sábado, 14 de fevereiro de 2009

Diario de Helene Berr


Diario
Helene Berr
ISBN 978-84-339-7502-7
Prezo 18
Nº de páxinas 312
Colección
Panorama de narrativas

Entre abril de 1942 e marzo de 1944, Hélène Berr, estudante na Sorbona, escribiu un diario, un documento intensamente emotivo, íntimo, conmovedor e atroz, ademais dun texto dunha madurez literaria asombrosa. Ao principio, a súa amizade con outros estudantes e profesores, a música e a vida familiar conforman a imaxe dunha muller feliz e realizada. Ten vinte e un anos, e a súa beleza é equiparable ao seu talento. Pero estamos no París da ocupación nazi e a súa familia é xudía. Aínda que o seu pai está completamente asimilado, empeza a asaltarlle a preocupación. E xusto entón ordénase aos xudeus que leven a estrela amarela. A pesar da dificultade, Hélène segue coa súa rutina, e coida dos nenos de familias xudías deportadas. Finalmente, en marzo de 1944, Hélène e a súa familia son arrestados, e enviados a Auschwitz. Como se descobre máis tarde, viaxa na «marcha da morte» e morre en 1945, só uns días antes de que liberen o campo. As últimas palabras do diario son un eco horroroso e conmovedor: «Horror! Horror! Horror!» Un libro de tan extraordinario impacto internacional que se lle comparou co Diario de Ana Frank, e que conta cun prologuista de excepción e bo coñecedor do tema: Patrick Modiano.
«Unha sensibilidade e unha calidade literaria excepcionais, e un poderoso documento histórico» (S. Veil, L´Express).
"Un deses libros que persiguen o lector ata o seu último suspiro. A ardente empatía de Helene Berr é digna da filósofa Simone Weil, e aparece como precursora dos traballos de Hannha Arendt na súa análise do engranaxe do exterminio, as responsabilidades colectivas e as responsabilidades individuais" (Antoine Perraud, La Croix)
"Un deses testemuños que sobrevivieron milagrosamente ao seu autor. Dedicado o seu prometido e conservado actualmente no Memorial do Holocausto, trátase dun documento excepcional sobre o día a día dunha estudante xudía no París da Ocupación nazi" (Le Monde)
Vía Maribel Ferreiro. Máis información do libro en granvia@espaciodolector.com