sexta-feira, 18 de junho de 2010

Jan Karski. De Yannick Haenel


Jan Karski. De Yannick Haenel * El Aleph Editores * Colección: Modernos * P.V.P. 17,00€ * ISBN978-84-7669-945-4EAN9788476699454 * Data de publicación 10/06/2010 * Formato Rústica con solapas 14x21,5cm * 152 paxs * Idioma: español

«Hai historias que só poden transmitir os escritores» (Jorge Semprún).

Texto de contraportada

Jan Karski foi membro do estado secreto polaco que operaba na clandestinidade durante a Segunda Guerra Mundial. Enlace da resistencia polaca co goberno no exilio, un día Karski foi invitado por dous membros da comunidade xudía a visitar o gueto de Varsovia. Testemuña única do horror, Karski foi chamado a alertar ás potencias aliadas do xenocidio xudeu. Nesta magnífica recreación do personaxe, Yannick Haenel narra, coma se dunha novela de espías se tratase, as vicisitudes de Jan Karski ao longo da súa fuxida a través de de o continente ata chegar a Estados Unidos, onde o presidente Roosevelt recibiulle en audiencia sen dar demasiado crédito á súa urxente mensaxe. Personaxe histórico da resistencia contra a barbarie nazi, Karski ofreceu un testemuño estremecedor na película Shoah, de Claude Lanzmann. Pero Jan Karski é algo máis que o relato dunha testemuña frustrada. Yannick Haenel reflexiona sobre a imposibilidade de testemuñar, de lograr que a clase política se decatase da existencia dunha atrocidade tan inconcibible como o Holocausto. E, sobretodo, aborda unha cuestión aínda incómoda hoxe á hora de revisar responsabilidades históricas: a inhibición dos países aliados ante un testemuño como o de Jan Karski, unha pasividade que pon en evidencia unha vez máis que nunha guerra non hai ninguén libre de sospeita.

Máis información:

http://www.raoulwallenberg.net/?es/salvadores/polacos/karski/jan-karski-mensajero.5050202.htm

http://www.letraslibres.com/index.php?art=10861

Informa Maribel Ferreiro

quarta-feira, 16 de junho de 2010

Israel; a primeira trincheira. De Josep Carles Laínez


ISRAEL; A PRIMEIRA TRINCHEIRA
Autor: Josep Carles Laínez
Edita: Asociación Galega de Amizade con Israel (2010)
ISBN: 978-84-613-6533-3
.
Por Pedro Gómez-Valadés*
Na retagarda non sempre se ten plena consciencia do que sucede nas trincheiras. E malia a cercanía - virtual - que os medios de comunicación ofrecen neste terceiro milenio, na comodidade dos nosos salóns e dos nosos cafés o cidadán medio galego e europeo - e grazas en grande medida a distorsión da realidade que eses mesmos medios lle ofrecen -, este cidadán de a pé non pode ver nin sentir a realidade do que nas rúas e campos de Israel nos estamos a xogar. A xogar nós. Por suposto que Israel xoga e loita pola súa supervivencia mais tamén nós, xogámonos e moito nas bíblicas terras do Leite e do Mel. Permítaseme este símil tan guerreiro para ilustrar cal é a miña visión do que representa, do que se xoga Israel e con el as nosas democracias occidentais nas terras do confín leste do noso mar, do Mare Nostrum. Porque a distancia xeográfica, unida á desinformación enfermiza e planificada dos nosos mass media con respecto a Israel e o seu conflito polo dereito a vivir e a vivir en paz, sen dúbida todo o atenúa, e Europa, sobre todo a nosa benquerida e acomodada Europa, non entende na súa enteira dimensión o que o conflito de Medio Oriente representa no fronte aberta pola yihad internacional contra Occidente e contra todo o que Occidente representa. Confeso a miña incomprensión e perplexidade cos meus concidadáns europeos que non queren ver - e non hai peor cego que o que escolle de propia vontade non querer ver - o que Israel representa como dique de contención e como primeira trincheira, e o que suporía para a nosa cultura, a nosa civilización a súa caída. Mais a pesar dos inmensos perigos aos que estamos sometidos, as gravísimas ameazas ás que debemos facer fronte, non direi máis nada ao respecto. E por qué non direi máis nada? Pois porque de seguido o amábel lector ten un libro único, unhas páxinas que pola súa claridade e lucidez deberan ser de lectura obrigada e que farían redundante que eu me estendera no que con moita mellor pluma explica e plantexa o meu amigo Josep Carles Laínez. E para maior satisfacción este imprescindíbel libro está escrito na vella lingua de Rosalía. Non só publicado en galego, cousa evidente, senón escrito en galego. Excuso dicir o que para o noso ferido idioma, para o idioma galego supón a achega que o meu bo amigo e javer Josep Carles Laínez representa con este o seu Israel: a primeira trincheira. E ademais do galano que para as letras galegas Josep Carles nos ofrece, estas páxinas de Israel: a primeira trincheira abordan desde unha perspectiva pouco tratada a ligazón fulcral que o sionismo como movemento de liberación nacional ten cos nacionalismos europeos, a pesar da penosa teima que algúns nacionalistas das diferentes nacións sen Estado de Europa insisten en manter de distanciamento, incomprensión cando non de rexeitamento para co movemento nacional do Pobo xudeu. E Laínez fálanos dos vínculos, do que nós en tanto que cidadáns das Europas temos en xogo na primeira trincheira. En Israel.
* Pedro Gómez-Valadés é presidente de AGAI