sexta-feira, 21 de setembro de 2012

Drohobycz, Drohobycz. De Henryk Grynberg


Drohobycz, Drohobycz
Henryk Grynberg
Tradución Francisco Javier Villaverde
Páxinas 336
Formato 13,5 x 21,5 cm.
ISBN-13 978-84-92698-26-4
Publicación Novembro 2011

Desde os últimos días do artista e escritor Bruno Schulz, até o destino dun escravo científico na Unión Soviética ou o de millóns de seres humanos que se desvaneceron sen deixar rastro: en cada unha das 13 historias verdadeiras de Drohobycz, Drohobycz, estala sen piedade a devastación que ocasionou o Holocausto e as feridas que para sempre deixou nas súas vítimas e sobreviventes.

«(Drohobycz, Drohobycz) supón un intento de facer regresar á vida as innumerables existencias xudías perdidas na Shoah. A paixón do autor faille merecer ser lido en moitas linguas e países», Czeslaw Milosz.

«Todo un acontecemento literario», Ryszard Kapuscinsky.

«O rabino dicíanos que os monumentos de pedra son fráxiles, que os monumentos máis sólidos son os nenos. Que contra Hitler o que se necesita son xudeus de carne e óso, non de pedra. Contra que Hitler?, preguntaba a xente estrañada. Pero se Hitler xa non existe? Só en aparencia, contestaba o rabino», H.Grynberg.

«E se vai vostede algún día a Treblinka, rógolle que rece algunha breve oración no meu nome fronte á pedra que representa o gueto de Varsovia. Alí non só perdín aos meus seres máis queridos: todo o mundo xace alí», H.Grynberg