sexta-feira, 6 de novembro de 2009

Novo libro de Débora Chomski


La cocina sagrada
Recetas de las tradiciones cristiana, islámica, budista, hindú y judía
Colección: Cocina
Encadernación: Tapa dura
ISBN: 97884-84284864
Páxinas: 312
.
Na cociña sagrada, Débora Chomski entra no mundo que relaciona as relixións e a comida, retratando por capítulos cada unha das cinco relixións principais: o cristianismo, o hinduismo, o islamismo, o budismo e o xudaísmo. Cada capítulo consta dun apartado teórico que explica as principais características dietético-relixiosas de cada crencia, curiosidades, qué alimentos están prohibidos e por qué, etc. De seguido, a autora ofrecenos un receitario de 20 receitas por relixión, acompañadas dun apartado cun calendario gastronómico relixioso moi útil para a sociedade actual, na que conviven moitas e diferentes relixións e onde a mestura de culturas é un feito que debuxa un interesante mosaico humano, social e cultural.
Máis información: http://www.albaeditorial.es/