Programa de Radio Sefarad sobre a noite dos poetas asasinados sob o réxime estalinista ESCOITA AQUÍsábado, 16 de agosto de 2008
A NOITE DOS POETAS ASASINADOS
Programa de Radio Sefarad sobre a noite dos poetas asasinados sob o réxime estalinista ESCOITA AQUÍquinta-feira, 14 de agosto de 2008
EL ESTIGMA IMBORRABLE. Varios Autores
EL ESTIGMA IMBORRABLEVV.AA
Edita: Federación de Comunidades Judias FCJ
Prezo: 15 Euros
Páxinas: 108
Idioma: español
Reflexións sobre o novo antisemitismo
Jacobo Israel Garzón, Sultana Wahnon, Jon Juaristi, Alejandro Baer, Federico Zukierman, son algúns dos autores que colaboran neste libro colectivo editado pola Federación de Comunidades Xudías de España
"O malo é que na comedia de hoxe seguimos os xudeus interpretando o mesmo papel de sempre. O malo é que continúa funcionando o vello estigma. Pérfidos xudeus, heréticos xudeus, librepensadores xudeus, francmasóns xudeus, capitalistas xudeuos, bolcheviques xudeus, cosmopolitas xudeus, xudeus sionistas,... malvados xudeus."
quinta-feira, 7 de agosto de 2008
EL JUDÍO DE NUEVA YORK. De Ben Katchor

Español
En 1825, Mordecai Noah, politico e dramaturgo de Nova York poseído por unha visión utópica, convocou a todas as tribus perdidas de Israel a unha illa perto de Buffalo coa esperanza de establecer un estado xudeu. O seu errado plan, unha mera nota ao pe na historia xudeu-americana, é o punto de partida da brillante epopeia imaxinada por Ben Katchor que se desenvolve nas rúas de Nova York uns anos máis tarde. Un carniceiro kosher caído en desgraza, un importador de artigos relixiosos e calcetería fiminina, un peregrino que vende pó de Terra Santa, un cabalista dos últimos días e un home que planea carbonatar o lago Erie son algúns dos personaxes que se moven no universo de Ben Katchor. As súas vidas se cruzan nunha loita común por asentarse no Novo Mundo no momento en que estoura nun frenesí financieiro que o mesmo pode conducirlles á bancarrota que a un futuro mellor.
"EL JUDÍO DE NUEVA YORK confirma a reputación de Ben Katchor como o artista máis poético e polifacético que teña debuxado unha tira de cómic". The New York Times
"Historia, fantasía e misticismo xudeu se transforman na atmósfera social deste cómic, contado co irónico sentido do humor, o flemático equilibrio e a verosimilitude poética de Ben Katchor". Publishers Weekly
segunda-feira, 4 de agosto de 2008
Presentación de "El pintor de Cracovia".

Desde Radio Sefarad, presentación do libro "El pintor de Cracovia" de Joseph Bau en Madrid ESCOTAR AQUÍ
domingo, 3 de agosto de 2008
LOS HUNDIDOS. De Daniel Mendelshon

sábado, 2 de agosto de 2008
EL PRIMER ISRAEL de Alessandro Vitale

sexta-feira, 1 de agosto de 2008
LA MASCOTA. De Mark Kurzem

Prezo aprox: 20 Euros
ISBN: 978-84-8365-048-6
Páxinas: 480
Xénero: novela histórica
Data de publicación: maio de 2008
quarta-feira, 30 de julho de 2008
Los Judios en Galicia (1044-1492) De Gloria de Antonio Rubio

