terça-feira, 14 de julho de 2009

EL GUARDIAN DE LA AURORA de Richard Zimler


EL GUARDIAN DE LA AURORA
de Richard Zimler
Editorial DESTINO
Ano 2009
360 pags
Língua: CASTELLANO
Encadernación: Tapa blanda
ISBN: 9788423341689
.
O século XVI está a piques de chegar ao seu fin. Na colonia portuguesa de Goa, a Inquisición logrou establecerse e está a facer progresos no seu labor de converter ao cristianismo tanto aos xudeus secretos como á poboación hindú. A pesar do convulso da situación, a familia Zarco mantén as súas raíces portuguesas e xudías. Tiago e a súa irmá Sofia gozan ilustrando manuscritos xunto ao seu pai e coas festas hindús que celebra a súa querida cociñeira Nupi. Pero ese paraíso acaba ao mesmo tempo que a súa infancia, cando pai e fillo son capturados pola Inquisición. Anos despois, completamente esnaquizado, Tiago volve á India tras cumprir a súa sentenza en Portugal. Devastado por todo o que perdeu, descubrirá quen se esconde tras a traizón e a denuncia á súa familia, unha verdade que preferitía non ter que afrontar. Ademais dunha extraordinaria recreación histórica e un vivísimo testemuño da crueldade baixo a Inquisición na India, "O gardián da aurora" é un cativador relato de misterio, e unha profunda e lúcida exploración sobre a natureza do mal e as súas consecuencias. «Zimler ten ese toque de xenialidade que os críticos non poden explicar pero que os lectores recoñecen, esa maxia que todos os novelistas desexan pero que só algúns posúen.» The Independent

Eis o periplo en fin duns xudeus portugueses pola India, fuxindo da Inquisición. A novela narra o periplo e as desventuras da familia dun xudeu portugués, ilustrador de manuscritos, que emigra á India a finais do século XVI fuxindo do terror da Inquisición portuguesa. Co transfondo do exotismo e a beleza máxica de Oriente, os nenos inícianse á vida, sofren as inxustizas da persecución relixiosa e o asombro ante a complexidade da historia. Unha novela maxistral histórica acerca da época da Inquisición, profundamente evocadora. Un canto á vida a pesar da opresión. Unha alegación contra a intolerancia. Unha historia de paixón, celos, despeito e vinganza narrada cunha prosa de gran sensualidade.