O diario de Ana Frank, desde a súa primeira edición en 1947, foi traducido a preto de 60 linguas e se teñen impreso máis de 20 millóns de exemplares. Tamén contou con distintas versións cinematográficas e tetarais. Por primeira vez, as verbas de Ana Frank -no ano en que se celebra o 75 aniversario do seu nacemento- cobran vida en galego, nunha edición da máxima calidade que está á venda xa nas librerías galegas. Como valor engadido, esta edición contén cinco páxinas inéditas do diario, que viron a luz por primeira vez hai dous anos. A Editorial Kalandraka presenta unha coidadísima e fermosísima edición en tapa dura e ilustrada con 17 fotografías artísticas de André Pinal. O fotógrafo fai unha dupla, e mesmo unha tripla lectura reflexiva, unha ollada emocional, poética e literaria. Afastándose dos elementos histórico-documentais da obra, André Pinal capta momentos, espazos, paisaxes, imaxes que deixan pegada no lector, que suxiren e evocan emocións presentes na autora e protagonista de historia e que acaban sendo, a un tempo, tamén do lector: a angustia, a tristeza, a esperanza, o desexo de ir cara adiante, de superar a adversidade, de enfrontarse ao descoñecido.Todos estos elementos fan de DIARIO DE ANA FRANK unha obra redonda, única, necesaria e imprescindíbel nestes tempos.
DIARIO DE ANA FRANK
"Espero confiarche todo como non puiden facer con ninguén ate agora, que sexas para min un gran apoio"...Así comezou o 12 de Xuño de 1942 o seu diario unha rapaciña de 13 anos chamada Ana Frank. Ana pertencía a unha familia xudea alemana afincada en Ámsterdam. Durante a Segunda Guerra Mundial víronse obrigados a esconderse nun refuxio para evitar seren levados aos campos de concentración nazis. Dende o día do deu décimo terceiro aniversario, no que recibe de agasallo un diario, a cativa vai relatando as vivencias súas e da súa familia, e as persoas que compartiron con eles o encerro. Ana confía ao diario os seus medos, inquedanzas, o espertar á súa propia madurez, chegada de volta polo cambio repentino ao que a súa vida foi exposto, o cambio operado na xente que a rodeaba e os terribles acontecementos, o xenocidio e a barbarie que no exterior, fóra do "Cuarto de atrás", vivía o pobo xudeo. Ana analiza e relata cunha ollada, primeiro inocente e co paso do tempo máis adulta e crítica, a vida en tres niveis: os procesos de cambio dentro do si mesma, o descubrimento do seu propio corpo, dos seus sentimentos; a relación coas persoas que compartiron con ela a obrigada reclusión (os seus pais, a súa irmá, o matrimonio Van Daan e o seu fillo Peter); e a realidade política e social do seu arredor. O diario se ve interrumpido no ano 1944, cando a familia Frank e a Van Daar foron descubertos pola Gestapo e levados ao infelizmente famoso campo de concentración de Auschwitz. Ana faleceu en Berger-Belsen un ano despois de ser detida. O que en principio puido ser o diario dunha adolescente anónima, tense convertido en todo un símbolo, unha historia que pasou a formar parte da memoria histórica colectiva, un testemuño de milleiros de voces caladas durante o Holocausto.
Hoxe máis que nunca un libro de obrigada lectura co pracer engadido de telo tamén traducido e editado na vella lingua de Rosalia.

EDITA: Edicións Kalandraka