domingo, 10 de outubro de 2010

Séneca en Auschwitz. De Raúl Fernández Vítores


Séneca en Auschwitz. La escritura culpable

de Raúl Fernández

Edita: http://paginasdeespuma.blogspot.com/2010/08/video-de-seneca-en-auschwitz-de-raul.html

Unha historia detallada do campo de exterminio e unha reflexión profunda sobre esa condena chamada Auschwitz.

Sinopse
Auschwitz é o lugar onde a Filosofía tropeza. En Auschwitz perde os seus cimentos a Modernidade, porque o discurso moderno non pode referir o mundo de Auschwitz. Por iso Auschwitz é un acontecemento. Mais é preciso dicir a verdade do ocorrido se non queremos quedar suspendidos indefinidamente en metade da nada, expresándonos como pantasmas nun discurso sen fundamento. Temos que baixar aos infernos; non podemos seguir invocando os valores ilustrados dando as costas ao acontecemento que os pon en evidencia. Debemos coñecer os feitos que demolen a nosa escritura: volver ao lugar do crime, á orixe do trauma, volver a Auschwitz. Non para condenalo por enésima vez, senón para comprendelo. Non basta coa condena.

Raúl Fernández (Madrid, 1962) é profesor de Filosofía e ten publicados libros de ensaio, narrativa e poesía. Cabe destacar aquí Teoría del residuo (1997), Solo control (Páginas de Espuma, 2002) e Los espacios bárbaros (Páginas de Espuma, 2007). O seu último libro publicado é unha colección de jaikus titulada Res Nata (2008).