quarta-feira, 28 de maio de 2008

"Dorón Benatar y el libro de los nombres muertos" de Aída Berliavsky


Eis unha moi recomendábel novidade. "Dorón Benatar y el libro de los nombres muertos" de Aída Berliavsky. Reproduzo de seguido a amable carta que nos dirixiu. E desde De Libros - Al Sefarim desexámoslle de todo corazón moito éxito nas librarías.
------------------------
Queridos amigos.
Mi nombre es Aída Berliavsky y el lunes de 2 de junio si nada lo impide sale a la venta en toda España mi libro Dorón Benatar y el libro de los nombres muertos y desde aquí les agradezco por adelantado todo la ayuda que me puedan prestar incluyendo una nota, reseña o comentario al respecto en su web para publicitarlo.
No es el primer libro que escribo -guardo en mi baúl su buena decena- pero si es el primero que me publican y espero que no sea el último.
¿De que va? De un joven llamado Dorón Benatar, doctorado en filosofía y letras convertido en detective –existencialista, por supuesto-, cansado de cubrir suplencias en colegios ricos con alumnos burros más preocupados por su pelo, su ropa y su móvil que por los conocimientos que los grandes sabios de la humanidad pudieran transmitirles.
No es detective privado improvisado, se sacó la licencia después de aprobar los cursos de criminología en la universidad ya que los tiempos han cambiado y la máxima de "estudia aquello que te gusta y trabaja de ello" se ha convertido en "trabaja en aquello que te dejen y estudia sobre ello".

Dorón Benatar y el libro de los nombres muertos se refiere al caso del robo de un ejemplar único del siglo XVII impreso en Toledo cuando esa ciudad era cuna de la magia, incluso a la propia magia se la llegó a llamar en la Europa de aquel tiempo "ciencia toledana". Se dice que ese libro esconde una clave gematría de gran valor y ese factor provocará que corra la sangre incluso de personas inocentes.
Hasta aquí nada nuevo bajo el sol ya que puede ser una historia más de misterio e intriga. ¿Qué ofrece entonces que le haga diferente? Que el personaje Dorón Benatar es un judío madrileño que adora su ciudad y, al contrario que la novela negra tradicional muestra el lado oscuro de la calle, el la muestro y describe radiante, cosmopolita, dinámica y todo lo bella que le resulta.
¿Alguna ventaja más? Sí, muestra también como es la vida de una familia judía en la ciudad, describe como es nuestro Shabat, invita al lector a asistir a un Bar Mitzva y su familia le abre su casa para que celebre con ellos la festividad de Pésaj. Y en esas celebraciones familiares, su madre nos cuenta hermosas historias en forma de cuentos breves que son auténticas perlas de humanismo y dulzura.
Este libro no es flor de un día, fue un trabajo de casi dos años de continuo escribir, corregir y volver a escribir. Mi deseo es que se venda y ayude a que salga el segundo libro y siga en el duro camino de convertir el judaísmo en el mundo en un factor de normalidad más a través de un personaje normal.

terça-feira, 27 de maio de 2008

'El asombroso swing del golem': béisbol e antisemitismo nos Estados Unidos dos anos 20


