" En 1939 os alemáns invadiron a cidade de Lodz, Polonia. Obrigaron a toda a poboación xudía a vivir nunha pequena parte da cidade á que chamaron ghetto. Rodeárona con aramados e colocaron gardas nazis para que ninguén saíse de alí. No ghetto de Lodz vivían 270.000 persoas. En 1945 a guerra terminou. Os alemáns rendéronse e o ghetto foi liberado. Do máis de cuarto de millón de persoas alí recluídas só 800 conseguiron saír con vida. Entre os sobreviventes unicamente había unha ducia de nenos. Eu era un deses nenos ".
Velaquí a verdadeira historia de Syvia Perlmutter. Cando empezou a segunda guerra mundial tiña catro anos e medio. Cando acabou tiña dez. Durante máis de cincuenta anos, e do mesmo xeito que moitos dos sobreviventes do Holocausto, Syvia non quixo contar a ninguén as súas experiencias. Pero a medida que foise facendo maior, deuse de conta de que chegara xa o momento de contalo todo. E para iso escolleu á súa sobriña, a autora deste libro. A historia que aquí se conta é a que reflicte en primeira persoa unha nena pequena, cos seus medos e incertezas. Desde unha inocencia desgarradora asistimos, sempre co seu punto de vista, ao traslado da familia ao ghetto, á adaptación nas peores circunstancias e ao medo de ser enviados a un campo de concentración no medio da fame, os golpes e o aldraxe; a unha vida cotiá, en fin, cuxa única premisa baseábase na supervivencia.
Prezo: 12,50 euros
Prezo: 12,50 euros
Ediciones Ambar
Idioma: español
Informa Maribel Ferreiro