terça-feira, 24 de julho de 2007

La Sombra de un Gigante



La Sombra de un Gigante
[USA] Cast A Giant Shadow , 1966
Maxistras película "La sombra de un gigante", que dramatiza con intensidade a loita heroica que Israel sostivo pola súa independencia entre 1947 e 1948. é ao tempo unha boa crónica de guerra e a historia de un romance apaixoado, que ten un reparto de excepción encabezado por Kirk Douglas, Senta Berger, Angie Dickinson, Yul Brynner, John Wayne e Frank Sinatra. A película narra a historia real do coronel retirado do exército David "Mickey" Marcus (interpretado por un xenial Kirk Douglas), identificado coa causa hebrea que, tras unha brillante carreira no exército estadounidense, é requerido polo novo Estado de Israel para construir un exército capaz de superar ao inimigo árabe. Unha decisión complicada que tivo a oposición dos seus antigos mandos militares e da súa propia esposa, pero que vese recompensada co sabor dos logros persoais e as vitorias militares.