El asombroso swing del Golem é unha potente novela gráfica que narra unha historia ambientada nos Estados Unidos dos anos 20, protagonizada polos Stars of David, un modesto equipo de béisbol xudeu cuxos membros gañanse a vida viaxando en autobús de cidade en cidade enfrontándose a equipos locais. Nun momento de necesidade económica, o manager do equipo acepta unha curiosa proposta dunha axencia publicitaria: facer pasar a un membro do equipo por un golem, unha criatura mítica da cultura xudía, para aumentar así a espectación sobre o equipo nas cidades que visitan. O cómic foi publicado orixinalmente en 2001 en Estados Unidos, onde recibiu comentarios moi positivos entre prensa xeneralista (recibindo reseñas positivas en Time ou no Washington Post) e incluso unha nominación aos Premios Eisner. Tratátase do traballo máis coñecido do seu autor, James Sturm (Nova York, 1965) que pechou con esta obra unha triloxía temática de historias dedicadas a diferentes aspectos da historia e da sociedade de Estados Unidos. Sen embargo, a obra ten como handicap prestar moita atención a reflexar os partidos de béisbol desde unha óptica realista (alenxado do enfoque máis dinámico do cómic xaponés, como poda ser o caso de Bateadores (Touch) de Mitsuru Adachi), ao que dedica gran parte da obra, polo que o cómic require dunha importante predisposición do lector. Un factor que axuda a explicar que esta obra teña tardado sete anos en publicarse en España da man de Ediciones La Cúpula, que tamén publicou as outras dúas partes da triloxía
Tratáse trata dun cómic curioso en tanto que reflicte por unha bada o aspecto menos glamouroso do béisbol, o de aquiles que malviven do deporte, por outro o antisemitismo da época que sofren os integrantes do equipo, e tamén a concepción do deporte como espectáculo, introducindo elementos alleos ao puramente deportivo para "adornalo" (unha práctica moi estadounidense, e aí están as cheerleaders ou o show aorredor da loita libre para demostralo). Todo elo envolto nunha historia que é unha longa anécdota que busca un certo paralelismo coa historia clásica do golem de Praga e incluso cun certo toque "sobrenatural" no seu desenlace, co golem ficticio do equipo en certa maneira "protexendo" aos xogadores. Imáxes: Arriba, portada da edición española do cómic, abaixo, da edición orixinal, moito máis atractiva

sábado, 24 de maio de 2008

Cairo Suite


Cairo Suite
Lucette Lagnado
Prezo: 20 €
ISBN: 978-84-8365-049-3
EAN: 978843650493
Data de publicación: maio de 2008
Formato: 15 x 24 (cartoné)
Páxinas: 416
Premio Sami Rohr de Literatura Xudía

Cunha prosa delicada e sentida, Lucette Lagnado recrea a maxestosidade do Cairo máis cosmopolita dos anos 50 e 60, entre a Segunda Guerra Mundial e a ditadura de Nasser. O seu pai, Leon, era un cabaleiro á antigua, vestido sempre impecablemente de branco, que manexaba os seus negocios desde a elegante terraza do hotel Shepheard ou desde o escuro e íntimo bar do hotel Hilton, a beiras do Nilo. Coa caída do rei Faruk e a nacionalización da industria, a familia Lagnado pérdeo todo; cambian os nomes das rúas, os barrios xudeus van desaparecendo e a cidade enteira empeza a expulsar a ate entón enorme influencia estranxeira que facía do Cairo un lugar onde se falaban todos os idiomas, escoitábase todo tipo de música, respectábanse todas as relixións... Os Lagnado senten que é hora tamén para eles de planear a súa saída. Con todas as súas pertenzas embaladas en vinteseis maletas, e as xoias e o ouro agochados en tarros de marmelada, Leon e a súa familia diríxense para calquera terra que estea disposta a acollelos. A pobreza e as estreitezas que sofren no seu periplo desde O Cairo ate Nova York, pasando por París, son o reverso da moeda das fermosas e confortables vidas que deixan atrás.Cairo Suite, como unha serie de movementos musicais encadeádevos, ofrece o retrato dunha época e unha familia que pasa do paradisiaco mundo cosmopolita e refinado á dura e difícil vida das xudeus no Novo Mundo. Unha historia chea de ritmo e sabores que se transforma na melodía dunha vida difícil pero apaixonante.

quarta-feira, 7 de maio de 2008

Mil primaveras maís para Israel!

No 60 aniversario da súa Independencia, ¡Mil primaveras máis para Israel!!

sábado, 3 de maio de 2008

terça-feira, 29 de abril de 2008

Antisemitismo no BNG. Comunicado de AGAI


DECISION ARBITRARIA, VERGONZOSA, ANTISEMITA E FASCISTA

Despois de máis dun ano de acoso e constantes presións, finalmente o BNG consumou de forma arbitraria, vergonzosa e fascista a expulsión dun militante polo simple feito de ter unha visión diferente do conflito árabe-israelí e de presidir unha asociación de amizade que procura tender pontes entre os pobos galego e israelí. Entre a cultura galega e a xudía.

A Asociación Galega de Amizade con Israel considera que a utilización de medidas disciplinarias e de expulsións por un suposto delicto de conciencia é impropia dunha organización que participa no goberno de Galicia e fainos sentir como galegos e galegas asustados pola catadura xenófoba e totalitaria de quen nos cogoberna sen que lle importe violar de xeito incualificábel os máis elementais dereitos democráticos.

