domingo, 15 de maio de 2016
"Maus" en galego
quarta-feira, 1 de julho de 2015
"El atentado" de Yasmina Khadra e Glen Chapron
sábado, 2 de março de 2013
“Judíos, Conversos e Inquisición en Tui" (2013) de Xesús Vila
sexta-feira, 1 de março de 2013
Götz e Meyer, de David Albahari
Por Mónica Molanes Rial el Lun
http://www.xeadodetoxo.com/cultura/g%C3%B6tz-e-meyer-de-david-albahari
máscara
 antigás pero que foi asasinado por un militar nazi cando o descubriu. O
 angustioso relato desacouga aos rapaces que se converten en 
depositarios da memoria dun episodio da historia recente que debe ser 
recordado sempre porque, como se di na novela, “A memoria, dixen, é o 
único xeito de vence-la morte”.sexta-feira, 21 de setembro de 2012
Drohobycz, Drohobycz. De Henryk Grynberg
quinta-feira, 20 de setembro de 2012
O rabino de Bacherach. De Heinrich Heine
quarta-feira, 25 de julho de 2012
"Israel siglo XXI: Tradición y vanguardia". Varios autores
Coordinadores: Alfredo Hidalgo Lavié y Jacqueline Tobiass
Editorial: Netbiblo (A Coruña)
A editorial coruñesa Netbiblo ven de editar un interesante libro de autoría colectiva, no que se fai unha ampla radiografía do Estado de Israel, desde a súa independencia até a entronización de Tel Aviv como cidade modernísima e refuxio privilexiado dos colectivos de gais e lesbianas. A publicación, na que interveñen dezaoito autores españois e israelís na súa maioría, aproveitou o aniversario dos 25 anos do establecemento de relacións diplomáticas entre Madrid e Jerusalém, para ofrecer aos lectores hispanofalantes unha visión caleidoscópica de Israel, practicamente imposíbel de obter a través das sesgadas imaxes que a diario difunden os medios de comunicación.
O volume, escrito de forma amena e rigorosa por investigadores, docentes universitarios, xornalistas, arquitectos ou diplomáticos como Alejandro Baer, José Antonio Lisbona, Natan Lerner, Herzl Inbar, Pilar Rahola, Rosa Moro, Esther Bendahan ou Horacio Vázquez Rial, aborda a antigüidade bíblica, os balbuceos do Estado ou a Shoáh, pero tamén analiza as institucións democráticas do país, o seu pluralismos social e multicultural, a súa implicación exemplar na cooperación internacional, o seu rechamante -por elevadísimo- desenvolvemento técnico e científico, ou as súas achegas arquitectónicas e culturais.
Un traballo colectivo, en suma, cuxa lectura é máis que recomendabel.
quarta-feira, 28 de março de 2012
segunda-feira, 5 de março de 2012
quinta-feira, 1 de março de 2012
El jardín de los Justos. De Gabriele Nissim

- El Jardín de los Justos
 - Gabriele Nissim
 - Editorial: KAILAS
 - ISBN: 84-934072-1-6
 - Prezo: 20,85
 - Idioma: español
 
El  jardín de los justos conta a vida do xuiz Moshe Bejski, presidente  desde 1970 ate 1995 da Comisión dos Xustos dentro da  institución Yad Vashem de Jerusalén. Vítima do Holocausto, ao que  consiguiu sobrevivir grazas a axuda de Oscar Schindler (Besjki é  unha das 1.200 persoas da famosa Lista), Moshe Bejski dedicou  o resto da súa vida a buscar a aqueles que, coma o empresario alemán,  realizaron accions altruistas de salvamento en favor dos xudeus.  Estas persoas recibiron o recoñecemento ao seu valor coa plantación dunha  árbore no chamado Xardín dos Xustos en Jerusalén, onde na  actualidade lémbranse a máis de 15.000 salvadores dos xudeus.
A  modo de biografía, o periodista italiano Gabriele Nissim documenta a  vida de Moshe Bejski, a vez que reconstrue os casos máis  significativos dos xustos do Holocausto. Historias reais e  heroicas, protagonizadas por xente corrente, que ilustran as  posibilidades do individuo para loitar contra o mal autorizado pola  lei. Ao mesmo tempo, co seu relato Nissim trascende o mero documento  histórico e biográfico e toma o relevo a Bejski, creando a base  teórica dunha orixinal e revolucionaria perspectiva histórica: a  memoria do ben nun xenocidio.
Informa: IPL
quinta-feira, 19 de janeiro de 2012
quinta-feira, 12 de janeiro de 2012
Esther Bendahan Cohen narra a desintegración do mundo sefardí










