sexta-feira, 24 de dezembro de 2010

Suave música trae la noche. De Fernado Hernández Sebastián


SUAVE MÚSICA TRAE LA NOCHE
Fernando Hernández Sebastián

ISBN 9788492524396

Ano: 2010

288 páxs.

Idioma: español


Colección Anusim, nº 2

LIBROS CERTEZA

.
Suave música trae a noite de Fernando Hernández Sebastián é unha novela con total ausencia de violencia. Non hai crimes, violacións, drogas ou tiros; só hai vida e vidas que se entrecruzan formando un tecido. Luís Ferreiro Guzmán é un pediatra de garda nun hospital de Xerusalén. Luís, durante aquelas 24 horas de servizo, entre consulta e consulta, rememora todo o que foi a súa vida desde que tivo uso de razón até o momento presente. O protagonista, nacido en Zaragoza e asentado en Xerusalén, vai organizando na súa cabeza todos os avatares, circunstancias e vidas que se cruzaron na súa para ser hoxe un xudeu de corazón. O autor leva ao lector da man paseando por Israel mostrándolle a realidade dunha terra descoñecida, a pesar da súa continua presenza nos medios de comunicación.

Fernando Hernández Sebastián, Zaragoza, 1948. Aos 18 anos entrou na redacción do diario Pueblo e na revista Oriéntese. Posteriormente colaborou durante máis de dez anos como tertuliano e guionista na SER. Tamén realizou reportaxes para Heraldo de Aragón.

A colección Anusim, palabra hebrea que significa "forzado ", é a que designa aos xudeus sefardíes, e os seus descendentes, a quen se forzou a abandonar a súa relixión. O crecente interese polo coñecemento dos sefardies, descendentes dos españois xudeus a quen se expulsou de España, debe acompañarse coa aproximación do fenómeno ANUSIM, hispanos de relixión xudía que, polo menos formalmente, tiveron que renunciar á súa fe para poder seguir vivindo en España. Con esta colección preténdese recuperar a memoria das persoas, e as súas obras, que contribuíron ao desenvolvemento social e cultural dos diferentes pobos da península Ibérica.

Pedidos: certeza@certeza.com
www.certeza.com/pedidos.htm
Telf. (34) 976 272 907
E-mail:
certeza@certeza.com

sábado, 18 de dezembro de 2010

O último libro de David Grossman en oitavo lugar no "Best Book of 2010"


O libro do autor israelí David Grossman "To the End of the Land" (La Vida entera) traducido por Jessica Cohen, quedou clasificado na oitava posición no "Best Books of 2010", listaxe publicada pola web Amazon. Este libro de Grossman, que foi publicado en setembro pasado, está en boa compañia entre Stieg Larsson con `The Girl Who Kicked the Hornet’s Nest`, clasificado en séptimo lugar, e `Just Kids` de Patti Smith, que conta a historia da súa complexa relación co lendario fotógrafo Robert Mapplethorpe - 11º na lista. O libro que encabeza a lista da Amazon é o de Rebecca Skloot `The Immortal Life of Henrietta Lacks (La vida inmortal de Henrietta Lacks), que describe a vida dunha muller pobre que sen sabelo contribuiu para a investigación do cancro debido á súa condición única de saúde. Na valoración editorial da Amazon sobre o libro de Grossman, Tom Nissley escribe: ‘To The End of the Land’ é un libro de luto por aqueles que non estáo mortos, é o lamento dunha nai para a vida durante unha guerra cuxo fin non era posíbel prever. Ao mesmo tempo, é alegre e case dolorosamente vivo, cheo ate o punto de ruptura de emocións e detalles dun cotidiano interminábel de algunhas vidas profundamente imaxinadas. Grossman construiu un retrato impresionante, como expresa nas palabras dunha das personaxes, de ‘millares de momentos, horas e días que fan parte dunha persoa no mundo, e do poder de guerra para a destrucción dunha persoa, cando - ou principalmente - cando sobreviven ás súas cruéis demandas’. No apartado dos lectores tamén achegan comentarios positivos sobre o libro, clasificando cunha média de catro estrelas sobre 5.
Reseña de Maribel Ferreiro