conmovedora á vez: a dunha sociedade que tenta distanciarse do absurdo dos conflitos bélicos da rexión. Os contos de Keret provócannos violentas risotadas polas súas profundas inmersións no humor máis negro e a súa enorme ironía. Movéndose entre a vida corrente e a fantasía, expresan a súa desconformidade e incomodidade ante a realidade, falan da violencia, da debilidade humana, de perdedores sen ambicións, de soñadores que aínda cren poder cambiar o mundo e, tamén, da xeración dos trintañeiros incorrexiblemente apegados á infancia, e todo iso nunha linguaxe coloquial, precipitada e natural no que se recoñecen as técnicas do pastiche, do kitsch e do vídeo clip.