quarta-feira, 1 de julho de 2015

"El atentado" de Yasmina Khadra e Glen Chapron




O atentado (banda deseñada)

Yasmina Khadra (Autor/a)
Löic Dauvillier (Adaptador)
Glen Chapron (Ilustrador/a)

O ATENTADO é a historia de Amín Jaafari, reputado cirurxián israelí de orixe palestina, que traballa nun hospital de Tel Aviv. Un día un ataque suicida provoca un masacre nun restaurante ateigado de persoas. Amín atende no hospital aos sobreviventes e pouco despois recibe a noticia de que, entre os mortos, atópase a súa muller, e que todo apunta a que se trata da causante do atentado. Desde ese momento Amín non parará tratando de atopar unha explicación ao sucedido e converterase de súpeto en traidor para moitos con quen compartía o mundo aparentemente a salvo no que vivía.

Loïc Dauvillier como adaptador do texto e Glen Chapron como ilustrador plasmaron de forma maxistral a obra de Yasmina Khadra que penetra no complexo armazón do terrorismo islámico.

"Vibrante novela gráfica" L'Express

"Esta historia está magníficamente adaptada por Dauvillier e Chapron" Metro

"O ATENTADO, a novela gráfica adaptada do libro de Yasmina Khadra, é un verdadeiro éxito" Lle Parisien

Colección:  Libros Singulares (LS)
Páxinas: 160
Publicación: Abril 2015
Prezo: 22 euros
I.S.B.N.: 978-84-9104-008-8
Código: 3432741
Formato:  Estándar, Papel
Tamaño: 21,00 x 28,50
Páxinas: 160
Edición: 01ª edición