A Asociación Galega de Amizade con Israel considera que é inaceptábel que un partido que forma parte do goberno da Xunta de Galicia poida manter actitudes con tal grado de antisemitismo, intolerancia, irresponsabilidade e falta de respecto á liberdade de expresión, de conciencia e de opinión, entrometéndose de xeito orweliano na vida privada dun militante.

A Asociación Galega de Amizade con Israel esixe unha rectificación inmediata por parte da Dirección Nacional do Bloque Nacionalista Galego.

A Asociación Galega de Amizade con Israel se pregunta cal é o futuro dos militantes do BNG que son á vez socios e socias de AGAI e emplaza a Anxo Quintana a que explique públicamente se un xudeo pode ser militante do BNG ou non.

Por último, a Asociación Galega de Amizade con Israel reitera a súa firme intención de acudir á xustiza ordinaria para reparar esta violación dos máis elementais dereitos democráticos e constitucionais.

Vigo 28 de Abril de 2008

segunda-feira, 21 de abril de 2008

"Si esto es un hombre" de Primo Levi


"Se isto é un home":
«Algúns dos meus amigos, amigos moi queridos, non falan nunca de Auschwitz. Outras persoas, en cambio, falan de Auschwitz incesantemente, e eu son unha delas. Despois empecei a escribir a máquina pola noite, escribía todas as noites o cal era considerado algo aínda máis insensato». Primo Levi «escribe aquilo que non sabería dicir a ninguén», e o texto, inicialmente esbozado durante o cativerio -cuxa mesma conservación facía perigar a vida do autor de ser descuberto- plasma a existencia nos Lager cunha concisión estremecedora. Estruturado en 17 capítulos, o libro é a crónica do horror cotián, das privacións como estado habitual, da triste espera da nada arraigada nunha iniquidade sen estridencias. Máis aló das propias reflexións, Levi presta especial atención ao comportamento dos outros prisioneiros, ocupados tamén en sobrevivir un día máis, e outro e outro. Todos conviven nunha inercia dolorosa e absurda coa tentación da inactividade como antesala da morte; a morte é unha presenza constante, a miúdo indiferente, corolario dunha cotidianidade rexida por un sistema de irracionais normas non escritas. Como advirte Levi, moi pronto os prisioneiros son convertidos en «peleles miserables e sórdidos», e máis baixo non se podía chegar. A edición que se presenta complétase cun texto incorporado en 1976, como apéndice para a edición escolar da obra, en que Levi persegue responder ás preguntas que constantemente lle facían os lectores estudantes, e en gran medida, tamén os adultos. Dicía Juan Gelman: «quen sabe se existe outro escritor sobreviviente dos campos da morte que narre o inenarrable con tanta lucidez, economía de medios e agudeza sostidas ao longo de 40 anos. Sempre se exaltou a súa visión do inferno concentracionario por exenta de insultos, queixumes e repeticións do agravio, e vertida nun estilo analítico, meticuloso, clarificador, como guiado pola técnica brechtiana do distanciamento. Desconfiaba de quen practica a profecía e de quen levanta o dedo en posición de vítima. «Non son nada de iso», dixo algunha vez». Referendouno Levi no propio texto, cando recoñece que «para escribir este libro usei a linguaxe mesurado e sobrio da testemuña, non o lamentoso linguaxe da vítima nin o iracundo linguaxe do vengador. Vós sodes os xuíces». Na súa presentación case científica dos feitos -el era químico de profesión-, o autor aúna a sobriedade dos datos obtidos desde a experiencia coa severidade das afirmacións e logra moito máis que un testemuño irremplazable. A súa forza radica, probablemente, na súa curiosidade fronte ao alma humana, e na súa convicción de que é necesario recordar ese pasado como un presente duradeiro, porque «non podemos comprendelo; pero podemos e debemos comprender onde nace, e estar en garda. Se comprender é imposible, coñecer é necesario, porque o sucedido pode volver suceder, as conciencias poden ser seducidas e obnubiladas de novo: as nosas tamén. Por iso, meditar sobre o que pasou é deber de todos». Sen dúbida os lectores do Corriere da Sera compartían a súa opinión cando consideraron "Se isto é un home" a obra máis importante do século XX.
Biografía do autor:
Primo Levi (Turín, 1919-1987), unha das voces máis singulares da literatura italiana, estudou ciencias e se doutorou como químico en 1941, profesión que compaxinou coa súa actividade literaria. Deportado a Alemaña durante a II Guerra Mundial, Levi nunca esquecería a súa condición de sobrevivente dos campos de extermino nazis, unha experiencia que marcou profundamente a súa personalidade e a súa obra. En 1947 publicou Se isto é un home, que xunto á tregua (1963) e Os afundidos e os salvados (1986) acabarían formando a triloxía de Auschwitz. Entre a súa extensa produción literaria destacan títulos como Historias naturais (1966), Defecto de forma ( 1971); O sistema periódico (1975); A chave estrela (1978) e Se agora non, cando? (1982). En 1987 quitouse a vida.

