“Judíos,
Conversos e Inquisición en Tui" (2013) de Xesús Vila
O
rico legado xudeo conservado na cidade de Tui impulsa este traballo
para tratar de comprender non só a presenza xudea na cidade medieval
senón e tamén todo o proceso posterior á expulsión en 1492 que
levou a conversión forzosa da minoría xudea penínsular e a
consecuente conflictividade social que posibilitou unha actuación
profunda e despiadada por parte do Santo Oficio.
A
comunidade xudea de Tui caracterizouse por contar con todos os
elementos propios para unha boa dinámica da comunidade: Cemeterio,
Sinagoga, Carniceiría. Xunto a isto os membros da comunidade tudense
ocuparon diferentes partes da cidade miñota nun reflexo da súa
integración na cidade episcopal.
A
expulsión dos xudeos ou a súa obrigada conversión refletiríase na
documentación capitular tudense. Os conversos que quedaron xunto cos
que viñeron a través de Portugal favoreceron agrupamentos e
relacións entre as familias conversas. As delacións ao Santo Oficio
provocadas por envexas e desconfianzas cara a un colectivo con gran
capacidade económica e política, traerá consigo numerosos procesos
inquisitoriais ao longo dos séculos XVI e XVII, cuxa testemuña máis
notable serán os Sambenitos da Catedral de Tui, únicos conservados
en España.
O
patrimonio histórico tudense tamén se nutre de elementos singulares
ademais dos tradicionais. Entre eles están o relacionado coa
comunidade xudea e conversa que aportaron un conxunto de obras e
elementos arquitectónicos (casas pertencentes á comunidade medieval
ou a Torre do Xudeo da muralla da cidade), a menorá do claustro
catedralicio, a pratería da catedral obra de prateiros xudeos e
conversos, ou os sambenitos como testemuña dunha época de
intolerancia e de obsesión pola unidade relixiosa.
O autor
Xesús Víla, é licenciado
en Xeografla e Historia pola UNED posgrado en Historia, Teoría e
Método das Humanidades e as Ciencias Sociais (USC). Master en
Lecturas sobre a Cidade Histórica Arte. Patrimonio Cultural e a súa
Xestión (USC) Ten publicado diferentes libros de arte, historia e
antropoloxía sobre a cidade de Tui e a súa bisbarra entre outros
“O Tui esquecido” (1999) “Pazos e Casas de Tui e Valença”
(2000) “Tui e Valença nos séculos XI a XV” (2001) “Antiguas
fiestas” (2003) “Xudeus e Conversos en Tui” (2004) “Corpo
Santo/San Telmo” (2009) Obtivo o segundo premio da Historia
Medieval de Galicia e Portugal 2006 polo seu traballo “A Cidade de
Tui durante a baixa Idade Media” e o Primeiro Premio de Historia
Medieval de Galicia e Portugal no 2009 polo seu traballo “A Casa de
Soutomaior 1147-1532”. Nestes momentos está a realizar a tese
doutoral sobre “Dinámicas urbanas en la frontera del Miño durante
el siglo XIX. Sociedad y arquitectura en Tui y Valença”


máscara
antigás pero que foi asasinado por un militar nazi cando o descubriu. O
angustioso relato desacouga aos rapaces que se converten en
depositarios da memoria dun episodio da historia recente que debe ser
recordado sempre porque, como se di na novela, “A memoria, dixen, é o
único xeito de vence-la morte”.