A pantasma do antisemitismo percorre Europa con variados matices. Isto é algo que recoñece incluso a UE, como é o caso do Informe 2004 presentado polo comisario Cox. Un antisemitismo que xunto ao lexítimo cuestionamiento político das decisións de Estado israelí, que tamén se expresan en Israel, manifesta cada vez máis abertamente a vella xudeofobia co pretexto desa crítica, que á súa vez realimenta o malsano prexuizo, empobrece a vida social, e contribúe a enlear o intríngulis mesoriental co seu alento ás actividades opostas a unha estratexia encamiñada ao fin do conflito. Boa parte da prensa continental e moi en particular a española, por razóns propias da historia recente do reino, acolle e recrea esta conduta enfermiza e malinteresada, permitindo que se cuestione ate a existencia do Estado de Israel, agora coa habitual escusa antisemita (quen necesita a ese país de xudeus?), agora coa da chamada “causa árabe” que a ninguén prexudica tanto como aos palestinos, ou combinando ambas (“a maldición xudea é culpábel do sufrimento e do atraso dos musulmáns”). Ás veces, sen escusa algunha.
Mais hai disidentes, como non podía ser menos. Nin Europa nin o estado español son un espazo totalitario, como o islámico. Neste libro recóllense textos dalgúns deses autores de criterio independente e crítico, xente de diversa orixe política, colaboradores de medios moi diferentes, xornalistas e catedráticos, escritores e politólogos, coñecidos todos en España (lugar de orixe da iniciativa) que coinciden en soster o dereito de Israel a existir e defenderse, sen negar o dereito dos árabes do país que están condenados a compartir. Se incide nos antecedentes históricos, na descrición do presente, centrándose na xudeofobia ou no conflito en si, a fin de ofrecer un amplo panorama das cuestións que tratan. Dous anos de censura por parte das grandes editoriais españolas adiaron a aparición deste traballo colectivo no que cada autor achegou o seu propio punto de vista, acollido pola voluntariosa Editorial Certeza, de Zaragoza. dirixida por José Vicente Zalaya. É propósito dos colaboradores por en mans do lector un instrumento para o debate racional do conflito de Oriente Medio, sen veos nin prexuizos. O traballo é valioso nun momento da Historia no que o papel dos intelectuais vese reducido e postergado como nunca antes pola comunicación de masas e consígnalas simplificadoras do “pensamento único, feble e reaccionario” sob denominacións varias que van desde a nazi á da coñecida como progresía de salón. Une aos cooperantes deste esforzo a convicción de que só a análise rigorosa da realidade permite situar os problemas na súa xusta perspectiva, e que os cidadáns teñen dereito a escoitar voces e criterios acalados pola ditadura dos media. Unha iniciativa do xornalista Jaime Naifleisch, Pilar Rahola, Horacio Vázquez-Rial, Vicenç Villatoro, Valentí Puig e Gabriel Albiac.
EDITA: certeza@certeza.com