domingo, 1 de novembro de 2009

Judios e Inquisición en Ribadavia. De Gloria de Antonio

JUDIOS E INQUISICIÓN EN RIBADAVIA
Gloria de Antonio Rubio
Edita: Concello de Ribadavia
Coa colaboración de Casa Sefarad-Israel, Red de Juderias de España e do Instituto de Estudios Gallegos "Padre Sarmiento".
.
Gloria de Antonio Rubio, doutorada Historia Medieval (UNED, 2002) coa tese "Comunidades judias en Galicia (siglos XI — XV)", dirixida polo Doutor Enrique Cantera Montenegro. Posteriormente, no ano 2006, foi publicada pola Fundación Pedro Barrié de la Maza, dentro da colección Galicia Histórica, co título "Los judíos en Galicia (1044-1492)". Esta obra foi galardonada en Israel co Premio Samuel Toledano (Jerusalén, 2008).
.
É autora de numerosos capítulos de libros e artígos publicados en diversas revistas de ámbito nacional e internacional, así como de varias monografías de carácter xeral. Cabe mencionar, entre elas, "Os xudeos de Galicia" (Santiago, 2002). Forma parte desde o ano 2000 dos equipos de investigación do Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" (CSIC-Xunta de Galicia), participando específicamente nos traballos vinculados ao Dicionario Biográfico da Galicia dos Trastámara (1469-1480), proxecto financiado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza.