quinta-feira, 20 de dezembro de 2007

Israel. Onttem e Hoje. De Joshua Ruah e Esther Munczenik


Israel. Ontem e Hoje
de Joshua Ruah , Esther Muczenik
Preço: EUR 18,90/ EUR 15,12
Editor: Difel
ISBN: 9789722908498
Ano de Edição/ Reimpressão: 2007
N.º de Páginas: 400
Idioma: portugués
Um abrangente e culturalmente fundamental projecto editorial sobre a História do Estado de Israel, com textos de: António Marujo, Avraham Milgram, Colette Avital, Francisco José Viegas, Henrique Cymerman, Jacob Ritten, João Marques de Almeida, João Pereira Coutinho, Manuela Franco, Nava Tevet, Pinhas Bibelnik, Vasco Rato, entre outros. Nos mapas medievais, Jerusalém era o centro do mundo. E em muitos aspectos continua a sê-lo do ponto de vista dos meios de comunicação internacionais. Os jornalistas costumam dizer que basta deixar uma câmara de televisão ligada, a gravar apenas meia hora em qualquer cidade de Israel, ir tomar um café e no regresso verificar: «Já temos uma reportagem.» Não há nenhum país no mundo com tanta riqueza humana, contradições, raças, religiões, línguas, conflito e drama como neste pequeno país do tamanho da Galiza, cenário do best-seller n.º 1 da humanidade, a Bíblia. «Demasiada história para pouca geografia», costumava dizer o fundador do Estado, David Ben-Gurion. Como comentava um jornalista japonês, Israel e o Médio Oriente são por excelência o parque de atracções dos jornalistas. E eu acrescentaria que frequentemente se limita a ser a vertiginosa montanha russa do mundo jornalístico. Há, actualmente, 28 conflitos abertos no mundo, 25 deles islamitas: de Caxemira até à Chechénia, do Sudão até à Palestina. Nenhum deles, no entanto, goza da cobertura que tem o Médio Oriente. Haim Weizmann, o primeiro presidente do Estado de Israel, questionava-se há mais de 50 anos: «O que é que nos distingue dos outros povos?», ao mesmo tempo que respondia: «Somos exactamente o mesmo, só que um pouco mais.» Henrique Cymerman
(…) Este pedaço de terra mais pequeno do que o Alentejo tem um passado que se perde na noite dos tempos; nele nasceram religiões que influenciaram decisivamente o devir da humanidade; ponto de passagem entre os continentes, foi objecto de incontáveis disputas; foi cobiçado, idealizado, celebrado em verso e em canto, sacralizado e venerado, investido pela paixão religiosa e política como talvez nenhum outro em toda a terra. Assim foi no passado, assim é no presente… (…) Jorge Sampaio

Dossier K, de Imre Kertész


Dossier K
Autor: Imre Kertész
Editorial Acantilado. Barcelona (2007).
207 páxs.
16 Euros.
Imre Kertész (Budapest, 1929), premio Nobel de literatura 2002, di que a orixe deste libro está nunhas conversacións gravadas co seu editor, Zoltán Hafner, nos anos 2003 e 2004. Baseándose nestas conversas, decide manter a estrutura da entrevista e escribir este libro plenamente autobiográfico. O seu interlocutor é unha especie de heterónimo que sabe demasiadas cousas sobre a vida de Kertész e que pregunta de xeito incisivo, nada compracente, levando ás veces a contraria ao seu entrevistado. Kertész explaiase sobre aspectos que abordou doutro xeito nos seus libros máis coñecidos, en especial en "Sen destino", "Fracaso" e "Diario da galera". En toda a súa obra hai unha proxección do autobiográfico, convertido en ficción novelesca pero que ten unha inmediata conexión con feitos dunha vida marcada pola experiencia de Auschwitz e polo peso dos totalitarismos, temas que abordou na súa interesante colección de ensaios "Un instante de silencio no paredón". Neste longo diálogo, Kertész fala dos temas que máis lle preocupan: a relación entre realidade e ficción, as cicatrices do Holocausto, a súa singular experiencia xudía, a súa tímida e etérea relixiosidade, a presenza do mal, a obsesión das ditaduras por aniquilar aos individuos... Estes temas de fondo son abordados ben de xeito directo ou a través das referencias á súa biografía. Kertész relata moitos episodios familiares, como a separación dos seus pais e os feitos que rodean o argumento da súa novela máis celebrada, "Sen destino", que relata en clave novelesca a súa deportación, con catorce anos, aos campos de exterminio de Auschwitz e Büchenwald. Tamén fala do seu ingreso no partido comunista húngaro e a súa posterior decepción, da triste e gris vida nun réxime totalitario, das súas inquietudes literarias, dalgunhas das lecturas que máis lle marcaron (Thomas Mann, Albert Camus, Thomas Bernhard, Platón, Schopenhauer...), o seu fracasado matrimonio, o tardío éxito literario... O libro serve de excelente complemento á súa carreira literaria, pois axuda a profundar nese obsesivo, pesimista e agónico eu, que é a materia narrativa de todas as súas inquietantes obras.
Edita: Acantilado

