quinta-feira, 18 de junho de 2009

JAMILTI Y OTRAS HISTORIAS DE ISRAEL. De Rutu Modan

JAMILTI Y OTRAS HISTORIAS DE ISRAEL
Rutu Modan
Ediciones SinSentido

Tras o seu magnífico album "Metralla", o seu anterior traballo, proporcionoume, chega ás nosas librarías un traballo anterior pero publicado en España posteriormente. A través das 7 historias curtas recompiladas podemos observar a progresión estilística, duns primeiros relatos que están máis preto do naif e do retro, á súa última historia no tempo, cun estilo gráfico case idéntico ao de Metralla. En canto a temáticas cada unha das historias ten un envoltorio diferente que vai desde a trama policial até o relato fantástico-absurdo. En todo caso, envoltorios que cobren a verdadeira motivación desta magnífica autora, que é a de falar sobre xente común, nas súas relacións do día a día, tendo como fonte a sociedade israelí moderna. Calquera que gustara de "Metralla", non vai ficar decepcionado polo que se vai a atopar aquí. De feito, tan só pola primeira historia (na que un músico, futura estrela do pop, ten que ver como pasan os seus días tocando en festas, esperando que lle chegue o seu momento) e a última (onde contan os preparativos para unha voda, co problema do terrorismo palestino flotando no aire) a compra do libro xa está máis que xustificada.
Informa Maribel Ferreiro