quinta-feira, 20 de setembro de 2012

O rabino de Bacherach. De Heinrich Heine



O rabino de Bacherach
Heinrich Heine
Tradución Paula Sánchez de Muniain
Páxinas 72
Formato 13,5 x 21,5 cm.
ISBN-13 978-84-92698-35-6
Publicación Abril 2012

No rabino de Bacherach escoitamos as mesmas vellas acusacións de sempre contra os xudeus: espertaron a ira de Deus, envelenaron as fontes coa axuda dos leprosos, roubaron hostias consagradas e perforáronas con coitelos até facer que brotase sangue delas, sacrificaron a nenos cristiáns para utilizar o seu sangue nos seus ritos nocturnos de Pascua.

O rabino de Bacherach, un home austero, bondadoso e recto, vese obrigado a fuxir precipitadamente da súa casa xunto coa súa bela esposa Sarah: alguén deixou o cadáver dun neno oculto baixo a mesa familiar e el sabe o que iso significa. Empezan así unha fuga errante que lles levará a vivir extraordinarias aventuras e coñecer pintorescos e excéntricos personaxes.

Breve, intensa, fermosísima, O rabino de Bacherach é unha novela inédita do gran Heinrich Heine, que, do mesmo xeito que a tráxica historia do pobo xudeu, móstrasenos inacabada, coma se a súa escrita non puidese ou non quixese chegar xamais a ser concluída.

"É costume na sinagoga que quen escapase dun gran perigo, adiántese en público tras a lectura dos parágrafos da Lei e agradeza a súa salvación á Providencia divina", Heinrich Heine