terça-feira, 23 de setembro de 2008

EL DESVÁN DE LA CASA DE LOS SHEPHER. De Tamar Yellin


El desván de la casa de los Shepher
Tamar Yellin
ISBN 13: 978-84-92429-28-8
Gañadora do SAMI ROHR PRIZE 2007 como mellor novela. Novela premiada co RIBALOW PRIZE 2006 Obra seleccionada para o WINGATE PRIZE 2006 Autora galardoada cos premios PUSEY AND ELLERTON PRIZE da Universidade de Oxfor
Tamar Yellin naceu en Inglaterra. Estudou hebreo e árabe en Oxford. Os seus relatos apareceron nunha ampla variedade de diarios e antoloxías. O faiado da casa dos Shepher é a súa primeira novela publicada.
Sinopse:
Despois de moitos anos de ausencia, Shulamit, unha profesora de estudos bíblicos en Inglaterra, regresa ao fogar dos seus antepasados: Xerusalén. Alí redescubrirá a súa historia e a dos seus. Da man de antigas cartas, diarios e documentos toparase consigo mesma, ao descubrir de onde e de quen provén. Da esperanza do seu bisavó, que viaxou até Babilonia perseguindo as sombras da mítica historia das Dez Tribos Perdidas. Do desdén do seu avó, que fuxiu da guerra. Do desengano e da resignación dos seus pais e as súas historias de amor non correspondido. Dunha familia tan diferente e extraordinaria coma todas as demais, absorbida polo paso dos anos e o silencio da irrelevancia: a condena ao anonimato do tempo que se vai. Ao pouco de chegar, Shulamit descobre que os Shepher, os seus, viven entre disputas, pendentes dun estraño e misterioso códice que, ao parecer, en realidade ninguén coñece moi ben, pero que concentra a atención de estudiosos, de expertos, de relixiosos, e de familiares próximos e distantes, aínda que a maioría descoñece os motivos de tanto interese e expectación. O faiado da casa dos Shepher é unha novela extraordinaria, reflexiva, de mirada sosegada e aceda. A autora percorre nas súas páxinas a vida dunha familia das que hai moitas, das que case nada queda, na que podemos reconocedr os nosos propios pasos e os dos que nos precederon polo camiño.
"Entre no faiado da casa dos Shepher e goce dunha fascinante visita a un mundo de corte académico, á vez que dunha pracenteira lectura." Noah Gordon