domingo, 16 de dezembro de 2007

A Conspiração Judaico-Maçónica, de Alain Goldschlager e Jaques Charles Lemaire


A Conspiração Judaico-Maçónica
Autor: Alain Goldschläger e Jaques Charles Lemaire
Nº páxs: 148Formato: 150 x 230 mm /// Xénero: Ensaio
Idioma: portugués
PVP: 17,85 € (17 € + IVA)

Cal é o poder efectivo da masonaria na orde mundial? Desfacer todas as dúbidas en torno do mito de unha grande conspiración xudaico-masónica é o obxectivo da máis recente –e polémica– obra de Alain Goldschläger e Jaques Charles Lemaire. Os autores poñen en causa a “inxenuidade” dunha teoria que xustificou, no pasado, os intentos criminosos e sangrentos de fundamentalistas Católicos, Islámicos e de Extrema-Dereita. «As conspirações existem; a conspiração, não». Se é incuestionábel que en todas as épocas do pasado foran urdidas manobras para mudar unha situación política, como foran os casos de, por exemplo, o asasinato de Júlio César ou o fin «forzado» de Napoleon, os investigadores Goldschläger e Lemaire defenden que non é posíbel, nin historicamente plausíbel, falarse dunha grande conspiración mundial xudaico-masónica. Nunha obra que pretende deitar por terra unha teoria que xustificou acontecementos como o Holocausto, e demonstrar a absurda lóxico a histórica da alianza atribuída aos xudeus e aos franmasons, os autores parten dunha análise histórica e sociolóxica para atribuir ao poder do mito unha “lóxica de exploración”, implementada através da manipulación histórica e argumentativa por parte de determinados axentes. Segundo os autores, o mito – que tivo orixe no final do séc. XIX – subsiste na actualidade através dos “insuspeitos” medios da literatura e do cinema: James Bond xa non defende a honra ou vida da raiña de Inglaterra, para se opor ás pretensións de dominio mundial do Spectre. Por outro lado, Luke Skywalker salva as galáxias das garras do «Imperio do mal». Para Goldschläger e Lemaire, estas ficcións arríscanse a criar, inadvertidamente, un terreno fértil para os espíritos fracos, mais inclinados a aceitar unha explicación simplista e totalizante do real. «A Conspiraçao Judaico-Maçónica» é unha obra explicativa, que pretende lanzar unha alerta para os perigos do desvio de pensamento e da manipulación histórica e desfacer un mito que xá permitiu demasiados excesos, no nome de unha loita mobilizada polo extremismo.

quinta-feira, 13 de dezembro de 2007

O neno do pixama a raias. De John Boyne


O neno do pixama a raias
De John Boyne
Editirial Faktoria K (Editado en galego)

