La vida a oscuras
Beatriz Martínez de Murguía
Sefarad Editores
22 Euros
Importante traballo de investigación -e primeiro en España- sobre un dos feitos máis dolorosos da historia da humanidade. A obra é unha crónica minuciosa que traza un percorrido desde o momento da invasión alemá a Polonia até a liquidación do gueto de Varsovia, relatado polas propias voces dos protagonistas e testemuñas a través de diarios, cartas e testemuños. A vida ás escuras é tamén un tributo aos que se foron para sempre. Hoxe quedan en Varsovia cinco mil xudeus dunha comunidade que, segundo o censo de 1931, sumaba entón 325.659 individuos, algo máis do 30% da poboación. A palabra "catástrofe" é, verdadeiramente, a única capaz de describir en toda a súa traxedia a desaparición, en tan só uns meses, da case totalidade dos xudeus polacos e, con ela, a interrupción irreversible e brutal dos seus mil anos de historia. Beatriz Martínez de Murguía é doutora en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid e autora dun estudo memorable, "Descifrando cenizas". Persecución e indiferencia (Paidós, 2001), un libro que é unha conxectura sobre as testemuñas que, cos brazos cruzados ou encolléndose de ombreiros, non fixeron nada por evitar a atrocidade.
Informa Carlos Galansky