sábado, 17 de outubro de 2009

Viena. De Eva Menasse




" Viena "
De Eva Menasse
Editorial Lumen, 2008
439 páxinas
Español
.
Eva Menasse cóntanos a historia dunha familia xudía que viviu en Viena ao longo do século XX sufrindo en carne propia a ditadura nazi e os dramas da guerra e da posguerra. As continxencias históricas son só o pano de fondo dos avatares dos personaxes: uns homes e mulleres dispostos a morrer baixo as bombas con tal de non perderse unha boa partida de bridge. Un clan no que, ao lembrar as penurias da guerra, o avó só é capaz de dicir que todo cheiraba moi mal, pois lle faltaba a súa colonia de espliego. Unha familia, en fin, na que a dignidade persoal está moi por encima de todo.
.
Eva Menasse (Viena, 1970)
Escritora e periodista xudía austriaca nacida o 11 de maio de 1970 en Viena. Estudou Historia e Literatura xermanas. Iniciou a súa carreira coma colaboradora da revista vienesa Profil, pasando logo a traballar coma correspondente en Praga e Berlín do diario de Frankfurt Frankfurter Allgemeine Zeitung, o máis importante en lingua alemá, para o que cubriu o xuizo ao pseudo-historiador revisionista David Irving en Londres. Deixou este xornal para dedicarse a escribir a súa primeira novela, "Vienna". A traducción ao inglés da súa novela Vienna foi finalista do Premio Independente de Ficción Extranxeira de 2007 no Reino Unido.