Los Judios en Galicia (1044-1492)
De Mª Gloria de Antonio Rubio
ISBN: 84-95892-50-2
690 páxinas
Tamaño: 23 x 17 cm
Edita a Fundación Pedro Barrié de la Maza.
A poboación xudea que habitou Galicia, centrado fundamentalmente no período baixomedieval. O libro estrutúrase en dous grandes apartados. No primeiro deles estúdase a demografía xudea en Galicia e as personaxes máis sobranceiras da comunidade hebrea; sitúanse todas e cada unha das comunidades xudeas no contexto da xeografía galega e no marco de cada vila ou cidade na que se ubicaban; analízanse as actividades socio-profesionais exercidas de xeito maioritario polos xudeos que residían en terras galegas; abórdanse, tamén, as relacións mantidas polas comunidades xudeas coas distintas institucións e grupos sociais da época (Coroa, Igrexa, Nobreza e Concellos), así como coa poboación cristiá no seu conxunto, analizándose o evoluir no tempo de anteditas relacións, que rematarán na promulgación do vergoñento edito de expulsión xeral de 31 de marzo de 1492.
O segundo fica composto polo apéndice documental, tanto de documentos inéditos como publicados previamente, que serviron de base á investigación e que compleméntase cos correspondentes índices onomástico e de documentos.
Hai tamén editado un pequeno libriño cun resumo do libro editado por A Nosa Terra edicións.
Ver en Aki Yerushalayim
domingo, 27 de julho de 2008
La destrucción de los judios europeos. De Raul Hilberg

sábado, 26 de julho de 2008
Una mujer en Jerusalén. De Abraham B.Yehoshúa

quinta-feira, 24 de julho de 2008
quarta-feira, 23 de julho de 2008
La historia de los judios. De Paul Johnson

LA HISTORIA DE LOS JUDIOS
PAUL JOHNSON
Lengua: CASTELLANO
ISBN:9788496581890
Colección: ZETA DIVULGACION
Atopámonos ante unha obra que podemos cualificar sen medo a esaxerar de realmente excepcional, como sen dúbida é excepcional o seu autor Paul Johnson. Este xornalista británico, reconvertido ao longo dunha extensa carreira en notable historiador e excelente divulgador da historia, acomete neste texto un proxecto audaz e polo tanto moi arriscado: sintetizar a orixe, o desenvolvemento e mesmo o "xenio" profundo do pobo de Israel até os nosos días. Arriscado polo reto intelectual en si e polo que significa non satanizar nin criminalizar a Israel no ambiente político europeo actual. Precisamente é esa a gran achega do autor: a súa ecuanimidade. Ecuanimidade que nace da súa absoluta independencia de xuízo, lonxe de todo tópico ou lugar común. Johnson enfrontouse á historia de Israel sen outras teimas que as da súa propia psicoloxía, resultando diso un texto realmente libre, que nos axuda poderosamente a situar e a entender o actual conflito árabe-israelí, a evitar os habituais xuízos de café barato que adoitan trufar as conversas europeas sobre este tema. O autor consegue un´meritorio equilibrio entre a erudición e a síntese e faino igualmente lonxe da pedantería e que da banalidade. é certo que se alguén coñece xa de antemán algúns dos temas ou personaxes que trata o autor, pode parecer algo superficial, o cal é frecuente, por non dicir inevitable nunha obra de carácter xeral o que xa non o é tanto, e este é o seu segundo gran mérito é a coherencia do discurso, a súa continuidade. En lugar da fragmentación típica dos textos universitarios, que non adoitan funcionar máis como unha suma resumida de conclusións de especialista, Jonson traza, de principio ao fin, desde a figura de Abraham até a de Golda Meir, desde os textos bíblicos até a filosofía de Maimónedes ou Spinoza unha narración informativa, moi claramente exposta e dunha enorme coherencia. Iso contribúe a facer deste libro un texto imprescindible se se quere comprender o presente israelí desde onde crava as súas verdadeiras raíces: a conciencia de pobo elixido, a que a chama invención do monoteísmo, o nacemento da responsabilidade individual ante Deus, as constantes infidelidades do pobo á súa Alianza e os continuos exilios e persecucións que, dun modo ou outro, isto lévalles. Pobo de Israel, en definitiva, que leva sobre as súas costas, en certa maneira, o peso da humanidade, as súas máis prezados dons (é impresionante a lista de personalidades e achegas dos xudeus ao patrimonio da humanidade) e as súas debilidades. Non cabe dúbida, en definitiva, que o libro merece unha lectura sosegada e atenta.