quarta-feira, 26 de março de 2008

Nova publicación



OR HAYELADIM Magazine editou o seu primeiro número o pasado mes de xaneiro. Unha revista con contidos de Xudaísmo, Sionismo e actualidade en Sefarad. O seu vindeiro número en Abril-Xuño 2008.

sexta-feira, 14 de março de 2008

Fuí hija de supervivientes del Holocausto. De Bernice Eisenstein


Fuí hija de supervivientes del Holocausto
Bernice Eisenstein
Editorial Mondadori
192 páxinas.

Os pais de Bernice Eisenstein, xudeus polacos, coñecéronse no campo de concentración de Auschwitz pouco antes do final da segunda guerra mundial. Tras a súa liberación, contraeron matrimonio e instaláronse en Canadá. Os primeiros recordos de Bernice remóntanse á década de 1950, cando vivía coa súa familia nun barrio de xudeus emigrados de Toronto. Por entón, os seus pais esforzábanse en recuperar a normalidade e apenas falaban do Holocausto, aínda que a sombra do horror planeaba sobre eles como unha presenza inquietante. Cando era unha nena, a nova Bernice preguntábase de onde proviñan o medo da súa nai ou a furia do seu pai; ela era demasiado pequena para entendelo, pero notaba que ambos gardaban un segredo moi importante. A partir desta incerteza, do «vello secreto» naceu Fun filla de sobreviventes do Holocausto, un testemuño agudo, honesto e en ocasións satírico da experiencia aterradora de vivir baixo a sospeita de ser diferente, de pertencer a un grupo de individuos aos que miles de persoas condenaron ao berro de: «¡DEBEN MORRER!». Fun filla de sobreviventes do Holocausto conta ademais co traballo de ilustración da autora, retrato visual do desasosego e a memoria. Este libro pasou a formar parte dos clásicos do xénero; a crítica internacional así o considerou, situándoo xunto á obra de autores como Primo Levi, Elie Wiesel, Raul Hilberg ou Art Spiegelman.

quarta-feira, 12 de março de 2008

O CAZADOR DE PAPAVENTOS


O CAZADOR DE PAPAVENTOS
Autor: Khaled HosseiniGénero:
Narrativa PVP: 18,95€
Data publicacion: Febreiro 2008

Argumento: A historia de amizade e fidelidade de duos amigos.

Sobre o telón de fondo dun Afganistán respectuoso das súas ricas tradicions ancestrais, a vida en Kabul durante o inverno de 1975 desenvólvese con toda a intensidade, a puxanza e o colorido dunha cidade confiada no seu futuro e ignorante de que se achega un dos periodos máis cruentos e tenebrosos que padeceron os milenarios pobos que a habitan. O CAZADOR DE PAPAVENTOSo é a conmovedora historia de dous pais e dous fillos, da súa amizade e de cómo a casualidad pode converterse en fito inesperado do noso destino. Obsesionado por demostrarlle ao seu pai que xa é todo un home, Amir proponse gañar a competición anual de papaventos da forma que sexa incluso a costa do seu inseparable Hassan. A pesar del fuerte vínculo que los une, después de tantos años de haberse defendido mutuamente de todos los peligros imaginables, Amir se aprovecha de la fidelidad sin límites de su amigo y comete una traición que los separará de forma definitiva. Así, con apenas doce anos, o mozo Amir recordará durante toda a súa vida aqueles días nos que perdeu un dos tesouros máis preciados do home: a amizade.

