Morris Gleitzman (Inglaterra, 1953), marchou a Australia en 1969, onde exerceu diversos traballos. Estudou xornalismo e durante dez anos foi un afamado guionista de comedias para a televisión. Ademais de artigos para diversos xornais, escribiu numerosos libros, en especial infantís e xuvenís. O seu maior atractivo é que narra as relacións entre nenos e adultos desde o punto de vista do neno, e con gran sentido do humor.
Una vez
Felix ten dez anos, é xudeu, e vive nun orfanato esperando o día no que os seus pais volvan buscalo. É o único neno que non é orfo, ou iso é o que terá que descubrir, porque os nazis irrompen en Polonia, e perseguen e matan os xudeus. Inconsciente do risco, Felix escápase para buscar aos seus pais. Quizá consiga sobrevivir e atoparlles, quizá lle ocorra algo bo na súa vida, polo menos unha vez. Un relato conmovedor narrado pola voz dun neno. A inocencia de Felix sométese a un duro proceso de coñecemento do mundo, un mundo en guerra que é parte da historia recente de Europa. Dirixido a un amplísimo público. De todas as idades e experiencias lectoras. Podes descargar o libro aquí: 4shared Megaupload
Informa Cesar Pazos