
sexta-feira, 22 de agosto de 2008
LA MENTIRA QUE NO QUISO MORIR. Cien años de los Protocolos. de Hadassa Ben-Itto

quinta-feira, 21 de agosto de 2008
EL ÚLTIMO JUDIO de Noah Gordon

"É un grande libro, recoméndocho", iso foi o que me dixo un amigo que non é demasiado afeccionado á lectura e moito menos á novela histórica. Se di que lle gustou haberá que botarlle unha mirada. Sen dúbida a segunda mellor recomendación literaria que esta persoa me fixo.
Autor Noah Gordon naceu en Worcester, Massachusetts. O recoñecemento internacional chegoulle co médico, novela que iniciaba a saga do Cole, historia que completaría nos seus libros posteriores, Chamán e A doutora Cole. Gordon é ademais autor do rabino, O comité da morte e O diamante de Xerusalén, e O último xudeu. A obra de Noah Gordon foi laureada en Estados Unidos pola Society of American Historians co premio James Fenimore Cooper; en Alemaña, recibiu o galardón do Club do Libro de Bertelsmann e, en Italia, foi finalista do certame literario Bancarella. En España os seus libros recibiron en dúas ocasións o Euskadi de Prata, premio outorgado polos libreiros do País Vasco. Na actualidade, vive coa súa esposa Lorraine en Brookline, Massachusetts.
Sinopse
A trama desta novela toma como punto de partida a expulsión dos xudeus na España do século XV e como protagonista ao novo Yonah Toledano. Cando Yonah é separado dos únicos membros da súa familia que quedan con vida, vese forzado a abandonar o seu fogar natal en procura dun novo lugar no que poder establecerse sen ter que renunciar ás súas crenzas. Así, inicia un longo período durante o cal deberá recorrer ao seu enxeño para poder salvagardar o seu segredo. Os cambios continuos de identidade e oficio irán forxando a súa personalidade, e as dificultades non farán senón reafirmar as súas orixes. Desde os seus días de pobreza e soidade até os seus últimos anos como reputado médico, seguimos a vida dun personaxe extraordinario e dun non menos interesante período histórico, no que as traizóns e intrigas estaban á orde do día.
Edición Editorial Edicións B
464 páxinas.
Encadernación en Cartoné cun tamaño de letra grande.
Ideal para conservar na nosa biblioteca. Editorial Edicións B 592 páxinas. Encadernación rústica de peto, cun tamaño de letra aceptable. Editorial Suma de Letras 592 páxinas. Edición rústica de peto cun tamaño de letra cómodo.
Conclusión
Unha das mellores novelas históricas que tiven a oportunidade de ler. Non a cualifico a mellor porque seguramente cheas de obras deste xénero sonme descoñecidas. Para min equiparable aos Alicerces da terra de Ken Follett. Ao principio o autor preséntanos un neno asustado e só nun mundo cruel. Non hai dúbida algunha que o protagonista é un exemplo claro do afán de supervivencia do ser humano. As viaxes de Yonah Toledano por grande parte da xeografía española permiten empaparse da dureza da época e dan unha visión ao meu parecer moi realista do que ocorría neses anos. Notar como o neno se converte en home, á vez que mantén as súas convicións e recordos das raices que lle inculcou o seu pai, permite ademais deleitarse cunha mostra do mimo que o autor crea ao seu protagonista. Mentres segue o seu camiño o personaxe principal ademais vese obrigado a gañarse a vida en todo tipo de traballos, todos eles presentados de forma detallada. Desde os seus primeiros empregos no campo até os seus dias de médico podemos contemplar como se expuñan as distintas profesións da época. A trama inclúe mortes, traizóns e, como non, uns cantos personaxes aos que o adxectivo malvado encáixalles como anel ao dedo. Aínda así o autor non deixa que o lector chegue a percibilos de forma arquetípica. Non son os malos e punto, senón que teñen motivacións, anhelos e un pasado. A dúbida inherente de por que mataron o pai de Yonah mantense viva durante toda a narración, que vai liberando retrincos dunha historia motivada pola cobiza e a envexa. Por suposto até o final non descubriremos realmente até onde chega toda a verdade. Se tivese que mencionar algún punto que atopase frouxo nesta obra sería quizais o excesivo peso da relixión co que se dota a trama. é certo que a expulsión dos judios, e a renuncia por parte de moitos ás súas crenzas, supón un dos alicerces da historia, pero en ocasións tanto o protagonista como o autor reflexionan demasiado sobre iso e pode chegar a cansar. Sen ningunha dúbida recomendaría esta novela a todo tipo de lectores, xa que atesoura entre as súas liñas unha historia que valía a pena ser contada e, polo tanto, lida.
domingo, 17 de agosto de 2008
Axenda do ano xudeu 5769. "Un milagre chamado cine".