...Cremos que é importante empezar esta novela sen saber de que trata. Nembargantes, se decides embarcarte na aventura, debes saber que acompañarás a Bruno, un neno de nove anos, cando se muda coa súa familia a unha casa onda unha cerca. Hai milleiros de aramados coma ese en moitos sitios do mundo; só desexamos que nunca te atopes con ningún, e se o fas, que teñas forza para librarte del... Esta novela do escritor irlandés John Boyne vén de converterse nun fenómeno editorial de alto nivel: traduciuse a máis dunha vintena de idiomas, xa leva vendidos 100.000 exemplares en castelán, foi líder de ventas en Irlanda durante 35 semanas e tense feito unha adaptación cinematográfica. Unha fábula literaria para todos os públicos, que bebe de fontes como Charles Dickens, John Irving, Philip Roth, Anne Tyler ou Alexandre Dumas...Existen no mercado editorial moitas propostas sobre esta temática, pero poucas en galego e do calado de "O neno do pixama a raias". A esta súmanse títulos como "A historia de Erika", de Ruth Vander Zee e Roberto Innocenti (dispoñible en galego), "Sálvate Elías!", de Elisabeth Brami e Bernard Jeunet (dispoñible en galego), e "Diario de Ana Frank" editados todos eles pola editorial KALANDRAKA.

Sálvate Elías! de Elisabeth Brami e Bernard Jeunet


Sálvate Elías!
De Elisabeth Brami e Bernard Jeunet
Editorial Kalandraka
Fómonos sen botar a chave. Mamá choraba. Era unha mañá de xuño, pouco antes do final de curso. Eu estaba xogando ás damas con trociños de pan sobre o hule a cadros da cociña. O señor Perrier, o veciño, que era policía, chamou á porta.
"Sálvate Elías!" é un libro tanto para nenos como lectores adultos. Un libro para toda a vida, que sempre permanecerá na memoria. Un libro que os máis pequenos comprenderán aos poucos, a medida que saiban que son as guerras, os efectos que producen nas súas vítimas e a pegada que deixan na nosa historia. O protagonista deste relato ambientado en Francia é un neno xudeu de sete anos ao que os seus pais deixan ao coidado duns granxeiros para protexerlle da persecución que sofren os xudeus durante a II Guerra Mundial. Con outra identidade e unha familia postiza, Elías afronta a nenez, unha etapa da vida na que os sentimentos teñen unha forza incalculable: forza, valentía, pero tamén medo e desconfianza a que descubran a súa verdade. Elías non quere perder a esperanza de que os seus pais volvan algún día a por el. Mentres, a realidade ofrécelle a súa cara menos amable: ridiculizano no colexio, os maiores rexéitano pola súa orixe xudea e só é amable con el unha nena, que lle fai espertar emocións especiais. Elías atópase indefenso ante un mundo sen piedade, capaz de aniquilarse a si mesmo e á súa principal fonte de futuro: a infancia. O libro está dedicado a nenos que, como Elías, sobreviviron á masacre que padeceu o pobo xudeu; pero sobre todo, a aqueles que non tiveron esa sorte. Élisabeth Brami crea un relato rebosante de sensibilidade que atopa o seu complemento ideal na orixinal e laboriosa proposta artística de Jeunet, baseada nas técnicas do collage e a escultura en papel e cartón, caracterizada pola meticulosidade dos detalles e os tons sombríos, que acentúan a sensación de angustia que transmite a historia.
Edita KALANDRAKA