Khaled Hosseini (Kabul, 1965) foi fillo dun diplomático e dunha profesora. En 1980, despois da invasión soviética de Afganistán, obtivo asilo político en Estados Unidos. Estudou Medicina en California e, mentras traballaba como médico, escribiu Ppaventos no ceo, un extraordinario éxito nacional e internacional. En 2006 foi nomeado Enviado Especial de ACNUR, a Axencia de Nacions Unidas para os Refuxiados.

segunda-feira, 3 de março de 2008

As Origens Nazis do Nacionalismo Palestiniano e da Jihad Islâmica


As Origens Nazis do Nacionalismo Palestiniano e da Jihad Islâmica

Autor: David Meir-Levi
Posfácio de Alexandre del Valle
Nº págs: 152 + caderno de fotos
Formato: 130 x 205 mm
PVP: 13,65 € (13€ + IVA)



As ligações nunca assumidas entre o nacionalismo palestiniano e o regime nazi tornam-se tema central em mais uma polémica publicação da editora Via Occidentalis. Da autoria do israelo-americano David Meir-Levy, com um posfácio do investigador francês Alexandre del Valle, especialista de questões relacionadas com o islamismo, esta obra procura desfazer, em simultâneo, duas ideias propagadas por alguns líderes radicais islâmicos actuais: que o Holocausto nunca existiu – e que o povo palestiniano nada teve a ver com isso. A lista dos nazis que se tornaram colaboradores dos Estados Árabes após a 2ª Guerra Mundial, a Carta do Hamas e a Acta do encontro entre Hitler e Al-Husseini, líder político palestiniano naquele período, marcam também presença nesta edição.

Em “As Origens Nazis do Nacionalismo Palestiniano e da Jihad Islâmica”, David Meir-Levy procura demonstrar que o fanatismo islâmico não nasceu nos anos 60, após o fracasso do nasserismo, mas foi fruto da ascensão do fascismo e do nazismo nos anos 30. De acordo com António Franco Moreira, tradutor da obra, “Meir-Levy traça o ADN do nacionalismo palestiniano, fazendo explodir uma série de mitos que este movimento criou – mitos racionalizados e celebrados durante décadas de terrorismo e de ambições genocidas”.

Centrado na correspondência entre Hajj Amin al-Husseini, líder nacional e consensual dos palestinianos, e o regime de Adolf Hitler, Meir-Levy alega que existiu, de facto, uma aliança entre os palestinianos e o regime nazi, defendendo que a ideologia islâmica alberga, no seu seio, movimentos como o Hamas, o Hezbollah e o grupo al-Qaeda, que o autor classifica de “fascistas islâmicos” e “terroristas”.
O posfácio é assinado por Alexandre del Valle, onde o investigador francês procura expor a actualidade das sinergias entre os fanáticos islamistas, a extrema-direita e a extrema-esquerda, e na forma como estes grupos se unem no “ódio e animosidade contra Israel, a América e o Ocidente”. Em anexo, surgem documentos como a Carta Ideológica do Hamas, a acta do encontro entre Hitler e Al-Husseini e ainda a lista de nazis que colaboraram com os Estados Árabes após a 2ª Guerra Mundial.

David Meir-Levy, israelita nascido nos Estados Unidos da América, vive em Palo Alto, na Califórnia. É bacharel pela John Hoplins University e licenciado em Estudos sobre o Próximo Oriente pela Brandeis University. Ensinou Arqueologia e História do Próximo Oriente na Universidade Hebraica de Jerusalém e na Universidade de Telavive, nos anos 60 e 70, altura em que serviu no exército israelita. De regresso aos Estados Unidos, Meir-Levy tornou-se director de investigação e educação da Israel Peace Iniciative, uma organização não-lucrativa da região da Baía de São Francisco destinada a esclarecer o público americano e os seus líderes sobre a história do conflito israelo-árabe. Mais informações sobre a IPI em www.ipi-usa.org. David Meir-Levy é o autor de «Grande Mentiras - Demolindo os Mitos da Propaganda de Guerra contra Israel» editado pela Via Occidentalis em 2006.


Clique aqui para comprar online

quinta-feira, 28 de fevereiro de 2008