Un milagre chamado cine
Unha axenda de sobremesa coas semanas completas á vista, os calendarios hebreo e gregoriano, e todas as festividades e conmemoracións xudías. A axenda deste ano rinde tributo ao cine xudeu e aos xudeus que fixeron grande o séptimo arte coma produtores, directores, guionistas, actores e actrices. Unha combinación única de creatividade, talento e sensibilidade cuxo rastro seguiremos dende a creación de Hollywood coma meca do cine mundial ate os pequenos estudios de cine ídish en Varsovia, Berlín ou Viena, con reseña das películas que fixeron historia. Dende Al Jholson até os irmáns Marx, dende Theda Bara até Lauren Bacall, dende Jerry Lewis até Kirk Douglas, dende Peter Sellers até Simone Signoret, dende Ernst Lubitsch até Mel Brooks, dende Anouk Aimée até Jan-Pierre Aumont, dende Stanley Kubrik até Richard Lester, dende Roman Polanski até Steven Spielberg...
sábado, 16 de agosto de 2008
A NOITE DOS POETAS ASASINADOS

quinta-feira, 14 de agosto de 2008
EL ESTIGMA IMBORRABLE. Varios Autores

VV.AA
Edita: Federación de Comunidades Judias FCJ
Prezo: 15 Euros
Páxinas: 108
Idioma: español
Reflexións sobre o novo antisemitismo
Jacobo Israel Garzón, Sultana Wahnon, Jon Juaristi, Alejandro Baer, Federico Zukierman, son algúns dos autores que colaboran neste libro colectivo editado pola Federación de Comunidades Xudías de España
"O malo é que na comedia de hoxe seguimos os xudeus interpretando o mesmo papel de sempre. O malo é que continúa funcionando o vello estigma. Pérfidos xudeus, heréticos xudeus, librepensadores xudeus, francmasóns xudeus, capitalistas xudeuos, bolcheviques xudeus, cosmopolitas xudeus, xudeus sionistas,... malvados xudeus."
quinta-feira, 7 de agosto de 2008
EL JUDÍO DE NUEVA YORK. De Ben Katchor

Español
En 1825, Mordecai Noah, politico e dramaturgo de Nova York poseído por unha visión utópica, convocou a todas as tribus perdidas de Israel a unha illa perto de Buffalo coa esperanza de establecer un estado xudeu. O seu errado plan, unha mera nota ao pe na historia xudeu-americana, é o punto de partida da brillante epopeia imaxinada por Ben Katchor que se desenvolve nas rúas de Nova York uns anos máis tarde. Un carniceiro kosher caído en desgraza, un importador de artigos relixiosos e calcetería fiminina, un peregrino que vende pó de Terra Santa, un cabalista dos últimos días e un home que planea carbonatar o lago Erie son algúns dos personaxes que se moven no universo de Ben Katchor. As súas vidas se cruzan nunha loita común por asentarse no Novo Mundo no momento en que estoura nun frenesí financieiro que o mesmo pode conducirlles á bancarrota que a un futuro mellor.
"EL JUDÍO DE NUEVA YORK confirma a reputación de Ben Katchor como o artista máis poético e polifacético que teña debuxado unha tira de cómic". The New York Times
"Historia, fantasía e misticismo xudeu se transforman na atmósfera social deste cómic, contado co irónico sentido do humor, o flemático equilibrio e a verosimilitude poética de Ben Katchor". Publishers Weekly
segunda-feira, 4 de agosto de 2008
Presentación de "El pintor de Cracovia".

Desde Radio Sefarad, presentación do libro "El pintor de Cracovia" de Joseph Bau en Madrid ESCOTAR AQUÍ
domingo, 3 de agosto de 2008
LOS HUNDIDOS. De Daniel Mendelshon

sábado, 2 de agosto de 2008
EL PRIMER ISRAEL de Alessandro Vitale

sexta-feira, 1 de agosto de 2008
LA MASCOTA. De Mark Kurzem

Prezo aprox: 20 Euros
ISBN: 978-84-8365-048-6
Páxinas: 480
Xénero: novela histórica
Data de publicación: maio de 2008