sexta-feira, 23 de março de 2007

CANCIONCILLAS DEL JARDÍN DEL EDÉN.


Cancioncillas del jardín del Edén
Un libro, un CD (28 canciones infantiles judías)

Por vez primeira reunidos nun libro e un CD 28 cancións infantís, cantigas de berce e cancións tradicionais de todas as comunidades xudías (asquenazíes, sefardíes, iemenís...) Trátase dun repertorio musical que posúe unha inmensa riqueza e que foi recompilado por Nathalie Soussana e ilustrado con gran talento por Beatrice Alemagna. As letras (en hebreo, xudeo-español, yiddish e árabe) aparecen reproducidas na súa lingua e alfabeto de orixe, pero ademais foron transcritas en carácteres latinos e traducidas ao español. O prólogo é de Philippe Grimbet e inclúese un anexo con comentarios que achegan unha interesante información a propósito de cada unha das cancións e que nos explica a orixe, o contexto cultural e a instrumentación de cada tema. O CD, grazas aos arranxos de Jean-Cristophe Hoarau e Paul Mindy, presenta unha gran variedade de estilos musicais (árabe-andaluz, -flamenco, zíngaro, klezmer, iemení...) concedendo gran importancia á autenticidade das voces dos intérpretes. Entre os cantantes figuran Awena Burgess, Raphaële Lannadere, Norig Recher e Jasser Haj Youssef, Khadija El Afrit, Mohamed Nabil Saied e o grupo klezmer Yankele.