domingo, 25 de novembro de 2007

Fagin, o xudeu


Fagin, el judio
Norma Editorial
“Os meus pais chegaron a Londres con moitos outros xudeus que escapaban dos países centroeuropeos. Como realizaron a viaxe é algo que non acerto a explicarme. Aquí atoparon unha comunidade mellor, na que os xudeus non estaban suxeitos a leis especiáis ou matanzas legáis. Durante moito tempo, Inglaterra foi un país que serviu de refuxio aos xudeus españóis e portugueses, chamados sefarditas. Foron os primeiros en chegar alí, onde vivían ben, mentres que aos recén chegados de Europa Central ollábanos coma a unha clase inferior. Aos xudeus alemáns, polacos e outros chamábanselles asquenacíes”.

Así comenza Fagin o xudeu (2.003), a obra na que Will Eisner retratou a dura vida dos asquenacíes no Londres vitoriano. E faino a través da vida de Fagin, unha das persoáxes máis importantes da literatura inglesa de todos os tempos.Fagin é o ladrón que acolle a Oliver Twist cando éste remata na rúa. Ensínalle a roubar, a enganar aos poucos ricos, a saír a flote, en suma. Para a Historia, pasou a ser o arquetipo do xudeu avarento, con nariz prominente e mirada torva. Curiosamente, Eisner incide en que a fisonomía que se repite dende hai séculos é a propia dos sefardíes, mentres que Fagin era asquenací, e estes adoitaban a ser corpulentos e loiros. Coma o propio Eisner explica no prólogo do comic:
“Cheguei á conclusión de que había estereotipos “bós” e “malos”. O que contaba era a intención. Coma o estereotipo é unha ferramenta esencial na linguaxe da narración gráfica, incumbe ao debuxante recoñecer o seu impacto social. (...)
E así, con ese fondo a conciencia da influencia da imaxe na cultura popular, empecei a producir novelas gráficas que trataban de xudeus e dos prexuízos aos que estos aínda tiñan que enfrontarse. Fai uns anos, mentres examinaba contos populares e clásicos literarios con vistas a unha posible adaptación gráfica, fun consciente das orixes dos estereotipos étnicos que se aceitaban sen discusión. Ao contemplar as ilustracións de Oliver Twist, din cun exemplo indiscutible de difamación visual nun clásico da literatura.”
O libro é unha delicia. Da man do desventurado Fagin coñecemos a sorte dos milleiros de asquenacíes que malvivían nos barrios baixos londinenses, mentres que os enriquecidos sefardíes loitaban (infrutuosamente) por sentirse integrados na alta sociedade. As tensións entre os dous grupos de xudeus europeos, o constante prexuízo cara eles por parte dos demáis ingleses, ou as condicións nas que vivían son algúns dos elementos cos que Eisner nos amosa ao desgrazado de Fagin. Fagin é consciente de que a súa condea é a súa condición, máis antes de pregarse as presións dos demáis aínda ten valor para sinalar co dedo aos seus hipócritas compatriotas.