terça-feira, 11 de dezembro de 2007

El paraíso de Hanah. De Ligia Ravé

El Paraíso de Hanah
De Ligia Ravé

Unha facenda apartada no Val de Yizrael, un lugar de mística beleza, un extraordinario refuxio da memoria histórica dunha familia. Durante oito séculos os membros da familia Ravayah viaxaron desde os máis remotos recunchos do mundo para intercambiar bens e noticias naquel sacro lugar chamado o Paraíso de Hanah. Todo primoxénito dos Ravayah soña con visitalo, atoparse alí coa familia e escribir a historia dos seus antepasados. Cando Salomeia Ravea, unha universitaria de primeiro ano en Bucarest, é detida polo réxime comunista pola súa relación con cidadáns estranxeiros, desposuída da súa nacionalidade e expulsada do país, reúnese co seu avó Rafael, patriarca do Paraíso de Hanah. Alí Salomeia asume a obrigación e o privilexio de rexistrar a historia da súa familia e de manter as inscricións dos demais. Grazas a este labor, coñece a historia do seu antepasado Simeón, un mozo sensible tan atormentado por ter que vivir como un cristián durante a Inquisición que declamaba pasaxes inverosímiles da Biblia aos catro ventos. Descobre tamén a historia do seu avó, un idealista inadaptado á sociedade de Viena, e finalmente a dos seus pais, damnificados de guerra que sobreviviron ao Holocausto co espírito baleiro e a memoria pechada. As ceas dos shabbat convértense para Salomeia en auténticas asembleas das Nacións Unidas formadas por membros da familia, onde se conversa sen cesar e cocíñanse receitas tan variadas como os invitados. Feliz por vivir entre tal abundancia, ninguén sente máis sorprendida que ela cando o seu avó lanza unha chamada mesiánica en nome da paz: abandonar a terra de Sión. O Paraíso de Hanah é un relato lírico sobre a Diáspora que nos ilumina o curso da historia ate o actual conflito árabe-israelí, unha exploración provocativa achega do prezo que pagamos pola supervivencia e a liberdade.

domingo, 9 de dezembro de 2007

El Kibutz de Leonardo Rosenberg



El Kibutz. Historia, realidad y cambio
Leonardo Rosenberg
Un dos poucos libros editados en español sobre o kibutz. A palabra kibutz, que en hebreo significa «grupo», designa con este nome a un tipo de pobo/aldea colectiva rural, que se veu desenvolvendo en Israel desde o comezo do século xx. O sistema colectivo de organización do kibutz, é o resultado da aplicación práctica e combinada dun afán sionista por impulsar o renacemento dunha nova sociedade xudía en chan histórico, e o desexo simultáneo de construír un marco social sustentado nos principios socialistas de igualdade e axuda mutua. O colectivismo no kibutz alcanza a súa máis alta definición nas esferas determinantes da propiedade, a produción, o consumo e a educación. O kibutz anulou a propiedade privada dos medios de produción. Alí todos traballan para todos sen recibir un salario, en tanto que a institución vela polas necesidades dos seus membros desde que nacen ate que morren. O contido social da xustiza no kibutz réxese pola fórmula que dita: «De cada cal segundo a súa capacidade, a cada cal segundo as súas necesidades.» Este libro é en esencia un estudo interdisciplinario e de campo sobre a vida nun kibutz, dentro do cal púxose especial énfase na situación da persoa na súa vida cotián, pero axustando á vez o eixo da actuación humana ao concepto xeral da estrutura; é dicir: por unha banda, o que é e como é o kibutz, e polo outro, que pensa e que sente a xente que alí vive. Para iso, o autor recorre ao emprego dilatado de diversas ferramentas de investigación tales como: a observación participativa e non participante, a nota de campo, a entrevista formal e informal, e o cuestionario como medida sociométrica de fiabilidade e validación. Lsonardo Rosenberg (México D. F., 1957) é licenciado en Xornalismo e Comunicación Colectiva pola Universidade Nacional Autónoma de México -na que foi profesor titular de varias disciplinas de Sociología- e doutor «cum lauden en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona. Publicista e colaborador asiduo dos medios de comunicación mexicanos, está en posesión de varios premios académicos e literarios. Autor de «El Grado Cero da Linguaxe. O Mito: un conflito entre o dado e o posible-inalcanzable», «Sentenzas e Desidenciasw, «Nalgún lugar de ti...» e outros ensaios. É membro da «International Communal Studies Association» con sede en Yad Tabenkin, Ramat-Efal, Israel.
Se tes interese no libro o xeito máis doado de conseguilo e: Librería Hebraica