quinta-feira, 11 de setembro de 2008

Pizzería Kamikace


Pizzería Kamikace y otros relatos
Colección Nuevos Tiempos


Neste novo libro de relatos do escritor israelí Etgar Keret, o lector verase sacudido por unha linguaxe fresca, atrevida, irónica e sorprendente, en boca dun aluvión de personaxes que, nun constante ir e vir, provocan situacións chocantes e divertidas, á vez que conmovedoramente tráxicas. Atopámonos con un condutor de autobús que quería ser Deus, con Ana, propietaria dunha tenda de ultramarinos situada ás portas do Inferno, con Haim e o seu mundo de suicidas, que tanto se parece ao mundo dos vivos... Todos estos seres, móvense entre a realidade máis crua e a ficción máis disparatada, que acaba mesturándose nunha soa realidade de irrealidades.

Podes ler un fragmento AQUÍ