sexta-feira, 12 de outubro de 2007

Yo no


De JOACHIM FEST
Subtítulo: El rechazo del nazismo como actitud moral
Colección: TAURUS MEMORIAS Y BIOGRAFÍAS
Fecha de publicación: mayo de 2007

Ninguén se ten esforzado tanto como Joachim Fest por comprender os rasgos e mecanismos do nazismo. O seu ponderado análise do Tercer Reich, as súas biografías de Adolf Hitler e de Albert Speer, así como a maxistral descripción dos últimos días vividos no búnker de Hitler que fai no "El hundimiento", contan con millons de lectores en todo o mundo. Pero ¿cómo viviu él mesmo, nacido en 1926, o nazismo, a guerra e a derrota de Alemaña? Para Joachim Fest —que faleceu pouco despois de terminar este libro—, a profunda traxedia alemana foi a incapacidade das élites culturais de facer fronte ao fascismo. Atípico e conmovedor, este libro recolle a resistencia ao réxime nazi dunha familia católica alemana desde a profunda convición moral do seu pai, que asumiu a perda de privilexios e a precariedade por resistirse ás presions de unirse ao partido nazi e as estruturas do réxime. Nestas memorias dos seus anos de infancia e xuventude, Joachim Fest ofrecenos por primeira vez unha visión íntima das súas vivencias máis directas durante esos anos escuros. A temprana prohibición de exercer o ensino que sufriu o seu pai, a súa propia expulsión do colexio, a súa iniciación no mundo da ópera berlinesa, as súas lecturas durante o servizo militar, o seu intento de fuga dun campo de prisioneiros americano, son alguns dos episodios protagonizados e narrados en primeira persoa por un observador nato. Pero sobre todo Fest revela cómo, a pesar das dificultades, era posible enfrentarse ao agobiante acoso ideolóxico do réxime desde a humildade, a firmeza de principios, a cohesión familiar e a dignidade.
Prepublicación en El País
El enemigo de Günter Grass (El Correo)